BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Teatro simultáneo
Hoxe casi todo o cole fixo teatro (bueno, casi todos os días facemos algo de teatro ¿nonsí?), pero hoxe dun xeito especial: todas as aulas do 2º e o 3º ciclo asistiron á representación dunha escea preparada por outros compañeiros, e en todas as clases houbo actores e actrices.
Que tal vos pareceu a experiencia? Desde o meu punto de vista moi ben!
Noraboa a todos os actores e actrices, e tamén ao público e aos profes.
Deixade un comentario contando o que vos pareceu.
Comentarios (1) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 21-05-2013 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
A voltas co teatro
O xurado do concurso convocado pola ANPA "Ana Lastra" en colaboración coa biblioteca escolar, ven de prorrogar o prazo de entrega de orixinais. Os traballos poderán entregarse hasta o 4 de xuño ás 12:00. O fallo terá lugar o martes 11 de xuño.
Animádevos!!!
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 21-05-2013 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
Teatro na escola
Xa o pasado MÉRCORES, os nenos de 6º, a compañía "Xalo", estiveron de estrea. Hoxe a función foi para os nenos de 2º. Que tal lles iría?
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 20-05-2013 23:41
# Ligazón permanente a este artigo
Teatro na escola
Mañá remata o prazo de presentación das obras que queiran participar no concurso de pezas teatrais convocado pola ANPA "Ana Lastra" coa colaboración da biblioteca; pero nas últimas semanas o teatro "enganchounos" un pouquiño máis e durante estes días seremos público e actores. Quen sabe, ao mellor nace unha estrela... o que é seguro é que o pasaremos xenial e Vidal Bolaño ten moito que ver. Acabadiña de sair do forno e grazas ao equipo da biblioteca escolar Victor Saenz podedes consultar aquí unha escolma de recursos.A que é cómodo telos así todos xuntiños?
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 14-05-2013 22:21
# Ligazón permanente a este artigo
As nosas letras

A próxima semana entramos de cheo na celebración das nosas letras, o noso pequeno homenaxe a Bolaño e ao teatro tan querido por el.
Xa están repartidas as escenas que os rapaces e rapazas de primaria van representar para os seus compañeiros. Grazas a todos os titores pola súa colaboración!!! Contamos tamén co entusiasmo dos nosos nenos que seguro disfrutarán con estas pequenas representacións.
Pero... non podemos perder de vista a vida do homenaxeado, na biblio temos material para coñecer máis a Roberto Vidal Bolaño e grazas ao traballo de moita xente en moitos coles, podemos utilizar unha morea de recursos.
Aquí vai unha recompilación dos mesmos. Grazas a todos os autores polo seu traballo e a súa xenerosidade ao compartilos.


"Autor, actor e público do aquí"

Magnífico traballo desde o Cole de Pedrouzos en Brión

Un lim dende A Pedra, Bueu

Un prezi fantástico

E non deixedes de visitar a páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística donde están recollidos un montón de recursos para todas as idades.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 08-05-2013 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
Visita aos maiores
Sempre é interesante visitar aos nosos maiores. Teñen moitas cousas que contar e forman parte da nosa historia. Os rapaces e rapazas de 6ºA visitaron hai uns días aos maiores que están na "Fogar de Sabela" en Quembre. Xogaron con eles parchís e ao dominó e fixeron globoflexia a cambio das súas historias. Viñeron contentísimos e quedaron convidados a volver.
Na biblio temos algúns libros que falan dos maiores do respeto que lles debemos e como debemos axudalos a vivir felices esta etapa da súa vida.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow customized with Smilebox
Comentarios (0) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 05-05-2013 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Ültimas noticiaaaassss!
A nosa máis efusiva noraboa a Martín, alumno de 6º que resultou premiado no concurso de viñetas pola igualdade real convocado pola Diputación da Coruña. Agora a procura dunha entrevista exclusiva que publicaremos axiña. Quen se anima?
Comentarios (8) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 01-05-2013 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
Día da ciencia na rúa
Traballando a todo gas
Por segundo ano os nenos e nenas que agora están en 6ºA, participan no día da ciencia na Coruña. O evento terá lugar o próximo sábado e estes últimos días andan moi apurados dando os últimos toques ás actividades que van a presentar.
Todas elas teñen que ver coa auga e son interesantísimas. Non deixedes de darvos unha volta polo Parque de Santa Margarida para ver os traballos dos vosos compañeiros e a morea de experiencias dos outros coles. Seguro que vai bo día!!!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This slideshow made with Smilebox
Comentarios (21) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 01-05-2013 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal