BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

E ti, a que lle tes medo?
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free picture slideshow created with Smilebox
Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 31-10-2011 19:06
# Ligazón permanente a este artigo
Que número fas ti?
Nos últimos anos a poboación mundial creceu espectacularmente e pronto alcanzaremos a cifra de sete mil millóns. Moita xente, non?
A noticia deberia facernos reflexionar un pouco sobre o mal repartidos que están os recursos.
Entre tanta xente raro sería que a ninguén se lle ocurrise crear unha aplicación para saber cal era a poboación no momento en que cada un de nos naceu. Sabes cantas persoas vivían na Terra cando ti naciches?
Comentarios (0) - Categoría TEMAS MONOGRÁFICOS - Publicado o 28-10-2011 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
Para descansar un pouco e... relaxarse?
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 27-10-2011 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
Medo á xeografía
Aínda tes medo de non saber? Proba agora con este outro xogo.Países de Europa
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 27-10-2011 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
Seguimos co medo
Sei de moi boa tinta que moitos nenos e nenas tremen cando oen falar de xeografía, neste caso o mellor e oir (e ver) moitas veces. Medo á xeografía
Comentarios (0) - Categoría RECURSOS PARA NENOS E NENAS - Publicado o 27-10-2011 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
Películas de medo
Cando o mes de outubro está a rematar e o outono trae días de chuvia e tormenta como os que estamos a ter, semella que unha das mellores cousas que podemos facer no tempo de lecer e ver unha boa peli. Entre as que recomendamos estes días está "Alma" que xa colgamos neste blog o curso pasado, "Vincent" de Tom Burton, "La leyenda del espantapájaros" de Marco Bessas pola súa estética terrorífica e "La bruxa" , que aínda que non é de medo e unha curtametraxe que levou moitos premios. Que as disfrutedes e pasade a deixar os vosos medos no mural.

La leyenda del espantapájaros
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 26-10-2011 22:21
# Ligazón permanente a este artigo



Dende hoxe
na biblioteca
“trememos co medo”




o Exposición de libros terroríficamente divertidos.

o Curtas de medo.


o Confección do mural dos “nosos medos”




Non queremos estar soas e pedímosvos axuda para espantar as ameazas que temos arredor.

As arañas sairon dos buratos e chamaron polos morcegos.

Fixemos un mural, pero encheuse de sombras e de pantasmas.

Unha bruxa menos mala que outras, contounos que se os rapaces escriben os seus medos nun papeliño e o pegamos nas sombras, os medos desaparecerán ao mesmo tempo que recuperamos a luz ...

Probamos?









Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 26-10-2011 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
As bibliotecas escolares
Cartaz de Biblitoecas escolares de Galicia 2011-2012 por Emma RíosNeste mes celebramos o día das bibliotecas escolares.
Nos últimos anos a nosa creceu e desenrolouse como os nosos alumnos e alumnas.
Chegados a este punto fagamos unha pequena parada e miremos atrás, levamos un bo anaco do camiño percorrido, pero aínda nos queda moito para chegar. O camiño será máis facil e divertido se imos en compañia.


Misión de la biblioteca escolar

La biblioteca escolar ofrece servicios de aprendizaje, libros y otros recursos, a todos los miembros de la comunidad escolar para que desarrollen el pensamiento critico y utilicen de manera eficaz la información en cualquier soporte y formato.

Las bibliotecas escolares están interrelacionadas con la amplia red de bibliotecas y de información de acuerdo con las principios del Manifesto de la UNESCO sobre la biblioteca pùblica.

El personal de la biblioteca ayuda a utilizar los libros y otros recursos de inforrnación, tanto los de imaginación como los de conocimiento, tanto impresos como electrónicos y tanto de acceso directo como de acceso remoto.

Estos materiales complementan y enriquecen los libros de texto, los materiales docentes y los métodos pedagógicos.

Se ha demostrado que cuando los bibliotecarios y docentes trabajan en colaboración, los estudiantes mejoran la lectura y la escritura, el aprendizaje, la resolución de problemas, y trabajan mejor con las tecnologías de la información y de la comunicación.

Los servicios de la biblioteca escolar se deben dirigir por igual a todos las miembros de la comunidad escolar, sin distinción de edad, raza, sexo, religión, nacionalidad, lengua y situación social o profesional.

Es preciso ofrecer servicios y materiales específicos para aquellos usuarios que, por alguna razón, no puedan utilizar sus servicios y materiales habituales.

El acceso a los servicios y a las colecciones deberá inspirarse en la Declaración Universal de las Derechos Humanos de las Naciones Unidas y no podrá estar sometido a ninguna forma de censura ideológica, política o religiosa, ni tampoco a presiones comerciales.

(Extraído del Manifiesto de la Biblioteca Escolar UNESCO-IFLA, Version provisional junio 1999).
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 15-10-2011 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal