|
|
|
MERCEDES PEÓN NO IES CASTRO ALOBRE |
|
Hoxe tivemos a sorte de contar coa presenza de Mercedes Peón no noso instituto, encontro organizado por Paloma para o alumnado de 1º de bacharelato de Música.
Asistimos a unha bonita perfomance na que, mentres montaba todo o equipo para unha pequena actuación, contestaba ás preguntas dos alumnos e das alumnas.
Así, puidemos enterarnos de que os inicios de Mercedes Peón en Luar os considera interesantes, porque lle permitiu dar a coñecer mostras da nosa tradición musical, que se mantiña viva en diferentes recunchos da nosa xeografía. Para elo, tivo que facer un arduo traballo de campo, pero cun único obxectivo: preservar a tradición cultural galega.
Mercedes Peón tamén contou que, o que valora da música, é o ?trance?, a capacidade de poder expresarse, sentir, atoparse con ela mesma, mirar no seu interior.
O alumnado e profesorado, que tivemos o privilexio de asistir a este encontro, atopamos a unha Mercedes Peón cercana, sinxela, que disfrutaba do momento, cunha grande capacidade de transmitir o seu entusiasmo e a súa paixón pola música e, por suposto, nos atopamos cunha voz poderosa.
Agradecemos a Paloma a oportunidade de coñecer e escoitar a esta grande artista galega e queremos dar as grazas a Mercedes Peón por esta experiencia inolvidable para o noso alumnado.
Guadalupe Vilar
|
|
|
|
|
|
 |
|
|
|
|
|
Un bonito agasallo como recordo do seu paso polo IES Castro Alobre. |
|
|
|
|
|
Falou con todos e todas, dándolle bos consellos para alonxarse da uniformidade musical e buscar o singular, o diferente, o noso, como un modo de facerse visible no mundo da música. |
|
|
|
|
|
Mercedes Peón escoita atentamente ao grupo de música do noso instituto. !Todos uns artistas¡ Fixérono realmente ben. |
|
|
|
|
|
Paloma, a profesora de Música, e o alumnado de 1º bacharelato tocando para Mercedes Peón. |
|
|
|
PREMIOS XERAIS |
|
O 6 de xuño reuniuse, na Illa de San Simóm, o xurado dos Premios Xerais para dar a coñecer os /as gañadores/as nas distintas categorías.
O que máis nos interesa é o Premio Jules Verne, concedido a Andrea Maceira pola súa obra "Europa Expréss". Como xa dixemos, Itziar Fernández, de 2º bacharelato D, formou parte do xurado.
Deixámosvos algunhas fotos para que participedes deses momentos, seguramente inolvidables para Itziar.
Guadalupe Vilar |
|
|
|
|
|
 |
|
|
|
|
|
 |
|
|
|
|
|
 |
|
|
|
|
|
|