BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Día da muller traballadora.
Como non podia ser doutro xeito, unha das nosas mulleres traballadoras deste curso é Fina Casalderrey. O alumnado de 2º de primaria, leva xa unhas semanas traballando coas súas obras e agora achégannos este fermosísimo texto feito de xeito colaborativo. Gozade del.



"O mellor, sen dúbida"


Non o pensou máis, levaba demasiado tempo cavilando e de súpeto viuno claro, escribiu "O traballo de ser mamá é o máis importante". Sorriu, apagou o portátil e colocou o dicionario no andel.

Estaba cansa, pechou os ollos e lembrou... a súa casa na aldea de Xeve (Pontevedra), aos seus pais e avós. Aqueles días nos que non había moitos luxos pero sí as fermosas historias de lobos e raposos do avó e unha radio que escoitaban todos á noite. As veces que lle pedía a seus pais unha irmá, que ao final veu. As merendas nas leiras as longas tardes do verán. As conversas no lavadoiro nas que todas rían co que contaban as maiores. O medo que sentía cando tiña que carrexar caldeiros de auga á noitiña. O paso do tempo, como ía medrando e como tomaba decisións: estudar maxisterio, saír da casa por primeira vez, a primeira escola, formar unha parella, ter dous fillos preciosos...

Ao abrir o día, espertou. Enriba da mesita estaba o seu aliado dende hai anos. Colleuno e púxose a organizar a xornada, mentres lle facía uns mecos á gatiña:

Almorzo cos meus, o máis importante.
Preparar o artigo do sábado para o xornal.
Xantar con Mariano García, para intercambiar novas receitas gastronómicas e falar das nosas cousas.
Tomar café con Uxía Blanco e comentar como vai a adaptación de "Querido Tomás". Logo, achegarnos ao ensaio.
Xunto coa familia cambiar impresións, durante a cea, das ideas sobre as que estará baseado o discurso de ingreso na Real Academia Galega.

Tantos traballos... ama da casa, escritora, etnógrafa, boa cociñeira, mamá, actriz, académica, profesora, poetisa. Xa estaba elixido, sen dúbida.

2º A - Titora: Alicia Patiño
Comentarios (0) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 11-03-2013 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
Ler é cousa de todos
Presentámosvos un artigo que todos deberíamos ler e ter en conta a hora de fomentar a lectura entre os máis pequenos.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 05-03-2013 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
Día da muller -
Unha das bibliotecas escolares referentes no noso país e a do cole Milladoiro. Este curso poñen en común toda esta serie de recursos, non vos perdades ningún deles, especialmente é do meu gusto a webquest.

Seguro que poden servirnos de axuda para as labores de investigación que sabemos algunhos grupos xa están a realizar, como este recurso, que agradecemos ao alumnado do IES Frei Martín Sarmiento.

Tamén podemos dirixirnos aquí, onde están recollidos moitos datos das mulleres que nos ocupan estes días.

E si optamos por navegar, fagámolo con rumbo, e antes de empezar repasemos como sacar o máximo proveito dos buscadores, recurso que nos achegan Olga Rodríguez e Charo Sánchez-Gabriel.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 04-03-2013 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal