BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

BOLETIN NADAL 2009
Aqui tedes as nosas recomendacións para as vacacións. Botádelle un vistazo!
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 28-12-2009 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
BOLETIN NADAL 2009
Comentarios (0) - Categoría LIBROS - Publicado o 21-12-2009 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
CHRISTMAS SONG
We celebrate Christmas at school.

Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 15-12-2009 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
REGALEMOS GALEGO2009
UN ANO MÁIS O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA PRESENTA A PUBLICACIÓN "REGALEMOS GALEGO". UNHA FERRAMENTA INDISPENSABLE PARA AGASALLAR, TAMÉN NESTAS FESTAS, EN GALEGO.

target=_blank class=tEnlac>CATÁLOGO REGALOS
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 13-12-2009 17:02
# Ligazón permanente a este artigo
DEREITOS HUMANOS

Interesante webquest elaborada polo CEIP ANDRADE, de Pontedeume
Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 11-12-2009 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
O NOSO NADAL
Pouco a pouco imos recuperando antigos personaxes cáseque esquencidos pola "globalización" e outras razóns.
O APALPADOR no Courel, O PANDIGUEIRO en Manzaneda ocupan hoxe as portadas dos nosos blogs nun intento de recuperar unhas figuras que marcaban o ciclo anual do inverno e que foron substituidas-ou eliminadas- polos REIS BAGOS E PAPA NOEL, con matices moi diferentes.
Trátase da mesma figura que en Navarra baixa todos os anos con parecidas intencións: O OLENTZERO.
Os ciclos naturais, a tradición- a auténtica,a que xurdiu no alen dos tempos- que xunta culturas porque, ao final, todos os camiños veñen do mesmo-aparece en canto "escudriñamos" na memoria colectiva, cada vez máis influida polos medios de comunicación.
Por iso é importante que as recordemos, e levantemos acta para as futuras xeraciós. Para que non esquezamos de onde vimos.
Os cantos de Reis, os maitines, os manueles...
A memoria dos máis vellos soubo mantelos. Esta é a nosa aportación a esa memoria.
Botádelle un vistazo ás entradas que sobre o Nadal en Galicia presentamos.

E, para coñecer outros xeitos de pasar o Nadal, nada mellor que examinar a webquest realizada polo CEIP FRIAN-TEIS
Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 11-12-2009 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
O APALPADOR
Nadaliña do apalpadorXesús Taboada Chivite refire o costume que denomina "a noite de apalpadoiro" e que consiste en palpar o ventre das persoas na noite de fin de ano por ver se comeron ou non para todo o ano que entra. Semellantes testemuños a este procedentes de diferentes lugares da montaña de Lugo refiren o mesmo hábito, ou rito, denominado "apalpadoiro" ou "apalpadoira" que se facía na noite de fin de ano. Consistía en apalpar o ventre, sobre todo o de nenos e nenas, para saber se comeron o suficente para que o ano que entra non sexa de fame, senón de fartura.

O investigador José André Lôpez Gonçâlez publicou en AGAL-GZ, Portal Galego da Lingua, no Nadal do ano 2006 un artigo que facía referencia a este personaxe deixando constancia da súa pervivencia na memoria das xentes de Loúzara, O Courel e O Cebreiro e recompiladas por el no ano 1994.



Trátase dun xigante carboeiro habitante das devesas. boina, casaco esfarrapado e remendado, fuma en pipa e aliméntase de bagas e xabaríns.
O útimo día do ano baixa da montaña e visita aos nenos e nenas cando están durmidos. Entón, apálpalles a barriga por ver se están cheos ou se teñen fame e déixalles unha manchea e castañas
Outras testemuñas falan do PANDIGUEIRO en terras de Trives.

Xesús Taboada Chivite refire o costume que denomina "a noite de apalpadoiro" e que consiste en palpar o ventre das persoas na noite de fin de ano por ver se comeron ou non para todo o ano que entra. Semellantes testemuños a este procedentes de diferentes lugares da montaña de Lugo refiren o mesmo hábito, ou rito, denominado "apalpadoiro" ou "apalpadoira" que se facía na noite de fin de ano. Consistía en apalpar o ventre, sobre todo o de nenos e nenas, para saber se comeron o suficente para que o ano que entra non sexa de fame, senón de fartura.


target=_blank class=tEnlac>O APALPADOR VISITA AS RÚAS NO NADAL

Podedes botar unha ollada aos artigos xornalísticos que aparecen nas páxinas indicadas abaixo.

Para os máis pequenos esta webquest spbre o apalpador , realizada polo CEIP FRIAN
GALICIA ENCANTADA
A NOSA TERRA
LA VOZ DE GALICIA
Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 11-12-2009 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
LIBROS SOBRE O APALPADOR
Unha interesante páxina web nos achega a esta figura, incluíndo algunhas páxinas do conto de Xoan G. editado por Biblos co título de
O Apalpador

Se queredes podedes ler e desfrutar do conto agora mesmo, ou collelo da biblioteca do cole.
O APALPADOR (versión en pdf)
Comentarios (0) - Categoría LIBROS - Publicado o 11-12-2009 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal