BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

BLOG DO CLUB DE LECTURA "DE LERIA"
Aqui tedes o blog do clube de lectura que xa vai polo segundo curso de andaina. Dirixido e coordinado por Anxo, profesor de Lingua Galega na ESO e incansable lector , un exemplo a seguir que conta cada día con máis adeptos.
Especialmente recomendado.
acceso ao blog do clube de lectura.
Comentarios (1) - Categoría BLOGS DO CENTRO - Publicado o 18-04-2008 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
LIBROS RECOMENDADOS

MI LIBRO, MI AMOR
Ya sé que eres muy viejo,
que has cumplido varios miles de años.
Sé que tu corazón anda por todas partes,
mil millones de veces repartido
en cientos de miles de bibliotecas.
Ya sé que te han prohibido muchas veces
y quemado otras tantas.
Pero te quiero como si hubieras nacido ayer,
como si fueras sólo mío,
y como si tu salvación dependiera de mí.


¡Y cómo no quererte,
cuando he vivido tanto de tu luz y tu sombra,
cuando he soñado tantas veces contigo entre las manos,
cuando, gracias a ti, he escapado al dolor
y he podido enfrentarme a la injusticia,
cuando has acabado por convertirte en toda mi memoria,
y,lo que es aún mejor, en toda la memoria de mi especie!
Por eso puedo sentir que te amé desde niño
y que te amaré siempre.
Por eso puedo gritar que eres la mejor herramientade mi libertad
y de la libertad de todos.
Reconozco que debo parecer exaltado,
admito que la gente se sonría al oír estas cosas...,
pero así somos los enamorados.
De verdad que no puedo avergonzarme, sino estar orgulloso,
de esas noches en vela pasadas a tu lado...
De ese temblor, emocionado, cada vez que te descubro...
De la pena de perderte y la alegría de reencontrarte,
y hasta de la ansiedad que me consume si no te tengo a mano.
Confieso que me ciega la pasión si digo que,
de tanto como han hecho los hombres,
eres tú lo mejor y lo más grande,
libro mío, amor mío...
Miguel A. Fernández-Pacheco
Comentarios (0) - Categoría LIBROS - Publicado o 16-04-2008 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
O HOMIÑO VESTIDO DE....
Despois da lectura de "EL HOMBRECITO VESTIDO DE GRIS" de Fernando Alonso e partindo da relación entre a cor e a vida do personaxe os alumnos de 6ºB realizaron algunhas "versións" das cales escollemos estas para que opinedes.
O gato que sempre vestía de azul

Había unha vez un gato que sempre ía vestido de azul.
Tiña botas azuis, tiña un sombreiro azul, tiña unha camiseta azul, tiña uns pantalóns azuis e unha capa azul.
Espertábase cun reloxo azul que lle regalara a súa nais. Despois de espertarse ía correr un pouco pola praia, á beira do mar azul.
Toma un troco de peixe azul e un iogur que ten a tapa azul. Despois toma un autobús, chamado “Miler Azul” para ir ao traballo.
Cando volve do traballo para comer vai á neveira e non hai comida. Entón vai ao supermercado para comprar, pero non encontra a comida que lle gusta. Volveu a casa, pero sen nada para comer. O gato volveuse tolo porque tiña que comprar comida que non lle gustaba.
Ao día seguinte foi ao traballo e o despediron. Así que tiña que buscar un traballo rápido para poder comer.
Pasaron dous días e o gato perdeu o reloxo que lle regalara súa nai.
O gato estaba perdido, non tiña comida que lle gusta e non tiña traballo e perdera o reloxo da súa nai.
Pasara xa moito tempo e o gato que sempre vestía de azul encontrou un traballo. A empresa chamábase “Río abaixo, cara ao azul”. Pagábanlle moitos cartos.
Ese mesmo día foi comprar comida e viu a comida que tanto lle gustaba. Chegou a casa e empezou a preparar a comida. De súpeto, escoitou un reloxo sonar e foi á habitación a mirar; púxose de xeonllos e mirou por debaixo da cama e encontrou o seu reloxo.

O gato era feliz de ter o seu traballo, a súa comida preferida e o reloxo que perdera.
Estaba tan contento que encontrou unha moza de cor vermella. A el o que lle importaba era ser feliz.
Comprendeu que non había que facer sempre o mesmo, senón ser feliz e facer cousas diferentes.



Airí Rodríguez Domenech (6ºB)


A nena vestida de vermello


Había unha vez unha nena que sempre vestía de vermello.
Tiña o pelo vermello, tiña unha cama vermella e a súa habitación era vermella.
Espertábase ao son dun espertador vermello.
O seu colexio era de cor vermella e ao chegar a casa duchábase cun xampú vermello.

Un día, ao rematar de ducharse seu irmán díxolle:
-Temos que compartir a habitación porque os avós van vir vivir aquí”.
Tiñan un problema: que ao rapaz gustábame o vede e á rapaza , o vermello.
Na habitación da rapaza o irmán puxo todas as súas cousas verdes. Puxeron media habitación vermella e a outra, verde.
Na casa xa estaban fartos de oílos discutir. Por ese motivo a rapaza empezou a sacar malas notas e a botaron do colexio.
Ao chegar a casa a nena choraba e os avós dixéronlle que acaban de chamar do colexio.
-Non te preocupes. Ímonos outra vez para a n osa casa.
Cando marcharon, ela e seu irmán deixaron de discutir porque xa non compartían habitación e no coléxioa volveron coller.


Raquel Rodríguez Costa

O neno vestido de azul


Había unha vez un neno que sempre vestía de azul.
Tinguira o pelo de azul.
Cada vez que ía xogar vestía de azul.
Tiña un espertador azul. E sempre se duchaba con auga tinguida de azul.
Almorzaba peixe azul e un anaco de torta azul.
Ía sempre á beira do mar azul e xogaba coa súa pelota azul.
Un día foi ao mar e atopou unha balea azul, ferida, e saíalle o sangue vermello. Entón dixo que quería saber por que non era azul o sangue da balea.
Logo cortouse e viu que o seu sangue tamén era de cor vermello. E tiña que saber por que. Así que foi ao oceanográfico de Valencia. Alí dixéronlle que non todo xiraba arredor dunha cor.
Entón aceptou todas as cores.

María Otero

A nena vestida de rosa



Había unha vez unha nena que sempre ía vestida de rosa.
Tiña unha saia rosa, tiña unha camiseta rosa, tiña zapatos rosa e tiña o pelo rosa.
Espertaba sempre no seu coarto rosa, cos ladridos do seu can, que tiña un lazo rosa.
Sempre lavaba os dentes co seu cepillo rosa.
Poñía unha diadema rosa e ía ao seu colexio na súa bicicleta rosa.

Pero a nena de rosa tiña un problema. Apuntárase nun equipo de fútbol porque lle encantaba o fútbol , pero as camisetas do equipo eran azuis e ela negábase a poñelo.
Pero as cousas non remataban aí : coñeceu a un rapaz guapísimo, pero o rapaz odiaba o rosa.
Ela pasou toda a noite cavilando no seu coarto rosa, pero non se concentraban; entón pediulle axuda a nai. A nai, que era moi lista, axudoulle , primeiro co do fútbol. Díxolle que ou empezaba a apreciar outras cores, ou que levara por debaixo do traxe de fútbol a súa roupa rosa.
Á nena encantoulle a segunda opción, pero ía suar moito con tanta roupa. Entón, subiu ao seu coarto, cerrou os ollos e probou o traxe de fútbol e...¡encantoulle!. Cando viu que lle gustaba máis có rosa tirou toda a roupa rosa e encheu o armario con roupa azul.
Pintou a súa bici de azul, pintou o seu coarto de azul, tinguiu o pelo de azul...
E así puido xogar ao fútbol e saír co rapaz ao que tamén lle gustaba o azul.


Carlota Placer


A MOZA QUE SEMPRE ÍA VESTIDA DE AMARELO


Había unha vez unha moza que sempre ía vestida de amarelo.
Tiña un vestido amarelo, tiña un sombreiro amarelo, tiña uns zapatos amarelos e tiña o pelo louro.
Levantábase cando sentía a calor do sol.
Tomaba unha ducha na bañeira amarela.
Almorzaba unha mazá amarela e zume de limón.
Collía todos os días o bus amarelo.
Traballaba nunha oficina amarela.

A moza vivía nun piso pero era de cor vermella, e queríase mudar para unha casa amarela, pero ao mozo gustáballe o piso de cor vermella.
De alí a uns días ían casar e a moza quería que os dous fosen de amarelo, e o mozo quería que os dous fosen de vermello.
Discutiron varios días sobre se se mudaban ou non, se casaban ou non. Ata que , un día, a moza, farta de discutir díxolle ao mozo que nin se mudaban , nin casaban, senón que cada un fose polo seu camiño.

E así foi. O mozo buscou unha moza á que lle gustaba o vermello, e a moza buscou un mozo que lle gustase o amarelo.
E os dous foron felices , cada un coa súa parella.

Tania (6ºB)



O home vestido de amarelo


Había unha vez un home ao que lle gustaba a cor amarela.
Tiña o pelo amarelo, o pantalón amarelo e a camisa amarela.
Polas mañás espertábase co arrecendo do limoeiro que tiña ao lado da cama.
No baño tiña unha xerra de cor amarela, con limoada para lavarse a cara plas mañás.
Almorzaba unha tortilla amarela.
Para ir traballar sempre ía pola pradeira abaixo porque a herba estaba amarela.

Un día, coñeceu a unha muller e decidiron casar. Pero había un problema: que á muller non lle gustaba nada o amarelo. Só lle gustaba o vermello.
Polas mañás tiñan que facer dous almorzos: unha tortilla amarela e un té vermello.
Para traballar, a muller tiña que ir en taxi, porque o coche que tiñan era amarelo.
O home sempre tiña que facer a cea porque a muller non podía ver diante a cor amarela.

Un día decidiron pintar a casa, pero a muller comprara a pintura de cor vermella, e o home de cor amarela. Eles empezaron a discutir e a pegarse pero, de súpeto , tropezaron cos botes e...¡Fíxose outra cor!
-É moi bonita. ¿Que tal se a pintamos de laranxa?
Entón pintaron a casa de laranxa, levaron o coche para tinguilo de laranxa. E tamén puideron turnarse para facer a comida, porque aos dous gustáballes esa cor.


¡¡¡O Laranxa!!!


Julián Rey López (6ºB)
Comentarios (15) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 14-04-2008 19:50
# Ligazón permanente a este artigo
XORNAL.COM
Xornal con noticias en galego e castelán.
XORNAL.COM
Categoría FERRAMENTAS - Publicado o 13-04-2008 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
DIARIO DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Diario editado integramente en galego, especializado en temas universitarios e culturais.
acceso a portada do xornal
Categoría FERRAMENTAS - Publicado o 13-04-2008 20:52
# Ligazón permanente a este artigo
DIARIO DE PONTEVEDRA
http://diariodepontevedra.galiciae.com/
Categoría FERRAMENTAS - Publicado o 13-04-2008 20:50
# Ligazón permanente a este artigo
EL PROGRESO
http://elprogreso.galiciae.com/
Categoría FERRAMENTAS - Publicado o 13-04-2008 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
GACETA DE GALICIA
http://gacetadegalicia.usc.es/
Categoría FERRAMENTAS - Publicado o 13-04-2008 20:29
# Ligazón permanente a este artigo
GALICIA HOXE-EL CORREO GALLEGO
Edición dixital en galego de "EL CORREO GALLEGO"
http://www.galicia-hoxe.com/
Categoría FERRAMENTAS - Publicado o 13-04-2008 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
LA VOZ DE GALICIA
http://www.lavozdegalicia.es/portada/index.htm?idioma=galego
Categoría FERRAMENTAS - Publicado o 13-04-2008 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal