BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CONCURSO
Moi relacionado co tema de bibliotecas escolares deste curso xa nos chegan as bases do primeiro concurso "ciencia que conta" convocado polo grupo DIVULGATIA da universidade de Vigo. Animádevos a participar.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 18-10-2013 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
CARTEL BIBLIOTECAS ESCOLARES 2013-2014.

Ollade que cartel máis bonito nos achegan este curso dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares.... A autora é Patricia Castelao.
Fai referencia á importancia da lectura de textos de carácter científico, divulgativos ou temas literarios relacionados coa ciencia
.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 17-10-2013 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
BENVIDOS Ó NOVO CURSO........
Aínda que un pouco tarde este curso dámosvos a benvida á nosa biblioteca.
Por fin chegaron os tan esperados carnés e a partires do venres 18 podemos levar os libros, pelis, CDs..... para utilizar na casa.
Recordade que o máximo de libros que podemos ter na casa son tres e o tempo máximo de empréstito 15 días (3 días no caso de películas).

O horario de apertura da biblioteca segue sendo no recreo de Primaria (de 11:00 a 11:30) e no recreo de Secundaria (de 12:00 a 12:20).

Para que todos poidamos disfrutar dos materiais da biblioteca no mellor estado posible pregamos sexades extremadamente coidadosos coa súa conservación e co respeto ás datas de devolución.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

O equipo da biblioteca.





Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 17-10-2013 23:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal