BIBLIOTECA DO I.E.S. CASTRO ALOBRE


PREMIOS XERAIS
O 6 de xuño reuniuse, na Illa de San Simóm, o xurado dos Premios Xerais para dar a coñecer os /as gañadores/as nas distintas categorías.

O que máis nos interesa é o Premio Jules Verne, concedido a Andrea Maceira pola súa obra "Europa Expréss". Como xa dixemos, Itziar Fernández, de 2º bacharelato D, formou parte do xurado.

Deixámosvos algunhas fotos para que participedes deses momentos, seguramente inolvidables para Itziar.

Guadalupe Vilar
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 08-06-2015 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 08-06-2015 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 08-06-2015 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 08-06-2015 22:59
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 08-06-2015 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
VII PREMIO JULES VERNE DE LITERATURA XUVENIL

Itziar Fernández Sömme, alumna de 2º bacharelato D, forma parte do xurado da VII edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, convocado pola editorial Xerais.

Lembramos que esta alumna foi a gañadora do concurso de textos argumentativos, convocado por esta biblioteca no primeiro trimestre.

Deixamos aquí o enlace, onde podedes ver a información completa sobre a primeira xuntanza celebrada o 29 de maio no castelo de Soutomaior.

http://blog.xerais.gal/destacados/finalistas-dos-xerais-2015/

Parabéns, Itziar!

Guadalupe Vilar
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 31-05-2015 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
ENQUISA PARA ALUMNADO
Queremos saber a vosa opinión sobre a biblioteca para introducir melloras o curso que ven. Tedes de plazo ata o 29 de maio. Moitas grazas.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-05-2015 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
III ENCONTRO DE CENTROS PARA UNHA CONVIVENCIA POSITIVA
Mañá, 17 de abril, e o sábado 18 terá lugar en Vilagarcía o III Encontro de Centros para unha Convivencia Positiva. Este tipo de actos sempre é interesante polo tema que trata; pero este é especialmente importante para nós. Por que? Porque é o IES Castro Alobre o organizador do evento.

Desde este espazo de opinión, que é o blog da Biblioteca, quero agradecer a dúas compañeiras e profesoras toda a súa adicación e o seu esforzo, para que este acontecemento fose posible. Son coñecedora do seu traballo, das súas inquedanzas, das súas preocupacións, de todo o tempo invertido en programar o Encontro, da súa busca de apoios e, ás veces, das súas decepcións.

Pero, o traballo xa está feito e este fin de semana veremos o froito de todo o que foron sementando durante, case, un longo ano.

Carme, María, moitas grazas, e que estas poucas palabras servan como recoñecemento ao voso esforzo e ao voso compromiso en prol da convivencia no noso centro.

Guadalupe Vilar

Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 16-04-2015 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
A BIBLIOTECA RECIBE O PREMIO DA FEDERACIÓN DE LIBRARÍAS DE GALICIA
O pasado sábado 14 de marzo celebrouse en Santiago a entrega dos XXIV Premios Irmandade do Libro, convocados pola Federación de Librarías de Galicia.

Na modalidade "Centros de ensino" A BIBLIOTECA DO IES CASTRO ALOBRE, a nosa Biblioteca, foi a gañadora. Valoraron as actividades para o fomento da lectura realizadas durante o ano 2014.

Desde o Equipo de dinamización da Biblioteca agradecemos este premio polo recoñecimento que supón a un ano de traballo. Ao mesmo tempo, anímanos a seguir adiante con forza e con ilusión, aportando ideas para tratar de conseguir que o noso alumnado se adentre, con entusiasmo, nese mundo fantástico e, tamén, real da lectura.

Este premio é, ademais, de todo o profesorado que se implica activamente nos proxectos que presentamos e, como non, de Paloma, dinamizadora da Biblioteca o pasado curso.

Grazas a todos e todas.
Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 15-03-2015 23:21
# Ligazón permanente a este artigo
SPANGLISH
SPANGLISH
Fruto de la convivencia entre culturas, surge en Estados Unidos el SPANGLISH, mezcla de castellano e inglés en varios niveles lingüísticos (sintáctico, semántico, etc.). Se da principalmente entre las comunidades castellanohablantes de estados como Florida, Georgia, Texas, California o Nueva York. Por supuesto, se trata de una forma lingüística coloquial, nunca oficial. Veamos un ejemplo:

•Anita: «Hola, good morning, cómo estás?»
•Mark: «Fine, y tú?»
•Anita: «Todo bien. Pero tuve problemas parqueando my car this morning.»
•Mark: «Sí, I know. Siempre hay problemas parqueando in el área at this time».

Cool! Isn’t it?

Ilan Stavans, nacido en México y residente en varios continentes, es catedrático de Filología y Estudios Culturales en el Amherst College de Massachusetts, donde creó la primera cátedra de Spanglish, al cual ha traducido la primera parte de El Quijote. Veamos:

In un placete de la Mancha of which nombre no quiero remembrearme, vivía, not so long ago, uno de esos gentlemen who always tienen una lanza in the rack, una buckler antigua, a skinny caballo y un grayhound para el chase. A cazuela with más beef than mutón, carne choppeada para la dinner, un omelet pa’ los sábados, lentil pa’ los viernes, y algún pigeon como delicacy especial pa’ los domingos, consumían tres cuarers de su income”.

Awesome! More Spanglish:

•Mike: «¿Qué onda? ¿Entonces qué? ¿Te wacho en el party? Recuerda que es no cover.»
•Maria: «Of course, pasas por my house por mí?.»
•Mike: «Ok. Entonces, ahí nos wachamos my darling.»

Santiago.- Dpto. Inglés.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-03-2015 11:18
# Ligazón permanente a este artigo

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

© by Abertal