BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e Nenas
Onte, día 20 de novembro, conmemorouse o Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e Nenas, en honor á Declaración dos Dereitos do Neno e a Convención dos Dereitos do Neno que tiveron lugar tamén un 20 de novembro de 1959 e 1989, respectivamente.

Desde a biblioteca do centro, sumámonos ao labor de reivindicar os dereitos da infancia á igualdade, á identidade, á familia, á educación, ao xogo, á saúde, á expresión, á privacidade, á protección e á integración.

Acudide ver a exposición de libros seleccionados para esta ocasión!
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 21-11-2016 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA DO ESCRITOR MANUEL GUISANDE
A semana pasada tivemos oportunidade de compartir tempo e espazo co escritor Manuel Guisande, que levou a cabo un obradoiro de escritura creativa co alumnado de sexto de Primaria. Tamén aproveitou a ocasión para dedicarnos un dos contos de "Rodribico" e amosarnos que, ademais de escribir, tamén debuxa extraordinariamente.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 15-11-2016 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal