BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A biblio di ata loguiño...
Xa estamos a rematar. Agradecemos á colaboración de todos e todas e recordamos que as bibliotecas escolares son fundamentais para o desenrolo non so do curriculum, tamén para a formación integral dos nosos alumnos e alumnas como persoas.
Sabemos que temos moito que mellorar, pero cada ano tentamos facelo un pouquichiño mellor que o ano anterior. Ata setembro.

Despedida
Comentarios (1) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 20-06-2012 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
Resolto o concurso de monólogos.
Agradecemos a participación neste primeiro concurso de monólogos, pero estamos un pouco decepcionados coa súa acollida. Será que non é boa época para monologar?

Xa sabedes que o fallo do xurado é inapelable.

Categórías:

1º ciclo primaria: deserto
2º ciclo primaria: deserto
3º ciclo primaria: Andrea Souto (5ºA)
1º ciclo ESO: deserto
2º ciclo ESO: deserto
Profesorado e persoal non docente:

Saúdos e a ver si na segunda edición temos máis éxito.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 20-06-2012 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Fin de curso
Xa está, outro curso fora, nenos e nenas que marchan e outros que veñen. Desde a Biblio desexámosvos o mellor para todos e todas, que o verán sexa tempo de compartir e seguir crecendo como persoas. Xa sabedes que para crecer hai que alimentarse, así que facede caso dalgunhas das nosas recomendacións e se comprades, facédeo con xeito, preferiblemente nos comercios locais. Saúde a todos.
guía de verán1
guía de verán2

Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 18-06-2012 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Ler non é clandestino
Non vos perdades esta fermosísima entrada no blog dunha biblioteca amiga. Verbas cheas de significado, traballo cheo de significado tamén. Démoslles grazas por compartir o seu traballo e, que cunda o exemplo!!!
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 18-06-2012 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Para celebrar?
As veces sobran as palabras e falan os feitos. Temos que empezar a actuar.

Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 05-06-2012 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
Queres darlle a volta ao mundo?
25 ONGs uníronse para fomentar a solidariedade e dar as grazas aos 3 millóns de españois, que según os seus datos apoian ás Ongs regularmente con donativas. A campaña "Así somos" anima aos cidadáns a vestir unha prenda do revés o 8 de xuño para impulsar o compromiso solidario e demostrar que queren darlle a volta ao mundo.
Desde a biblio proponémosvos sumarnos a tal iniciativa.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 05-06-2012 15:02
# Ligazón permanente a este artigo
Xadrez en San Xoán
Xa hai algún tempo veu polo cole Carlos Lozano a presentarnos o Club Xadrez Carral e de paso ensinounos algúns truquis para empezar a xogar.
Hoxe invítanos a participar nun torneo: boa forma de empezar as vacacións! Non deixedes de participar... e si non queredes participar aínda, dade unha volta para ver aos máis expertos!!!!
Comentarios (0) - Categoría CARRAL - Publicado o 04-06-2012 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal