BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Á CAZA DO TESOURO

Estas son dúas "Cazas" elaboradas por Serafín Vicente, profesor do centro.

Comentarios (0) - Categoría TEMAS MONOGRÁFICOS - Publicado o 23-05-2008 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
FRAGAS DO EUME
Caza do tesouro sobre As Fragas do Eume.

Aproveitando a visita que o alumnado de 6º de Educación Primaria do centro vai realizar o mércores 28 de maio ao Parque das Fragas do Eume, a titora de 6ºB, Charo, preparou unha "caza do tesouro" como preparación previa á visita.




Comentarios (0) - Categoría TEMAS MONOGRÁFICOS - Publicado o 22-05-2008 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
BLOGS DE AULA DE 3º E 4º ESO
Enlaces aos blogs de "Lengua Castellana y Literatura" do 2º ciclo ode ESO do CPI "Vicente Otero Valcarcel"
DePalique
julia-blogdeaula.blogspot.com
80librosenglobo.blogspot.com
Comentarios (1) - Categoría BLOGS DO CENTRO - Publicado o 15-05-2008 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2008-ALVAREZ BLAZQUEZ -XOGO
QUE SABES?

Queres comprobar canto sabes sobre X. M. Álvarez Blázquez? Pois reta a un compañeiro e mergúllate neste estupendo xogo realizado por Antón Vicente co Proxecto Xogamos?


Para 3º Ciclo de Primaria e para a ESO:


Xogo recollido no blog "O RECANTO DE MIK" da Biblioteca MESTRES GOLDAR VIGO
http://engalego.blogspot.com/
Comentarios (2) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 14-05-2008 15:09
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2008

¿A quen esté dedicado este ano o "Día das letras galegas?
Busca información sobre a súa vida e obra e contesta ás seguintes preguntas:
1.¿En que ano e en que vila naceu Xosé María?
2.¿A que se dedicaba o seu pai?
3.¿Como se chamaba a súa muller?
4.¿Cantos fillos tiveron?
5.¿Como lle chamaban familiarmente á filla a quen lle dedica "Roseira do teu Mencer"?
6.¿En que ano e en que cidade morreu Xosé María debido a unha afección cardíaca?
7.Escribe o titulo de tres libros que escribiu en galego.

Real Academia Galega
http://seminariogalan.org/inicio/portada
http://www.diadasletrasgalegas.com/homenaxeados.php
Comentarios (3) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 10-05-2008 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
ENCICLOPEDIAS
WIKIPEDIA EN GALEGO
WIKIPEDIA EN GALEGO
ENCICLOPEDIA SM
Comentarios (0) - Categoría FERRAMENTAS - Publicado o 09-05-2008 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
DICCIONARIOS
Diccionarios e enciclopedias para que podas realizar todas as consultas necesarias para os teus traballos, tarefas escolares e dúbidas.

http://gl.wikipedia.org/wiki/Portada

DICCIONARIO DE SINÓNIMOS
http://tradu.scig.uniovi.es/sinon.html

DICCIONARIO DE ANTÓNIMOS
http://tradu.scig.uniovi.es/anton.html

CONJUGADOR DE VERBOS
http://tradu.scig.uniovi.es/conjuga.html
Diccionario galego da RAG
diccionario da RAE
diccionarios de francés, inglés, italiano y portugués
Categoría FERRAMENTAS - Publicado o 09-05-2008 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
LIBROS RECOMENDADOS
TÍTULO: LA FLOR MÁS GRANDE DEL MUNDO
AUTOR:José Saramago
ILUSTRADOR: Joao Caetano
EDITORIAL: Alfaguara



"Las historias para niños deben escribirse con palabras muy sencillas, porque los niños, al ser pequeños, saben pocas palbras y no las quieres muy complicadas. Me gustaría saber escribir esas historias, pero nunca he sido capaz de aprender, y eso me da mucha pena. Porque, además de saber elegir las palabras, es necesario tener habilidad para contar de una manera muy clara y muy explicada, y una paciencia muy grande..."


Asi comeza este libro, escrito polo premio novel.
Toda unha leccion de modestia e cheo de poesía.
Igual de recomendable é a cortametraxe premiada cun Goya o presente ano, e que podedes ver nos enlaces.
http://www.elpais.com/articulo/cultura/flor/grande/mundo/elpepucul/20080327elpepucul_1/Tes
VER VÍDEO
MAIS INFORMACIÓN SOBRE O LIBRO
Comentarios (0) - Categoría LIBROS - Publicado o 09-05-2008 19:12
# Ligazón permanente a este artigo
PINGÜI

PINGÜI é dende este curso a nosa mascota.
Non porque sí , senón pola decisión de todos os asiduos visitantes da nosa biblioteca.
Todo empezou no primeiro trimestre...
A biblioteca quedaba baleira pola noite e os fins de semana. Necesitabamos alguén que coidara e vixiara os tesouros que a biblioteca garda.Pero....¿quen?

Moitas bibliotecas tiñan unha mascota que se encargaba de guiar a cantos novos visitantes accedían a nosa biblioteca, de acompañalos, de ensinarlles os seus segredos, as súas novidades...

¡Había que facer algo urxentemente!
Asi que decidimos poñer anuncios por todo o colexio para que , entre todos, atopasemos ao animal ideal.

CAMPAÑA "BUSCAMOS MASCOTA"
Comentarios (41) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 09-05-2008 19:03
# Ligazón permanente a este artigo

Co fin de atopar unha mascota que coide da nosa biblioteca polas noites e guíe aos nosos alumnos e alumnas nos misterios e aventuras que gardan os libros poñemos carteis por todo o colexio para atopala.
BUSCAMOS MASCOTA


REQUISITOS: -Que lle gosten os nenos.
-Ser amante dos libros (valorarase coñecementos sobre libros e
bibliotecas)
-Coñecementos de informática.
-Bo carácter e paciente.
-Disponibilidade de luns a venres.

OFRÉCESE: -Alimentación e vivenda gratuíta.
-Vacacións de verán, Nadal e Semana Santa.
-Ordenador portátil.
-Xogos, videos, DVD e internet con conexión adsl


Durante un mes os rapaces non paraban de preguntar e nos aproveitabamos para ver que tipo de mascota lles gustaria que fose.
Os expositores do andar da biblioteca estaban eses días repletos de libros de animais.

Por fin, un día anunciamos a boa nova, acabamos de recibir unha carta de resposta ao noso problema, asi que o anunciamos a traves do taboleiro da biblioteca.

XA TEMOS MASCOTA!
Estas son algunhas fotografías do seu album familiar.
O resto das fotos colocámolas no corredor da entrada: diferentes fotos de Pingüi , a súa familia e a súa infancia, con textos explicativos(IR A FOTGLOBOTECA PARA VER ALBUM FAMILIAR)


Comunicamos a todos o contido da carta:
A nosa mascota será un "pingüin emperador". No corredor tedes o seu album familiar.
Unha expedición recente adoptouno ao morrer seus pais, os cales foron devorados por un dos seus depredadores naturais.
A sociedade ecoloxista, sabendo que buscabamos unha mascota púxose en contacto con nos. Queren estar seguros de que o coidaremos ben e que saberemos como tratalo. Por iso enviáronnos un cuestionario para que lles devolvamos cumprimentado.
Seguro que os vosos profesores-as axudaranbos na tarefa.
Podedes buscar información na biblioteca ou na internet.

Isto serviunos como punto de partida dun traballo sobre o "pingüin emperador" ´por medio dunha miniwebquest "caseira" que podedes ver pinchando na categoria "WEBQUEST RECOMENDADAS"


TEMOS QUE POÑERLLE UN NOME


Xa só quedaba buscarlle un nome axeitado.
Tras o anuncio no taboleiro da biblioteca apareceron nomes de todo tipo, ¿a centos!. Asi que, despois de moito pensalo decidimos escoller 8 - aqueles que se repetían - e propor unha votación para escoller un deles. Deste xeito a nosa mascota acabou chamándose "PINGÜI". Algún pensará que non é demasiado orixinal, pero vos aseguramos que costou chegar aí. Por outra banda, ninguén preguntará aquelo de...E como é que se chama así?.

OS AMIGOS DE PINGÜI


Por fin, superadas todas as probas e conseguido un nome, xa tiñamos mascota...E non viña soa!
Apareceu cunha morea de amigos que podedes ver se visitades a nosa FOTOBLOGOTECA.
Comentarios (1) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 09-05-2008 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal