BIBLIOTECA DO I.E.S. CASTRO ALOBRE


E COA PALABRA, RECUPERAR OS CAMIÑOS
"E coa palabra, recuperar os camiños". Un verso de Ana Romaní que o Equipo de Mediación do centro escolle para sintetizar o seu traballo.

Se queredes colaborar, o Equipo explica como:

QUE É A MEDIACIÓN?

Unha maneira de afrontar os conflitos de forma pacífica, baseada no diálogo e coa axuda de persoas neutrais que Median o proceso.

QUE CONFLITOS RESOLVE?

• Disputas entre o alumnado: insultos, ameazas, rumores daniños, malas relacións…
• Amizades deterioradas.
• Situacións que desagraden ou parezan inxustas.
• Outros problemas que xurdan na vida cotiá do centro educativo.

CALES SON AS SÚAS CARACTERÍSTICAS?
• Voluntaria.
• Confidencial.
• O alumnado mediador non valora os feitos.
• Orientado cara á solución futura de conflitos por un/unha mesmo/a.
• As dúas partes do conflito sempre gañan .
• Preocupación polas súas necesidades e os seus sentimentos.

COMO É O PROCESO DE MEDIACIÓN?
• Cando hai un conflito entre iguais, estes cobren un decálogo de reflexión, marcando se acceden, voluntariamente, á mediación.
• Selección de mediadoras/es. Estudo do caso coa xefatura de estudos.
• Cita na Aula de Mediación.
• Proceso: explicación das regras do xogo. Sinatura do acordo de confidencialidade. Exposición do conflito e aclaración do problema. Proposta de solucións.Acordos e sinatura dos mesmos.

E SE NON SE CUMPREN OS ACORDOS?
• Se o proceso de mediación se interrompe, remata sen acordo ou non se cumpren os pactos asinados (seguimento feito por xefatura), aplícase a medida correctora correspondente, segundo o RRI do centro.

CANDO SE REALIZA A MEDIACIÓN?
• Nos recreos.

QUEN PODE SER MEDIADOR/A?
• O alumnado do centro de calquera nivel educativo, que cumpra os requisitos seguintes.

CAL É PERFIL DUN BO/A MEDIADOR/A?
• Boa conduta e ter capacidade para dirixir o proceso de mediación.
• Saber escoitar e pórse no lugar contrario.
• Ser neutral.
• Realizar o curso de formación.

CALES SON AS VANTAXES DE SER MEDIADOR/A?
• Carné de mediador/a.
• Formación en resolución de conflitos (un recreo á semana).
• Diploma(s) acreditativo(s): de asistencia ao curso e de mediador/a, no caso de ter mediado algún caso.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 24-10-2012 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

© by Abertal