BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Algúns libros de Neira Vilas
Na nosa biblioteca atoparedes algunhas grandes obras de Neira Vilas. Non perdades ocasión de lelas! Velaquí algúns dos libros do mencionado escritor:
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 04-12-2015 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Xosé Neira Vilas

Vai unha semana do pasamento do escritor Xosé Neira Vilas, e dende o noso centro, queremos rendirlle unha pequena homenaxe á figura do autor de Memorias dun neno labrego.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 04-12-2015 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Premio Luis Freire de Investigación Científica
Con motivo do galardón que acadou o noso centro, Premio Luis Freire de Investigación Científica, grazas ao proxecto ¿Es verdad que la luz de la luna pone verdes las patatas?, presentado por Mar Domínguez Pacheco e o seu grupo de alumnado (curso 2014/15), dispoñémonos a realizar a seguinte entrevista á mestra implicada e actual directora.

Bo día. Ante todo, noraboa polo premio Luis Freire.
Moitas grazas.

Poderíasnos dicir que tal foi a experiencia deste proxecto?
O máis importante a destacar foi a actitude durante a investigación: @s alumn@s estaban motivados, comprometidos, e sorprendidos por levar a cabo unha investigación científica. Tamén tomaron conciencia do traballo en grupo e a responsabilidade, e así percatáronse por exemplo, como un erro no rexistro afecta a todo o equipo. Este tipo de experiencias rompe esquemas, porque sae fóra da pauta do libro de texto.

A actual sociedade da información fai imprescindible a presenza da biblioteca escolar como centro dinámico de recursos. Que papel pode desempeñar a biblioteca, segundo a túa opinión, para fomentar a ciencia entre o alumnado?
Dar a coñecer revistas de divulgación científica , xa que non se promociona moito este tipo de material. Ademais, son unha gran fonte de documentación, e contribúe a espertar inquietudes entre @s nen@s.

Luis Freire comezou os estudos universitarios de Bioloxía aos 57 anos. Semella que a capacidade de aprender e a curiosidade son perennes no tempo. Cres que podemos achegarnos á ciencia en calquera momento das nosas vidas?
Si podemos e debemos iniciar novas aprendizaxes en calquera idade, mais o profesorado da universidade dinos que as vocacións científicas deben sementarse na Educación Primaria, así que non podemos descoidar a importancia desta etapa educativa ao respecto.

Moitas grazas pola túa atención.
De nada. Ata outra!
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 04-12-2015 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal