BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Regalemos galego 2012
Un ano máis as nosas recomendacións de agasallos de Nadal. Este ano a nosa ollada volveuse cara os xogos tradicionais, xogos para compartir o tempo cos nosos, para darlle valor ao que realmente o merece.Gozade deles e boas festas!

Regalemos galego
Comentarios (1) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 19-12-2012 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
As nosas guías de lectura... e máis
Este curso interesámonos aínda un pouquiño máis polos recursos dixitais. Este é un dos motivos, entre outros, polo que optamos a publicar as nosas primeiras guías de lectura en formato dixital.
Esperamos que vos gusten e que saquedes bo partido delas


Guía primaria

Guía infantil

Guía secundaria
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 18-12-2012 21:41
# Ligazón permanente a este artigo
Ta-ta-ta-chan...
Que cousiña cousa é que Bea fixo e ti non ves?

Da igual que non contestes agora. Mañá no cole xa o verás.

É moi feitiño! Do tamaño axeitado, cheo de cores ... e de palabras...

Bea: Noraboa, conseguíchedelo! Agora a por outro!

Que cousa é?
Comentarios (0) - Categoría AUTORES - Publicado o 17-12-2012 22:21
# Ligazón permanente a este artigo
Xa chegan
Os Reis, o Apalpador, Father Christmas.....
Nooooooon.... as vacacións!!!!
Moito tempo para compartir, ler e disfrutar. Nos próximos dias teremos á vosa disposición unha guía de lecturas moi innovadora e de momento ofrecémosvos un feixe de recursos que nos fixeron chegar dende o EDL.


Recursos de Nadal
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 12-12-2012 14:52
# Ligazón permanente a este artigo
¡¡¡¡BOA SAÚDE!!!!
Ó fio da celebración do día da Constitución e en relación co Artigo 43 (“Recoñécese o dereito á protección da saúde. Compete aos poderes públicos organizar e tutelar á saúde pública a través de medidas preventivas e das prestacións e servizos necesarios. A Lei establecerá os dereitos e deberes de todos ao respecto. Os poderes públicos fomentarán a educación sanitaria, a educación física e o deporte. Así mesmo facilitarán a axeitada utilización do lecer) o departamento de Educación Física quere aportar unha direción que nos pode axudar a xestionar o noso tempo de lecer e a buscar alternativas para a práctica de diferentes actividades físicas. Tamén nos pode aportar curiosos artigos relacionados coa saúde e algunha guía sobre directrices da comunidade europea en relación con este tema. Esperamos que sexa de utilidade. Ai vai:Galicia Saudable
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 09-12-2012 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal