BIBLIOTECA DO I.E.S. CASTRO ALOBRE


I CONCURSO DE CURTAMETRAXES
Co obxecto de ampliar e afondar en todas as posibles linguaxes narrativas,
o Equipo da Biblioteca do IES Castro Alobre CONVOCA:


I CONCURSO DE CURTAMETRAXES

Bases:

1.- As curtametraxes filmaranse nos formatos habituais de vídeo. O vídeo gañador será exhibido en YouTube, na web do Centro, no blog da Biblioteca ou en calquera outra páxina web apropiada.

2.- A temática, escenarios, diálogos, ambientación, etc., serán absolutamente libres. Valorarase a calidade da historia (coherencia narrativa, forza interpretativa das personaxes, creatividade, etc.). A lingua escollida será calquera das que traballamos no centro: galego, castelán, inglés, alemán ou francés. (Podedes usar varias!)

3.- Nas curtametraxes intervirán un mínimo de tres e un máximo de cinco alumnas e/ou alumnos do Centro.

4.- O vídeo deberá incluír, a xeito de títulos de crédito, o título, o nome do director ou directora, os nomes das e dos participantes e o nome do noso Centro.

5.- Tempo máximo de duración da curta: seis minutos.

6.- A curtametraxe será entregada a calquera das e dos compoñentes do equipo da Biblioteca antes do día 2 de xuño. Os soportes admitidos serán memoria USB ou CD-DVD. Ademais do vídeo, deberá entregarse o script ou guión (transcrición dos diálogos e posibles explicacións de escenas, efectos especiais, etc.).

Premio:

7.- Como premio único, o Centro otorgará á curtametraxe que o xurado considere de maior calidade, un bono de 150 ? canxeable por material informático en Stin.


Comentarios (0) - Categoría: CREAZÓN - Publicado o 22-04-2014 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0