|
|
|
Mª VICTORIA ATENCIA, POR PALOMA GARCÍA |
|
 Para Ch., co desexo de que nunca perda a fe nas palabras.
Seguindo a estela que o mércores pasado abriu a compañeira (nunca demasiado louvada) Mariola, onde recuperaba o seu recordo adolescente sobre As amizades perigosas, e recén otorgado o Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana a María Victoria Atencia, voume dar unha volta polos seus libros coa cerimonia e boato que merece.
O coñecemento e lectura da obra de Atencia remóntase a uns anos nos que eu deambulaba sen moito sentido pola Coruña. Camiño do conservatorio estaba Lume, unha librería na que pasaba máis tempo que nas aulas e onde estiven horas mirando e atopando libros que se ofrecían como tesouros. E onde Lola, a propietaria, libreira de vocación e traballadora por obriga, acabou sendo amiga indispensábel. Eran outros tempos onde nas librerías sabíase de libros e no cine non se comían hamburguesas. Alí atopei a Goytisolo, Hierro, Claudio Rodríguez, os Panero, Dickinson, Auden, Whitman, Yeats, Pessoa... Todo debidamente profundo e triste como non podía ser doutro xeito. Tamén atopei a Atencia.
(Era tanta a miña pedantería daquel tempo que pensaba que se podía ligar recitando poesía. Así, podo contar varios rotundos fracasos con Rimbaud e unha victoria plena con Catulo, o que demostra que máis vale clásico desvergoñado que francesiño alcohólico).
Daquela eu saía da casa cun libro. Ás veces tería tempo para lelo entre aula e aula, e sempre cumpliría a súa función de salvavidas, de amuleto, de pedra no peto por se me tiraba a un río ou de ferro que convertiría o bolso nunha arma terrible contra o mundo (como faría Margarita Seisdedos anos despois, referente maiúsculo de nai abnegada e cañí).
Sacar a pasear á Atencia requería que o día fose propicio e ter o humor adecuado. Non sempre tiña eu a calma para apreciar cousas como esta:
ANIVERSARIO
...
Celebrar el recuerdo de una fecha dispone
el ánimo de forma extrañamente atenta.
Umbrías y solanas, alamedas y brezos,
cierran a abril sus puertas para que tú retornes.
La humedad en mis hojos y el calor en mi tacto
preparan el más fértil mantillo que soñases.
Porque creo que é calma, reler, o que a súa obra precisa. Tan pausada debe ser a lectura como lento o proceso de asimilación do observado para logo poder escribir así:
ROSA DE JERICÓ (Anastica hierochuntica)
Tantos años, y más, dejada en el armario,
Con luz escasa y sed y savia detenida,
Un vaso de cristal de Suecia interrumpe.
Tersos rasgos se yerguen
Que asaltan con sus brincos de nuevo los gorriones,
Ajenos e esta tregua entre la sed y el agua.
Ou así (poema-libro titulado ?Saudade? e publicado en galego-portugués, por tradución de Ernesto Guerra da Cal):
SAUDADE
A janela abre a um mar gris prata, com seu barco,
e nesta sala há música de Haendel e Corelli.
Revejo a tua tristeza, amiga Rosalia.
Se pudesses ceder-me teu correlato justo
de saudade, eu podia librar-me deste peso
e aos poucos ir subindo as tuas altas ternuras.
Que resseco este ar e a tua terra, que húmida!
Em Padrom dir-me-ás de cada flor o nome.
Conferiremos épocas e releremos cartas,
vasculharei sem fim todas as tuas gavetas.
Deixa que o teu espelho me mostre a minha imagem.
Logo virían "más años malos" como dixo Sánchez Ferlosio, e tiven que prohibirme ese tipo de cousas tristes e profundas. A prohibición abarcaba tamén a película Azul de Kieslowski coa súa música incluída, o Concerto para óboe d´amore de J.S.Bach, O Gran Caderno de Agota Kristof, Sí de Thomas Bernhard? Unha lista tan desordenada e errática como tiñan sido as miñas lecturas.
Pero esa é outra historia.
O caso é que case trinta anos despois, e grazas a este premio de nome tan monárquico e de costumes tan machistas (catro mulleres premiadas ao longo das súas 23 edicións), recuperei á señora Atencia e din un paseo con ela polo meu tempo de lectora apaixoada.
E como cada palabra que dicimos/escribimos/lemos ten unhas propiedades máxicas que nin sequera podemos chegar a imaxinar, atopei este poema que de nova non me chamou a atención, porque claramente estaba escrito para que aparecese na miña vida aos 44 anos cando podo agradecerllo á súa autora. E así remato esta breve cerimonia, coloco outra vez os libros no andel onde viven e continúo deambulando e esperando a aparizón doutras palabras máxicas que, sen dúbida, chegarán.
VOZ TRADUCIDA
Vuelve de nuevo el trance del traslado, y entorno
los ojos: tierna herida a un poema quizás
ya ni siquiera mío. Adolescentemente
me remito no obstante a otra voz, a otra vez,
a otras verdes olmedas del viento meneadas
que los pájaros saben en no importa qué lengua.
|
|
|
|
3 Comentario(s) |
|
1 |
Encantoume a túa recomendación,Paloma. Que importante volver a algunhas obras! Comprobar que, aínda que elas permanezan inmuta#blgtk08#bles,nós mudamos tanto que ás veces as lecturas son completamente diferentes. Grazas por compartir o teu reencontro literario. |
|
|
Comentario por Sira (13-05-2014 22:19) |
|
|
2 |
Grazas a ti, Sira, por este comentario e por todas as túas colaboracións. Este blog#blgtk08#ue podería ser distinto ou mellor pero que non nos digan que non amamos a lectura. |
|
|
Comentario por Paloma (14-05-2014 20:00) |
|
|
3 |
Genial, paloma, me encanta esa apertura tan sin#blgtk08#cera y valiente de trozos de ti, es fantastica. |
|
|
Comentario por santiago (25-05-2014 22:44) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|