BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Pon a túa man e di Stop!

Pon a túa man e di Stop, foi o lema co que quixemos manifestar a nosa total oposición á violencia de xénero no seu día internacional.

Voluntariamente fomos pasando polo corredor da biblio para plasmar a nosa man violeta nun grande mural.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 28-11-2014 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
Acabáronse as bágoas


Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 24-11-2014 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
Educar en valores contra a violencia de xénero

Achégase o 25N, Día Mundial contra a Violencia de Xénero e que mellor maneira de comenzar a mover conciencias que co libro que vos presentamos.

Carlota é a protagonista do conto, unha princesa rosa que quere deixar de selo, cres que o conseguirá?

Pincha aquí para descubrilo
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 22-11-2014 00:31
# Ligazón permanente a este artigo
Día Universal do Neno
O Día Universal do Neno, que se celebra o 20 de novembro todos os anos, é un día adicado a todos os nenos e nenas do mundo.

É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 20-11-2014 16:59
# Ligazón permanente a este artigo
Semana da música

Esta semana está cargada de novidades que non vos podedes perder. A primeira que vos queremos contar é que unha nova exposición temática xa se pode ver no corredor da biblio, o tema elexido esta vez non podía ser outro: a música.

E por que a música e non calquera outra cousa? A resposta é sinxela, o vindeiro 22 de novembro é o día de Santa Icía, patrona da música. Adóitase festexar con concertos de todo tipo e desde a nosa biblioteca animámosvos a asistir a algún que se celebre pola zona.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 19-11-2014 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
Un trailer arrepiante
Aínda que nos últimos días non publicamos ningunha entrada non queremos deixar pasar a oportunidade de ensinarvos o trailer de medo que fixeron algúns alumnos e alumnas de ESO para festexar o Samaín.

Aínda que o resultado é verdadeiramente terrorífico, tan so é froito da imaxinación!




Por último, invitámosvos a visitarnos nos próximos días porque imos retomar algunhas actividades que temos pendentes e moitas outras cousas máis.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 14-11-2014 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal