BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Novo blog
Estamos de noraboa! O equipo de dinamización lingüística, está a estrear blog! Seguro que resultará a "Mar" de interesante (ja,je,ji)!
Premede aquí, pero tede en conta que a partir de hoxe estará entre os nosos favoritos.
Sexa benvido o equipo ao mundo dos blogs. Seguro que todos xuntos poderemos aprender ainda máis.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 28-02-2013 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
Buscadores seguros
Hai moita vida máis aló de Google, e moitas veces moita máis seguridade. A través da Asesoría de bibliotecas escolares, recibimos este artigo que pode axudarnos nas nosas pesquisas na web.Buscadores seguros
E de paso, recordamos que O Día Internacional de Internet Seguro, que se celebra o 8 de febreiro, naceu co obxectivo de promover en todo o mundo un uso responsable e seguro das novas tecnoloxías, especialmente entre os menores e os mozos. A cita está promovida pola Comisión Europea e está organizada por INSAFE, a Rede Europea por un Internet Seguro.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 01-02-2013 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal