BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NOVO BLOG DE LENGUA CASTELLANA

Aqui vos presentamos o último blog dirixido por Julia Seguín, coa participación das alumnas e alumnos de 3ºESO.

Trátase dun blog entorno á obra de García Lorca, "La Zapatera prodigiosa" no que poderedes escoitar as voces dos vosos compañeiros, facilitandonos o acceso á obra.
ESPECIALMENTE RECOMENDADO!
BLOG DE LENGUA CASTELLANA DE 3º ESO
Comentarios (1) - Categoría BLOGS DO CENTRO - Publicado o 26-05-2010 20:26
# Ligazón permanente a este artigo
INTERNET SEGURO

BIBLIOSBARDOS - INTERNET SEGURO

Create Your OpenZine
BOLETIN INTERNET SEGURO
Comentarios (0) - Categoría FERRAMENTAS - Publicado o 19-05-2010 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
UXIO NOVONEIRA
Nestas datas que se aproximan ao 17 de maio é bo momento para profundizar na figura e na obra de Uxio Novoneyra ,á quen vai adicadada este ano a conmemoración. Moitos son os materiais elaborados ata o momento, o que facilita moito o labor dos bibliotecarios escolares, e do profesorado, en xeral.
Nos queremos destacar dous en especial:
En primeiro lugar vos presenamos este ISSU sobre Novoneyra, realizada por Antonio Martínez do IES Alfonso X O Sabio, de Cambre.




En segundo lugar, e dirixido ao alumnado de Secundaria, unha WEBQUEST elaborada conxuntamente polo anterior prOfesor e Loly Lago do IES de Fene, que o puxeron á nosa disposición.

E de paso, botádelle unha ollada a eses estupendos blogs.Aquí tedes os enlaces.
WEBQUEST SOBRE NOVONEYRA
BLOG DA BIBLIOTECA DO IES ALFONSO X O SABIO
BLOG
Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 15-05-2010 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
UXIO NOVONEIRA E A MEMORIA HISTÓRICA
Aqui deixamos esta presentación feita polo equipo de biblioteca do CPI "LUIS DIAZ MORENO" de Baralla (Lugo)sobre un romance de Uxio Novoneyra que leva por titulo "Manoel de Ribadaira" e qeu recolle o fusilamento de Manoel Cela. Unha mostra da faceta social do autor que pon en evidencia a necesidade de non perder a memoria histórica que hoxe parece estar moi mal vista en certos sectores do noso país.

Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 15-05-2010 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
OS MAIOS
Esta anterga tradición, conservada sobre todo na provincia de Ourense, Viveiro e algúns outros lugares espallados pola xeografía galega ven de ser reivindicada nos últimos anos, especialmente nos colexios .

"O Maios, na súa manifestación máis sinxela, é un rapaz, coberto de edra, panqueixo, cangorza, espadaña, follas, ramaxe diverso e frores, velada a cabeza cun pucho de xuncos, que sae o primeiro ou primeiros días, de maio, arrodeado dun coro de nenos ou mozos a percorrer as rúas do pobo e que xa se acredita na Compostela do meioevo.". Así explica Xesús Taboada Chivite, no seu libro "Etnografía galega", publicado en 1972 esta festividade.
No seu recorrido o maio cantaba unha estrofa que os demáis repetían:
Eí ven o Maio
pola calle arriba
eí ven o Maio
que Diolo bendiga.

As veces tírase ao chan i o coro cantaba:

Levántate maio
que tanto durmiches,
pasou o inverno
e non o sentiches

Esta tradición mantense en Viveiro, inda que xa mesturada con certos modos cristianizados, como as cruces de maio.


















Pero o maio máis persistente, especialmente na provincia de Ourense, e hoxe en moitos colexios da nosa comunidade é o de tipo figurativo: coniforme ou piramidal adornado con ramas, follas, fores e ovos. Levan pariolas ou rodas para seren trasportados.
Unha mostra deste último é a que podedes apreciar no vídeo que recolle os maios premiados este ano no noso centro.



Comentarios (1) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 07-05-2010 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 05-05-2010 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
COMO CONVERTIR EL QUIJOTE EN UN LADRILLO

O domingo 2 de maio apareceu publicado no semanal de "El Pais" un artículo de Rosa Montero, titulado "Como convertir El Quijote en un ladrillo" que expresa de maneira moi clara o que moitos desde as bibliotecas escolares, pensamos que explica unha parte importante do fracaso da escola á hora de formar lectores, e que con moita paixon invitámosvos a ler.
artículo de Rosa Montero en El País
Comentarios (0) - Categoría AUTORES - Publicado o 02-05-2010 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
FOTOS DA VISITA DE CONCHA BLANCO
Comentarios (0) - Categoría AUTORES - Publicado o 01-05-2010 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
MONUMENTOS DE NAVALAGAMELLA
Os alumnos e alumnas participantes no proxecto "VEN E COÑECENOS" do programa ARCE de itnercambios entre comunidades, visitarán no próximo mes de xuño a localidade de Navalagamella, na comunidade de Madrid, onde se encontra o colexio público de San Miguel.
Ali xuntaranse con nenas e nenos de Girona e Málaga para ter un primeiro contacto entre todos, visitando algúns lugares da comunidade de Madrid.
Neste video podemos ver os principais monumentos da localidade
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 01-05-2010 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal