BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

www.xaosei.eu
Hoxe inaugurouse no vestíbulo unha nova "cortiza-web": www.xaosei.eu, que seguro que nos fará pasar moi bos e ilustrados ratos ao longo do curso.
Non esquezades botarlle unha ollada de cando en vez xa que haberá novidades constantemente, e se non vos cadra estes días, sempre poderedes facer unha visita virtual aquí.
Comentarios (0) - Categoría TEMAS MONOGRÁFICOS - Publicado o 30-10-2012 22:28
# Ligazón permanente a este artigo
Os novos axudantes
Encantadísimos estamos con tanta colaboración como temos este ano. Costounos un pouco organizar a tantos axudantes, pero xa estamos encarrilados. En eguintes datas recordaremos as normas básicas da biblio e como están distribuidos os fondos.
Sabedes cantos compañeiros presentaron a súa solicitude para ser axudantes?????????

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡Cincuenta e tres!!!!!!!!!!!!!!!
Comentarios (1) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 24-10-2012 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
Actividade no centro
Os nenos e as nenas do cole estiveron estes últimos días a traballar en contos de outono.
Cada grupo creou o conto e pensou a forma de interpretalo para outro curso. A iniciativa está a ter moito éxito... Noraboa a equipa de dinamización lingüística pola cordinación da actividade.
Comentarios (1) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 24-10-2012 16:24
# Ligazón permanente a este artigo
Día das bibliotecas escolares
Un pouco tarde este ano a primeira entrada no blog. Aproveitamos o Día de hoxe, no que celebramos o Día das bibliotecas escolares, para retomar o blog e procuraremos sacar minutiños para mantelo vivo e repoludo como o curso pasado.
Lembrade a importancia dos vosos comentarios, eles alimentan o blog e o espíritu da biblio; axúdannos a medrar e a mellorar e tamén a satisfacer todas as nosas necesidades de saber e de pasalo ben.

Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 24-10-2012 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal