BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Culturgal
Culturgal, a feira das industrias culturais celebraráse esta fin e semana en Pontevedra. Alí podedes ver, escoitar e ler as últimas producións relacionadas coa cultura.

Culturgal
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 30-11-2011 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
O Crocodilo
Esto si que é divertido....
O Crocodilo
Comentarios (0) - Categoría RECURSOS PARA NENOS E NENAS - Publicado o 30-11-2011 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Coa Constitución non se xoga, ou si?
Queredes xogar un pouco? Neste enlace poderedes pasar un bo rato e repasar algúns aspectos importantes da nosa Constitución.

Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 30-11-2011 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
Tempo de lecer
O venres, na casa da cultura, "Sinbad"
Comentarios (0) - Categoría CARRAL - Publicado o 30-11-2011 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
A Constitución
Dende a Biblio do cole Milladoiro comparten con nos toda esta información acerca da Constitución. Ímoslle sacar moito partido.
Día da Constitución
Comentarios (0) - Categoría TEMAS MONOGRÁFICOS - Publicado o 28-11-2011 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
Lois Pereiro
Fotografías do álbum familiar de Lois Pereiro, poemas musicados, textos explicativos e mesmo gravacións da voz do poeta son algúns dos materiais multimedia dos que podemos gozar durante estes días no vestibulo do noso centro.
Todos estes recursos están incluídos na exposición interactiva sobre Lois Pereiro que chega hoxe ao centro.

A exposición sobre Lois Pereiro enmárcase nunha iniciativa máis ampla que promoven a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos e que pretende achegarlle ao alumnado a traxectoria vital e profesional de recoñecidos escritores da literatura galega.

A mostra que protagoniza o escritor de Monforte, deseñada por Ouvirmos, consiste nunha instalación multimedia composta por unha pantalla multitáctil de gran tamaño e un muro vertical que mostra unha liña temporal cos principais episodios da biografía de Lois Pereiro e textos explicativos das súas diferentes etapas vitais. Este muro conta con dúas pequenas pantallas que exhiben en continuo preto de cen fotografías pertencentes ao álbum familiar do poeta. En canto á pantalla multitáctil, esta presenta un programa interactivo, dinámico e sensible á manipulación con dedos e xestos, que consta de catro apartados: Fotobiografía, A voz do poeta, Xogando coas palabras e A música.
(Extraído de http://www.edu.xunta.es/web/node/3416)
Comentarios (0) - Categoría TEMAS MONOGRÁFICOS - Publicado o 28-11-2011 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
Contacontos no cole
Mañá, no pavillón, teremos un contacontos para os máis pequenos. Xa nos contaredes que vos pareceu.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 28-11-2011 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Queres saber máis sobre o xedrez?
Durante toda esta semana, Carlos, do clube de xadrez, contarános moitas cousas interesantes deste xogo.
Consulta o horario e non perdas a oportunidade.

E si te enganchas, pincha aquí.Ajedrez escolar
Educared
Comentarios (0) - Categoría XORNAL - Publicado o 28-11-2011 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
O "bublisher"
Canta alegría proporcionan os libros! Cantos amigos!...


Comentarios (0) - Categoría LIBROS - Publicado o 24-11-2011 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
Carteis para o día das letras
Queres concursar? Política lingüística convoca un concurso de carteis para o día das Letras Galegas. Se queres ler a convocatoria preme aquí.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 08-11-2011 15:52
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal