BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

VISITA DE CONCHA BLANCO

O xoves 29 de maio pola tarde, a escritora e docente Concha Blanco visitará o nos colexio para charlar coas alumnas e alumnos de 4º, que este curso disfrutaron coa lectura de "Tita", un dos libros da autora.
Neste libro coñecemos a Tita, unha asistenta que traballa na casa da familia de Fina, unha nena que nos conta a súa experiencia con este personaxe tan especial á que un día deixa de ver na casa...

Concha Blanco escribiu numerosas obras infantis e xuvenis, algunhas das cales podedes atopar na nosa biblioteca, asi como descubrir a temática de outros na presentación realizada por Violeta Corujo que tedes a continuación.

DATOS BIOGRÁFICOS
Comentarios (0) - Categoría AUTORES - Publicado o 28-04-2010 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
PRESENTACIÓN DOS ALUMNOS DE NAVALAGAMELLA
Como sabedes,este ano o centro está a participar no proxecto "VEN E COÑÉCENOS" xunto con outros centros de Girona, Málaga e Madrid.O proxecto, que ten unha duración de dous cursos, ten como finalidade coñecer as nosas localidades, a través das nosas bibliotecas. Con este fin, entre outras actividades, cada centro elaborou un vídeo de pressentación. Aqui vos presentamos o do centro de Madrid: o colexio San Miguel, de Navalagamella,que visitaremos no próximo mes de xuño.


CONCELLO DE NAVALAGAMELLA(MADRID)
CONCELLO DE TORREMOLINOS(MÁLAGA)
CONCELLO DE L´ESCALA(GIRONA)
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 25-04-2010 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
OS NENOS DAN EXEMPLO
No xornal "La Voz de Galcia" do pasado mércores 21 de abril apareceu unha reportaxe que debería facer reflexinar a moitos adultos: "O 77% dos galegos non utilizaron ningunha biblioteca durante o 2009".

Desde a nosa biblioteca do centro, igual que na maioria das BBEE constatamos día a día unha realidade moi distinta nos recreos diarios. Os nenos e nenas visitan a biblioteca para levar numerosos libros a casa e útilizan durante ese tempo os ordenadores para facer consultas relacionadas co traballo de aula("os lectores habituais empregan máis Internet que os non lectores).
Os libros electrónicos formarán parte das nosas vidas- e das nosas bibliotecas- máis pronto que tarde, e isto non suporá como algúns preven, a desaparición do libro. A imprenta supuxo unha xeralización do saber a traves dos libros e, sobre todo , a súa democratización, saindo dos mosteiros e popularizándose. Non importan tanto os formatos. Ofundametnal son os contidos e o que estes poden aportarnos.
Para os interesados nestes temas vos recomendamos os dous enlaces que aparecen a continuación:


la voz de la escuela
Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 25-04-2010 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
OS LIBROS, TECNOLOXÍA PUNTA
Neste mes dos libros invítovos a ver este orixinal vídeo sobre os libros que sempre coñecimos e que seguen a ter o seu espazo nestes tempos de tecnoloxía dixital.


Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 18-04-2010 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
A LENDA DE SAN JORDI
En Cataluña cada 23 de abril, día do libro e festa de San Jordi teñen por costume agasallar ás mulleres cunha rosa. Un costume certamente bonito pero cuxo significado moitos descoñecen. Os nosos amigos do colexio de l´Esculapi, que coñeceremos moi pronto no próximo intercambio que terá lugar no Escorial, en Xuño, a través do blog creado para o programa ARCE, nos ofrecen unha presentación moi interesante.
LENDA DE SAN JORDI
BLOG DE L´ESCULAPI
Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 18-04-2010 20:04
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DO LIBRO 2010

Un ano máis, o mes de abril conmemora dobremente o libro: Andersen, Cervantes, Shakespeare...
A nosa biblioteca foi medrando nos tres últimos cursos, dende a súa incorporación ao PLAMBE,en moitos aspectos: moitos máis libros, a introdución progresiva das TIC con sete puntos permanentes de acceso no seu recinto, novas estanterías, sillóns...pero, sobre todo, a masiva afluencia de alumnas e alumnos durante os recreos e no despois do comedor. O número de préstamos diarios segue manténdose, e as consultas nos ordenadores para os traballos documentais de aula fan que nos sintamos satisfeitos do conseguido, entre todos, durante este tempo.
A colaboración dos demáis centros, aportando materiais elaborados para traballar dende as aulas e as bibliotecas dos centros facilita este traballo, e fai que a nosa visión sobre estes temas se enriqueza, día a día.
Aqui vos presentamos dúas actividades realizadas con motivo do día do libro por dous destes centros, pertencentes ao PLAMBE:
unha "caza do tesouro"
realizada polo CEIP de COVAS-VIVEIRO , de Lugo

E esta presentación do realizada polo colexio milladoiro, de famosos que tamén len.
BO MES DO LIBRO!

http://issuu.com/bemilladoiro/docs/todos_a_lerVER PRESENTACION



PAXINA DA UNESCO
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 12-04-2010 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal