BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CATÁLOGO DE REGALOS EN GALEGO
POLO NADAL, TAMÉN EN GALEGO!

Agora que chega unha vez máis o Nadal e sempre hai algún agasallo que facer, non nos esquezamos do noso catálogo e, nestes tempos de crise, fagámolo tamén , EN GALEGO.

PÁXINA A PÁXINA
ACCESO AO CATÁLOGO
Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 06-06-2009 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
ACCESO Á WEB DO CENTRO

Páxina de acceso á WEB do centro.
web oficial do CPI VICENTE OTERO VALCARCEL
Comentarios (0) - Categoría BLOGS DO CENTRO - Publicado o 06-06-2009 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
LIBRO RECOMENDADO
O Capitán Nemo

Hoxe toca falar dun libro que moitos de vos estades a ler, Vinte mil legoas de viaxe submariño, de Julio Verne, novela de aventuras e de ciencia ficción que ten como protagonista a unha das personaxes máis complexas da literatura, O capitán Nemo.

Eu vou deixar aquí un vídeo dunha das películas que se fixo deste libro, o trailer dunha versión de 1950 de Walt Disney. (Está en inglés, pero fixádevos para recoñecer as personaxes que aparecen no libro que estades lendo).







A ver! Quen foi ao Aquarium Finisterrae e viu os carteis que hai na baixada á sala do Nautilus?
De que son eses carteis?

Pinchade no seguinte enlace e podedes ver unha páxina do Acuario homenaxe a Julio Verne e o Nautilus:

O gabinete do Capitán Nemo.




Non deixedes de visitar as páxinas das que deixo o enlace máis abaixo. Alí podedes ver libros de Julio Verne que foron levados ao cine, e tamén podedes escoitar un audiolibro desta novela da que estamos a falar.
Julio Verne en el cine
Audiolibro. 20000 leguas de viaje submarino
Comentarios (1) - Categoría LIBROS - Publicado o 04-06-2009 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
O oso inocente
Aqui tedes o conto escrito por Roi, cando era alumno de 4º A, e que quixo compartir conosco.

Había unha vez dous osos que eran irmáns. Un deles era moi bo, un santo. Chamábanlle Ramiro, o formal. O outro era Rafael, un oso que sempre quería facer o que lle petaba. Día tras día ía fcendo trasnadas e botáballe as culpas ao seu irmán. O seu irmán etsaba farto de que o castigaran por cupal do outro. Decidiu pensar algo para remedialo, pero nada, non se lle ocorria nada.
Un día de inverno, na clase, despois de rematar os deberes, ocorréuselle unha idea. Como o seu irmán tiña unha cicatriz na frente, grabaríao cunha cámara oculta para que, en vez de castigalo a él, castigaran a Rafael. Estivo día e noite grabando o que facía o seu irmán, e chegou un momento no que Rafael ensinoulle o cu, coma un cochiño, ao profesor Don Cuco, o máis listo da escola. Rafael botóulle as culpas a Ramiro, como sempre, e o profesor castigou todo o mes sen recreo a Ramiro, pero este ensinoulle o que grabará ao profesor Don Cuco. O profesor deuse conta do erro que tivera e castigou a Rafael sen recreo todo un curso enteiro. Enrique, o amigo de Don Cuco, mandou a Rafael subir á biblioteca da escola, sitio onde ía cáseque todo o mundo. Rafael, apesares de non ter recreo tiña que facer tarefas no tempo de subir á biblioteca.

Roi 84ºA)
Comentarios (0) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 02-06-2009 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIO AS MELLORES MATEMÁTICAS (E MATEMÁTICOS) GALEGAS
As compoñentes de "Cuentistas Problemáticas", alumnas de 6º do noso colexio convertéronse o pasado venres,29 de maio, nas mellores matemáticas xuvenis galegas.

Noraboa!, unha vez máis, a estas rapazas e ao seu "titor-preparador",Manolo.

NOTICIA DO PREMIO EN
Comentarios (0) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 01-06-2009 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal