BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Pequenos empresarios
As alumnas e alumnos de 6º A, andan a facer manualidades que poñen á venda para así, sufragar parte dos gastos da excursión de fin de curso. Quérelos axudar? Teñen uns precios incriiiiiiiiibles!
Comentarios (3) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 28-11-2012 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
Corenta e tres
Foron as mulleres, según o Ministerio do Interior, asasinadas desde o 1 de decembro. Outras fontes falan de máis. Nos desexamos que ningunha muller máis, nin cerca, nin lonxe, sexa sometida a maltrato de ningún tipo, e por iso, recordamos a todas elas. Siluetas tan fráxiles como o papel, cargadas de pensamentos, noticias, vida... Con nomes, para non esquecelas nunca
.
Comentarios (1) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 28-11-2012 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
Os mércores de conto.
Ainda que non van ser sempre o mesmo día, xa inauguramos os "Mércores de conto". O venres pasado Mª José, a profe de reli, deu a saída cos nenos de 2º, e foi todo un éxito.
Estade todos atentos, o martes tocarálle aos nenos de 6º, e a encargada de contárllelo será Pili. O mércores, xa resoltos todos os imprevistos, tocarálle o turno a Ana e aos nenos de 3º.
Gozade destas lecturas compartidas!

Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 24-11-2012 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: E ti, que tes que dicir?
Entre todas as actividades preparadas para o luns, temos unha especialmente importante e que nos acompañará durante todo o curso. Na cortiza nova haberá un espacio adicado permanentemente ás vosas opinións: "E ti, que tes que dicir?"
Esperamos que este espacio esté sempre a rebosar das vosas opinións, e que as manifestedes de forma clara e respetuosa para con todos.

Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 24-11-2012 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
25 de novembro: Todos contra a violencia de xénero
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 24-11-2012 22:10
# Ligazón permanente a este artigo
20 de novembro: Día dos dereitos do neno
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 18-11-2012 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
E ti como o fas?
Eu boto un bo puñado de fabas remolladas a víspera a ferver nunha pota con auga suficiente. Arrímolle unha puntiña de unto (se o teño), cun cachiño de porco (se o hai) e olvídome delas durante un bo anaco.
Mentras escoito un pouco a radio, limpo as nabizas con moito coidado (non me gusta nada atopoar un exceso de proteina animal no caldo), pelo as patacas e as escacho. Antes as cortaba sen máis, pero con tanto programa de cociña aprendín que é mellor partilas, para que "liberen" a fécula e fagan o caldiño máis gordo.
Cando as fabas xa están blandiñas, engado as patacas e dez minutiños despois a verdura: a min gústame cortala miudiño, pero... Neste punto xa todo o mundo está a esperar a cunca de caldo, e tí, queres compartir con nos a túa receita?
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 17-11-2012 15:52
# Ligazón permanente a este artigo
Caldo de nabizas
Mmmmmmmmm, que rico!!!
Con este orballo que non para, nada mellor que unha pota na cociña deixando escapar o arrecendo a un bo caldo de nabizas.
Seguro que hoxe en moitas das casas dos nosos alumnos, algún magnífico "chef" cociñou un bo caldiño para quentar o estómago. Xa non hai excusa posible, se alguén esqueceu a receita os nosos nenos de segundo poden botar unha man.
Na prensa
Comentarios (0) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 17-11-2012 15:43
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de bibliotecas escolares
Hoxe venres e mañá sábado reunímonos en Santiago para escoitar e falar sobre as nosas bibliotecas. Se queredes seguir en directo estas xornadas, podedes premer aquí
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 09-11-2012 16:31
# Ligazón permanente a este artigo
www.xaosei.eu



Sabías que...

Os relatores que impartiron a conferencia de hoxe son:

Patricia Conde. Investigadora no LIP de Lisboa. Física do experimento ATLAS do CERN.

Olaia Castro. Profesora no City University en Londres. Investiga en Teoría Cuántica de Campos.

Abraham Gallas. Investigador no CERN e na USC. Físico do experimento LHCb do CERN.

Carlos Salgado. Investigador no CERN e na USC. Investiga o estado da materia nos primeiros instantes do Universo.

Cibrán Santamarina. Profesor da USC. Traballa no experimento LHC do CERN.

Sabías que …

Os experimentos do acelerador de partículas no CERN levan máis de dous anos de toma de datos. Neste período producíronse resultados científicos de grande interese. A descuberta dunha resonancia que podería ser o bosón de Higgs, que foi noticia de primeira páxina en todos os informtivos do mundo, a pescuda de partículas supersimétricas, os resultados na busca do plasma de quarks e gluons, o estado da materia do universo primitivo, son só algúns dos fitos acadados. Neste proxecto INTERNACIONAL traballan físicos Galegos que colaboran con colegas de todo o mundo nun contexto multilingüe. Moitos deles utilizan o noso idioma para realizar parte do seu traballo, tanto no contexto informal de discusións entre eles, como para a realización de traballos científicos (teses e teses de mestrado) así como na docencia e a divulgación científica?.



Comentarios (0) - Categoría RECURSOS PARA NENOS E NENAS - Publicado o 06-11-2012 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal