BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

E para os que gocen debuxando....
"Un mundo de cor" é un concurso promovido pola Secretaría Xeral da Emigración co fin de que os alumnos e alumnas de primaria e secundaria expresen a súa visión sobre a riqueza da diversidade socio-cultural a través da pintura.

Se estades interesados en participar podedes consultar as bases aquí
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 30-05-2012 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
E para rematar o curso, un concurso!!!!!
Todos os días tiramos da cisterna, lavamos os dentes, escoitamos aos nosos pais, nais, amigos e profes dicir frases que de tanto oilas xa nos parecen tan normais como tirar da cisterna e lavar os dentes. Aínda que agora que o penso non todo o mundo tira da cisterna e xa non digamos lavar os dentes.
Pois para que podamos rir con estes e outros xestos cotiáns, desde a biblioteca animámosvos a todos e a todas, alumnos/as, profesores/as e persoal non docente a facer un monólogo sobre calqueira tema da vosa vida.

O concurso de monólogos rexirase polas seguintes normas:

1º/Poderán participar todos os alumnos/as de primaria e secundaria do C.P.I. Vicente O. Valcárcel.

2º/Poden e deben participar os profesores de infantil, primaria e secundaria así como o persoal non docente do centro.

3º/O tema do monólogo é libre. O idioma a empregar é a elección do participante.

4º/A extensión do mesmo non excederá dun folio por unha cara, a ordenador, letra "times new roman" 12.

5º/Cada clase pode presentar ata dous monólogos que serán escollidos polo titor. Os demáis membros da comunidade educativa poderán presentar un por persoa.

6º/A data de entrega será o luns 4 de xuño na biblioteca durante os recreos de primaria e/ou secundaria.

7º/O xurado estará formado por persoas de recoñecido prestixio como monologuistas...

8º/O fallo daráse a coñecer o venres 15 de xuño e será inapelable.

9º/Estableceráse un premio por cada unha das seis categorías, sendo estas:
1º ciclo de primaria
2º ciclo de primaria
3º ciclo de primaria
1º ciclo de ESO
2º ciclo de ESO
profesorado e persoal non docente.

10º/A entrega de premios faráse antes do 23 de xuño en data a determinar e previa audición dos monólogos gañadores.

Cada profesor recibirá unha unidade didáctica sobre o tema no seu enderezo electrónico.
Calqueira dúbida será solventada por Bea, titora de 5ºB.
Animádevos e, moita merda!!!


Que é un monólogo?


Un monólogo na Literatura clásica


Un monólogo para profes desencantados...

Os nenos son famosos monologuistas...

...e as nenas tamén!

Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 29-05-2012 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
Día do medioambiente
O próximo martes 5 de xuño, é o día do medioambiente. Desde a Concellería de medioambiente virán facernos unha visita e contarnos algunhas cousiñas ben interesantes. Ademáis daránnos os resultados da recollida que estivemos a facer nas últimas semanas de pilas e papel. Por fin poderemos saber cantas árbores salvamos e que volume de auga deixamos de contaminar.

...E se queremos xogar un pouco e practicar boas costumbres, podemos entrar nesta páxina.
Comentarios (1) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 29-05-2012 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
Polos no corredor, ovos no vestíbulo.
Este é o segundo intento dos nenos de 5º de ver a eclosión dun ovo en directo. Xa o intentaron hai unhas semanas e non tivo éxito por problemas técnicos. A ver si agora temos sorte e todos podemos ver como eclosionan estes ovos.
E mentres esperamos todos podemos aprender algo máis.

Ogallá esta vez logremos pitiños, o que non podemos facer é ver o que pasa dentro do ovo. Neste video si!

Ah! E recordade que é época de cría. Moitas aves están aniñando. Se vedes ou atopades un niño, non vos acerquedes demasiado, non o toquedes nin fagades moito balbordo. Os paxaros poden asustarse e abandonar o niño e adeus rolada! Se queredes aprender algo sobre os niños podedes picar aquí.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 29-05-2012 17:13
# Ligazón permanente a este artigo
O bubisher
Vimos de recibir carta desde o Bubisher, agradecendo a nosa pequena colaboración. Refrescade a memoria neste enlace.
Carta desde o Bubisher
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 20-05-2012 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
Alí ven o maio...
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a digital slideshow


A pesar do tempo, xa estamos en maio, e maio trae as primeiras festas. Aínda que nos pareza mentira, os maios teñen moita miga, tal vez por iso en Carral tamén se celebra a festa do pan. Investigando un pouquiño podemos atopar cousas moi curiosas e por suposto aprender un montón.

Os Maios son festas tradicionais que sobreviviron no mundo rural desde tempos prehistóricos e das que só nos quedan unha pequena mostra. Están encadrados no ciclo das festas da primavera, a estación do amor.

Son moitos os poetas que cantaron estas festas populares porque e costume canta-lo maio.

Aí vén o maio
pola porta de arriba;
aí vén o maio
de roubar unha mantilla.
Aí vén o maio
pola porta de abaixo;
aí vén o maio
de roubar un refaixo.


O maio, na súa manifestación máis sinxela, é un rapaz cuberto de hedra, panqueixo, cangorza, espadanas, follas e flores cun pucho de xuncos.

Este maio sae anunciando a súa presenza e cantando de forma satírica e burlesca as verdades do entorno.

Aí vén o maio
pra Vilariño;
aí vén o maio
saír ó camiño.

E víste-lo maio,
e víste-lo ben;
se é que non o vistes
vele aí vos vén.

No ano 1923 cantábanlle ó gobernador de Pontevedra:

"Nin é alto nin é baixo
nin é malo nin é bo;
parece un reló parado
dentro da deputación."

Despois de tanto cantar o maio case que sempre acaba ronco:

"Perdóenlle señores
polo maio mal cantado
que comeu caldo de uva
e quedou acatarrado."




ORIXES DA FESTA DOS MAIOS


A Festa dos Maios, naceu na prehistoria cando os primeiros homes se preguntaban sobre esa forza renovadora que cada ano , tras a época das chuvias e o frío facía abrota-la semente e revestía os campos de variadas cores.

Os gregos crearon un mito para explicar o cambio das estacións: Cando Perséfone, filla da deusa da fertilidade da terra ,voltaba á terra despois do inverno que pasaba co seu esposo Hades, no mundo subterráneo , era recibida pola súa nai (Ceres para os romanos) cunha explosión de verdes e frores multicores " . Esta eclosión primaveral celebrabana as mulleres da Atenas clásica con festas de carácter secreto e prohibidas ós homes , adicadas a deusa dos cereais.

Os cidadáns romanos festexaban á Maia, nai do nome do mes (que desde os romanos está no calendario dos pobos conquistados por eles ) durante a que se purificaban os campos coa realización de sacrificios de animais.

Como exemplo do vencellamento do mes de Maio coas colleitas serva a cita do Libro de Alexandre:

" Sedie el mes de Maio coronado de flores afeitando los campos de diversas colores, organeando las Maias e cantando d' amores espigando las mieses que siembran labradores "...

Será a finais do século XIX cando como consecuencia dunha nova sociedade baseada cada vez menos no sector primario da economía estas manifestacións estacionais perderán forza..

Veremos nacer concursos que premian as coplas máis audaces e graciosas. Pero tamén por iso son reprimidas novamente.

Mais recentemente vívese un espertar esperanzador destes festexos, adaptados ás novas realidades.


OS MAIOS EN GALICIA


Abordemos a clasificación plantexada polos estudiosos galegos onde atoparemos unha gran de diversidade de rituais primaverais coexistentes en Galicia :

a) Manifestacións agrarias ou propiciatorias: cando se quere unha abundante colleita. Propias de persoas maiores polo xeral . Destacamos entre estas o " alumea-lo pan ou danzas do pan " consistentes no percorrido dos campos sementados con fachucos de palla prendidos. O "poñe-lo ramo " nas leiras, cortes, animais e incluso os apeiros coa fin de afasta-lo mal xunto coa "bendición dos campos" con auga (outro elemento purificador) bendita ou de fontes de recoñecida valía son cerimonias propiciatorias de boa colleita.

b) Manifestacións propias de nenos ou mozos. De entre estas citaremos en primer lugar a entrega de " ramos de flores " cantando algunha copla no día ún do mes de Maio á noiva, ás mozas ou ós viandantes . Os "arcos de flores " estaban feitos nos camiños con polas,bimbias adobiados con cintas e flores tanto no día 1, no Corpus Christi,ou na da Sta. Cruz , neste día constrúense "cruces de flores " que tamén se chaman maios .


Un tratamento específico merecen "os maios-mozos " dos que temos un magnífico exemplo en Vilafranca do Bierzo, un mozo véstese con plantas e atavíase con flores.


Dentro do que se denominan " maios figurativos " o máis común é unha figura cónica ou piramidal con estructura de paus e recuberta de follas , flores e outros adobíos ( ovos, laranxas,etc...) transportable gracias ás andas que lle son acopladas polos mozos , que a acompañan cantando coplas que varían de ano en ano . Estas coplas as máis das veces conteñen críticas sociais contra alcaldes,gobernadores,caciques; outras ridiculizan a personaxes famosos,modas,feitos chocantes. Pero todas elas na súa meirande parte parecen seguir un esquema tradicional onde sempre afloran alusións ó mes de Maio. O canto é acompañado con golpes de palitroques que levan nas mans.

Por último, están os " barcos de maio " que se tratan dunha reprodución dun barco ó que se lle colocan unhas rodiñas para movelo polas rúas.Como é de supoñer son tradicionais nas vilas mariñeiras .


O "CICLO DE MAIO" E AS SÚAS MANIFESTACIÓNS


En Galicia houbo, e aínda hai, prácticas vencelladas coa agricultura, gandería, mar, co xogo, co amor, e outras consideradas cristiás, aínda que é probable que fosen cristianizadas na Idade Media.


1) Manifestacións agrarias:


A súa finalidade é a de favorece-la medra da colleita arredando o mal, xa sexa o que provén do home (meigas) coma dos animais e mesmo dos axentes meteorolóxicos.

A máis coñecida é a de "alumea-lo pan", da que aínda quedan restos moi minguados en varias aldeas dos concellos coruñeses de Rois e a Serra de Outes. Noutros tempos a súa práctica estaba bastante estendida e recibía distintas denominacións, como "alumea-lo centeo", "larada de Pampallín", "Lume pan", etc.

Estas manifestacións celébranse na derradeira noite de abril,


"Lume, lume
Ve o pan
Deus che dea moito gran,
Cada gran coma un bogallo
Cada pé como un carballo.

Lume ó pan
Lume ó pan
Cada espiga
Seu bo pan".


A esta mesma xeira pertence, entre outros, o costume de chantar poliñas nas leiras, durante o traballo ou despois. O máis normal é que sexan de xesta, arbusto considerado na cultura popular como posuidor de grandes propiedades para alonxa-las influencias maléficas; de aí que se poñan o primeiro de maio nas fiestras e portas das casas, nos apeiros de labranza, nos barcos de pesca, etc., para que a súa presencia arrede o mal para todo o ano.


2) Manifestacións pecuarias:


O gando é o protagonista. Actualmente desapareceron todas. O día tres, festa da Santa Cruz non se xunguía o gando vacún, nin sequera se ataba polos cornos.

O seu significado é escuro, aínda que é posible que estivese relacionado co crecemento, xa que o gando ceibe brinca e come canto quere e medra antes e máis.


O primeiro de maio, nos Ancares, a principio de século, adornábanse as vacas con flores, e tamén era o día de marca-los años, cabritos, etc. para que puidesen andar soltos polo monte.


3) Manifestacións mariñeiras:

Desapareceron todas agás a de pór o primeiro de maio unhas poliñas de xestas nas proas dos barcos en varios portos, en particular nas Rías Baixas.



4) Manifestacións lúdicas


A súa finalidade é anuncia-la eclosión primaveral, e teñen lugar nestes días de abril e maio. Os seus principais protagonistas son nenos e mozotes polo que hai que contalas dentro do eido do xogo e do lecer.

A da "árbore de maio" segue viva.Uns mozos rouban a árbore máis esvelta dos arredores, córtana, límpana,e entre cantigas lévana á praza onde permanece varios días ata que remata a festa da Santa Cruz.


5) Manifestacións amorosas:


Coa primavera tamén espertan as paixóns amorosas, e estas teñen a súa manifestación a través de cantigas e ritos, como o que se usaba na Luaña (Brión, A Coruña), que en tal data, o mozo que pretendía a unha moza facíalle entrega dunha póla de xesta florida. Se a aceptaba significaba que o quería como pretendente.

O máis normal era pór os ramos nas ventás; se a relación ía ben poñíase de xestas, se ía mal substituíase polo toxo.


(Extraído de "http://www.galiciaespallada.com.ar"
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 20-05-2012 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
1º edición
Trescentos cincuenta kilos de alimentos, dúas caixas completiñas de material escolar e 117,17€ foron cambiados por casi cinco centos de libros. Alimentos todos: uns para o corpo e outros para o espirito.
Grazas a todos por contribuir nesta iniciativa, que esperamos se repita para o ano que ven.

Click to play this Smilebox thank you
Create your own thank you - Powered by Smilebox
Customize a thank you


Nota de prensa

A través de Isa, vimos de recibir un correo de Aldeas Infantiles que transcribimos aquí:
"Ya tenemos los alimentos en nuestra oficina y en este momento ya están dos educadoras de familia realizando paquetes para el reparto.
Muchas gracias a todos los que habéis colaborado.
Pondremos una nota en nuestra web."


Aldeas Infantiles
Comentarios (2) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 15-05-2012 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
O día da ciencia
Ver aos nosos nenos e nenas tan entusiasmados animando aos visitantes a acercarse á nosa "jaima"... Escoitar as explicacións tan claras... Construir un muiño con papeis de cores... Comer ás de polo pensando en como se transforma a enerxía...Mmmm só unha pega, olvidáronse de facer un panel que dixese que a enerxía dos alumnos transfórmase en enerxía para mestres (e viceversa). Vémonos no próximo día da ciencia: seguro.

Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
This free picture collage customized with Smilebox
Comentarios (4) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 12-05-2012 00:32
# Ligazón permanente a este artigo
Día das letras
Xa está aquí como todos os anos a festa coa que celebramos a nosa lingua. Este ano está adicada a un home polifacético. No cole de Friáns-Teis fixeron un magnífico traballo que queren compartir con todos nos. Gozade del premendo aquí
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 06-05-2012 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
E ti, que estás a ler?
Outra das actividades que fixemos para celebrar o día do libro foi cotillear un pouco nas lecturas dos nosos compañeiros e profes. Queredes saber que estaban a ler o día do libro?

Cotillea un pouquichiño

Comentarios (2) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 02-05-2012 15:44
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal