BIBLIOTECA DO I.E.S. CASTRO ALOBRE


PREMIOS "NONNOBEL"
Outra vez traballando para o proxecto lector e de novo no ámbito da ciencia, Mila Torrado preparou co alumnado de 4º uns paneis interesantísimos sobre produtos tóxicos, traballos alleos roubados, exclusión de mulleres descubridoras... A trastenda duns premios que non sempre foron e son acertados.

Transcribo a información que preparou Mila. Moitísimas grazas a ela e a todo o alumnado que participou.

1948, O Premio Nobel de Müller foi dado "polo descubrimento da alta eficiencia do DDT como un veleno de contacto contra moitos artrópodos. " Foi a primeira vez que o Premio en Medicina foi entregado a alguén que non era médico.
No supervendas Primavera Silenciosa, de 1962, Rachel Carson expoñía todos os perigos ecolóxicos derivados da utilización do DDT, chegando a alegar mesmo que acabarían desaparecendo todos os paxaros do mundo se se seguía usando ese insecticida. A raíz diso, a Axencia de Protección Ambiental dos Estados Unidos (EPA) prohibiría o DDT en 1972.
O DDT foi excluído da lista de substancias activas autorizadas para o uso en produtos de protección de plantas en 1969.
Actualmente está prohibida a produción, uso e comercialización de todos os produtos de protección de plantas que conteñan DDT.

1952, Selman Abraham Waksman polo seu descubrimento da estreptomicina, o primeiro antibiótico efectivo contra a tuberculose. O primeiro antibiótico que descubriu Waksman foi a antimiocina, que nunca puido chegar a usarse debido á súa alta toxicidade. Tres anos despois atribuíuse o descubrimento da estreptomicina, que fora realizado polo seu discípulo Albert Schatz. Sistematicamente negou a xenialidade do seu alumno de postgrao e aproveitouse de usufrutuar economicamente polas patentes do descubrimento. Foi demandado por Schatz e negociou un acordo fóra da corte. A universidade de Rutgers finalmente recoñeceu publicamente a orixe do descubrimento da Estreptomicina ao brillante Albert Schatz, pero a Academia Sueca nunca recoñeceu o seu erro.

Premio Nobel de Medicina en 1962: ?polos seus descubrimentos acerca da estrutura molecular dos ácidos nucleicos e a súa importancia para a transferencia de información na materia viva?: Francis Crick, James D. Watson e Maurice Wilkins ou "polos seus descubrimentos concernentes á estrutura molecular dos ácidos nucleicos e a súa importancia para a transferencia de información na materia viva".
A fotografía obtida por difracción de raios X que permitiu aclarar a estrutura do ADN (cousa que fixeron Watsson e Crick) foi obtida por Rosalin Franklin, que traballaba no mesmo laboratorio que Wilkins.


1974, Premio Nobel de Física Antony Hewish e Martin Ryle polas súas investigacións pioneiras na astrofísica de radio: Ryle polas súas observacións e invencións, en particular pola técnica de síntese de apertura, e Hewish polo seu papel decisivo no descubrimento dos púlsares».
O traballo que anunciaba este descubrimento (púlsares) contiña cinco nomes, Hewish primeiro e Jocelyn Bell segundo. O Premio Nobel de Física foi concedido a Ryle e Hewish polo seu traballo no desenvolvemento da síntese de apertura de radio e o seu papel no descubrimento do primeiro púlsar sen a inclusión de Bell (a primeira que descubreu a radiosinal dun púlsar, sendo ou seu titor de tese Hewish) o que foi moi controvertido.



Publicado por Paloma García


Comentarios (1) - Categoría: ACTIVIDADES - Publicado o 20-05-2014 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Interesantísima a información. Grazas a#blgtk08# Mila e ao seu alumnado polo traballo.
Comentario por carme moure (21-05-2014 11:14)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0