|
|
|
MERCEDES PEÓN NO IES CASTRO ALOBRE |
|
Hoxe tivemos a sorte de contar coa presenza de Mercedes Peón no noso instituto, encontro organizado por Paloma para o alumnado de 1º de bacharelato de Música.
Asistimos a unha bonita perfomance na que, mentres montaba todo o equipo para unha pequena actuación, contestaba ás preguntas dos alumnos e das alumnas.
Así, puidemos enterarnos de que os inicios de Mercedes Peón en Luar os considera interesantes, porque lle permitiu dar a coñecer mostras da nosa tradición musical, que se mantiña viva en diferentes recunchos da nosa xeografía. Para elo, tivo que facer un arduo traballo de campo, pero cun único obxectivo: preservar a tradición cultural galega.
Mercedes Peón tamén contou que, o que valora da música, é o ?trance?, a capacidade de poder expresarse, sentir, atoparse con ela mesma, mirar no seu interior.
O alumnado e profesorado, que tivemos o privilexio de asistir a este encontro, atopamos a unha Mercedes Peón cercana, sinxela, que disfrutaba do momento, cunha grande capacidade de transmitir o seu entusiasmo e a súa paixón pola música e, por suposto, nos atopamos cunha voz poderosa.
Agradecemos a Paloma a oportunidade de coñecer e escoitar a esta grande artista galega e queremos dar as grazas a Mercedes Peón por esta experiencia inolvidable para o noso alumnado.
Guadalupe Vilar
|
|
|
|
|
|
 |
|
|
|
|
|
Un bonito agasallo como recordo do seu paso polo IES Castro Alobre. |
|
|
|
|
|
Falou con todos e todas, dándolle bos consellos para alonxarse da uniformidade musical e buscar o singular, o diferente, o noso, como un modo de facerse visible no mundo da música. |
|
|
|
|
|
Mercedes Peón escoita atentamente ao grupo de música do noso instituto. !Todos uns artistas¡ Fixérono realmente ben. |
|
|
|
|
|
Paloma, a profesora de Música, e o alumnado de 1º bacharelato tocando para Mercedes Peón. |
|
|
|
VERSOS WP ? DÍA DA POESÍA 2015 |
|

A Biblioteca súmase á iniciativa do Equipo de Normalización Lingüística.
Para celebrar este ano o Día da Poesía, unha das actividades previstas é a dos VERSOS WHATSAPP.
Trátase de que o maior número de persoas da comunidade educativa do IES Castro Alobre, ese día, o 21 de marzo, teñan no seu perfil a seguinte imaxe e no seu estado, calquera verso da literatura galega.
Se clicades no seguinte enlace, podedes escoller entre máis de cen versos. VERSOS WP
|
|
|
|
PROXECTO LECTOR "ECOLOXÍA E MEDIOAMBIENTE" |
|
Os Departamentos xa estamos traballando no Proxecto Lector deste curso.
Na Biblioteca estivo o alumnado de Física e Química, elaborando murais sobre o DDT.
Tamén, os alumnos e alumnas de Grego, de 1º bacharelato C, elaboraron este fermoso mural sobre a erupción do volcán da illa de Thera, acaecido ao redor do 1600 a.C.
Guadalupe Vilar |
|
|
|
|
|

|
|
|
|
|
|

|
|
|
|
|
|
|