BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NORABOA A JULIA E AOS SEUS ALUMNOS-AS
PREMIO AO MELLOR CADERNO DIXITAL
"
Cada mes Prensa-Escuela premiará aos mellores blogs, e ao final de curso haberá un galardón especial para o mellor Caderno Dixital do ano. O xurado valorará principalmente o grao de innovación pedagóxica, a estética, que os textos sexan amenos, a calidade e a adecuación dos vínculos que se acheguen no blog, a orixinalidade dos títulos, a integración do aula, o respecto ás fontes de información e a coherencia".

Así figuraba na convocatoria de Cadernos dixitais(Blog) de "La Voz de Galicia"

A QUE NON SABEDES QUE BLOG FOI PREMIADO?
PISTA : Entrade no estupendo blog que aparece a continuación e botádelle un vistazo? Non credes que merece un premio?
Comentarios (2) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 27-05-2009 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
blog de aula de Julia Fernández Seguín
libros
Blog de aula elaborado por alumnos e alumnas de 1º ESO coordinados pola profesora de Lingua Castelá Julia Fernández Seguín, no presente curso 2008/2009 dentro do programa PRENSA-ESCUELA do xornal "La Voz de Galicia"
blog de Julia Fernández Seguín e seus alumnos de 1º ESO
Comentarios (1) - Categoría BLOGS DO CENTRO - Publicado o 27-05-2009 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
CABALEIROS E CASTELOS

O curso 2008-09 os alumnos e alumnas de 4ºA coñeceron un pouco sobre a vida das xentes na "Idade Media": como vivían, como se divertían...
Subimos á biblioteca onde hai un expositor con libros sobre este período da historia. Hainos moi interesantes.


Ademáis vimos unha web moi interesante, feita por un colexio de Avilés,
o CP Poeta Juan Ochoa de Aviles(Asturias)

OS MOSTEIROS eran lugares onde os monxes oraban e copiaban libros. Se queres saber máis, escoita este video sobre target=_blank class=tEnlac>os mosteiros.
web educativa sobre el feudalismo
presentación sobre a sociedade feudal
Comentarios (3) - Categoría TEMAS MONOGRÁFICOS - Publicado o 23-05-2009 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
MORRE BENEDETTI
Mario Benedetti
BENEDETTI Y NACHA GUEVARA


Mario Benedetti faleceu onte en Montevideo aos 88 anos.


HASTA MAÑANA


Voy a cerrar los ojos en voz baja
voy a meterme a tientas en el sueño.
En este instante el odio no trabaja

para la muerte, que es su pobre dueño
la voluntad suspende su latido
y yo me siento lejos, tan pequeño

que a Dios invoco, pero no le pido
nada, con tal de compartir apenas
este universo que hemos conseguido

por las malas y a veces por las buenas.
¿Por qué el mundo soñado no es el mismo
que este mundo de muerte a manos llenas?

Mi pesadilla es siempre el optimismo:
me duermo débil, sueño que soy fuerte,
pero el futuro aguarda. Es un abismo.

No me lo digan cuando me despierte.



Nos queremos deixar dende o noso blog o sentemento da perda dun poeta do amor e da vida.
Por iso fixemos unha pequena selección na que poderemos escoitar tanto ao autor como a Nacha Guevara interpretando un dos seus poemas.

Recomendamosvos as paxinas de enlace nas que poderedes profundizar na súa vida e obra, con unha buoa selección dos seus poemas, para ler ou escoitar.

Entre recital poético e musical esta actuación de Nacha Guevara, cun poema que non precisa comentarios "vamos juntos compañero" queremos dar comezo ao noso particular homenaxe a este poeta que ainda está con nos.

Inda que hoxe as cousas están a cambiar, non esquezamos que non hai moito cantar "Te quiero" estaba prohibido

A voz de Mario Benedetti recitando o seu poema "Hagamos un trato"non pode deixar insensible a ninguén.

Máis información no blog de aula Julia Fernández Seguín(ver noticia)
biografia e obra de Mario Benedetti
Selección de poemas de Mario Benedetti
Arquivos de voz de Mario Benedetti
Comentarios (4) - Categoría AUTORES - Publicado o 18-05-2009 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Que ben coxea o galego!
O GALEGO UNE
LETRAS GALEGAS, PESE A QUEN PESE
No suplemento "LUCES DÍA DAS LETRAS" do xornal "El País" do domingo, con motivo do "Día das Letras Galegas", leo un artigo de Manuel Rivas que recomendo a todos. Tentei enlazalo dende o xornal, pero non fun quen de atopalo.
Comeza cun "conto popular" que deixo aqui...

"Era unha vez un home qu tiña moita envexa do seu veciño. Pouco máis ou menos, a súa facenda era a mesma. Unha horta cun número semallante de froiteiras. Estaban á par en gando. Tiñan a mesma extensión de leiras e de herbais e prados xemelgos que lindaban na ribeira. Ningún deles estaba por riba do outro. Tiñan candansúa casa con chimenea e fume. Contaban con mesmo número de horas e días ao ano na quenda da auga de rego e do uso do muíño.
Mais o home tiña algo que o outro non tiña. Tiña envexa, un sentimento atravesado que condicionaou o seu maxín e sentidos. El tiña colmeas que daban bo mel, mais un día espertou cun sabor amargo na boca. Por que era mellor o mel do veciño? E as mazás?Por que eran máis saborosas as mazás do veciño? E o leite? Por que daban máis leite as vacas do veciño?
Cando comentou a súa teima cun irmán, este tentonuno devolver á realidade. Por exemplo, o seu viño era mellor que o do veciño. Iso ainda o alporizou máis. El non era un parvo. En comparanza co seu, ácido e revolto, o viño do veciño era o do Cantar dos Cantares! O gusto, o ollar, a medida das cousas. O prexuízo ía tomando posesión del. O veciño era un inimigo. Había que imporse a el, dun xeito ou doutro. E foi así que o noso home decidiu pactar co Demo.
Iso de pacatar co Demo non é ningunha fantasía. Todos os días hai xente que nalgures pacta co Demo, que é máis pactista que Deus.
O pacto funcionou á perfección. O Demo, que é un as da propaganda, fíxolle ver que os seus frotios eran máis grandes e saborosas, que o leite das súas frisonas era todo manteiga, e que mesmo a súa soleira era máis soleada que a do veciño. Así que o home acougou, aínda que se mantiña en estado de vixía. Un día chegoulle a noticia de que o veciño fora atropelado por un camión. Era o intre de desentenderse do caso. Até que un día viu chegar un taxi ao adro do lugar. E do automóbil, con moita dificultade, baixou...o veciño!. Botou a andar apoiando en dúas muletas. E o noso home sentiu de novo o arrinque da dinamo do anoxo, e non puido menos que exclamar:"Que ben coxea este cabuxo(1)!"

(1) No artigo de Manuel Rivas aparece outro substantivo que evitaremos, dado que este é un blog "educativo"...E non queremos dar argumentos a quen pode dar a volta ás realidades máis evidentes.

Por certo...os alumnos e alumnas de 2º ciclo de EP do colexio traballaron este ano co galo do Dia do Libro, "El Quijote",(límolo "enteiro", un capitulo cada día). Fixeron logo unha adaptación propia para seus pais, nun castelán que a moitos daría envexa. Para que logo digan que o castelán corre perigo nas nosas aulas.
Non pode ser que todo isto teña algo que ver co conto?
Comentarios (2) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 17-05-2009 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
LIBROS VIRTUAIS
PINOCHO

Páxina de acceso ao texto completo, premendo aqui.

Comentarios (0) - Categoría LIBROS - Publicado o 15-05-2009 18:36
# Ligazón permanente a este artigo
LIBROS VIRTUAIS

EL PRINCIPITO

Para os amantes deste libro marabilloso vos presentamos unha web na que poderedes ler en linea o libro completo coas súas magníficas ilustracións, escoitalo ou , se preferides, ver a versión levada ao cine. Eu recoméndovos primeiro, a lectura.

Pulsa para entrar na páxina
el principito y la flor. vídeo
texto de
PAXINA PARA LER,VER OU OIR A HISTORIA
Comentarios (0) - Categoría LIBROS - Publicado o 15-05-2009 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2009

POEMAS MUSICADOS
Nesta semana das letras galegas non ven de máis recordar algúns poemas dos homenaxeados que reviven inda con máis forza cunha voz actual e fermosa.
Rosalia Castro foi a protagonista do primeiro día das Letras Galegas. Velaí dous dos seus poemas máis fermosos.






ADIOS RIOS, ADIOS FONTES
Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 14-05-2009 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
LIBROS RECOMENDADOS
DO OUTRO LADO DO OCÉANO
Do outro lado do Océnao chegan as voces de Cortázar, Luis María Pescetti e María Elena Walsh.

De Cortázar temos na nosa biblioteca un libro ilustrado precioso que tanto o poden ler pequenos como grandes, O discurso do oso (en realidade é un pequeno conto extraído de Historias de cronopios y de famas).

A Luis Pescetti podédelo ver e escoitar neste vídeo:



María Elena Walsh é poeta e cantante.

¿Coñeces esta canción?



E por último, esta é unha das ilustracións que aparecen no conto de Julio Cortázar do que se falou máis arriba e que está na nosa biblioteca. A ver quen o atopa!


Escoitando un conto breve de Cortázar
Audiovideoteca argentina
Comentarios (1) - Categoría LIBROS - Publicado o 13-05-2009 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
EDUCACIÓN INFANTIL E LETRAS GALEGAS
UNIDADE DIDÁCTICA SOBRE RAMÓN PIÑEIRO

As mestras de Educación Infantil do CEIP FRIAN-TEIS, en colaboración con Equipo de Normalización Lingüística e Frianciño, teñen elaborado esta Unidade Didáctica sobre Ramón Piñeiro, para que, tamén as alumnas e alumnos de infantil poidan coñecer algo sobre o autor ó que adicamos este ano o Día das Letras Galegas.
Pulsade RAMÓN PIÑEIRO, E ...a traballar!
UNIDADE DIDACTICA CEIP FRIAN-TEIS
Blog da Biblioteca do C.E.I.P. Frian - Teis
Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 12-05-2009 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal