BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

20 fotografías que fixeron historia

Todas as fotografías que podedes ver na cortiza do corredor da biblioteca foron realizadas en momentos históricos significativos por fotógrafos que en maior ou menor medida obtiveron recoñecemento polo seu traballo, algunhas veces en forma de premio e outras pola fama alcanzada por esas capturas de “vida”.

Animádevos a participar na actividade que vos propoñemos:
Buscade información sobre 3 das imaxes e apuntade nun papel o nome do autor da fotografía, a data en que foi realizada e o momento histórico que reflexa.

Introducide a vosa resposta na caixa habilitada para tal fin na biblioteca antes do 7 de febreiro.

Non é moi difícil atopar esa información... e podedes conseguir un pequeno agasallo moi fotográfico....
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 28-01-2013 22:14
# Ligazón permanente a este artigo
Nelson Mandela e o apartheid
Unha webquest elaborada por e para o terceiro ciclo que podedes atopar na Aula virtual. Se estades interesados podedes picar aquí.

Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 28-01-2013 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
Xogando coas letras
Unha das actividades propostas para recordar, un ano máis, a necesidade de celebrar a paz, é a creación de poemas. Buscando materiais na web, atopamos esta páxina que ten moitas posibilidades, ademáis de pasar un bo rato lendo unha historia nun formato completamente diferente. Probade e xa nos contaredes.

E para que vos sirva de inspiración xogade un ratiño e de paso repasade un pouco de inglés.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 27-01-2013 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
Fina Casalderrey
Noraboa, Fina, por moitos motivos: por ser muller, mestre, escritora, mediadora e por fin académica.
Gardamos un bo recordo da túa visita xa hai uns cursos, e desexamos que se repita pronto.

Grazas por estar.
Comentarios (0) - Categoría AUTORES - Publicado o 24-01-2013 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
Margarida.
Para celebrar o 146 aniversario de Rubén Daríó e quentar motores cara as nosas creacións poeticas e as datas xa próximas do Día da Paz e a Candeloria.
Tería medo Margarita?


"....................
Éste era un rey que tenía
un palacio de diamantes,
una tienda hecha del día
y un rebaño de elefantes,

un kiosko de malaquita,
un gran manto de tisú,
y una gentil princesita,
tan bonita,
Margarita,
tan bonita como tú.

Una tarde la princesa
vió una estrella aparecer;
la princesa era traviesa
y la quiso ir a coger.

La quería para hacerla
decorar un prendedor,
con un verso y una perla,
y una pluma y una flor.

Las princesas primorosas
se parecen mucho a ti:
cortan lirios, cortan rosas,
cortan astros. Son así.
......................"

(Fragmento: Rubén Darío)
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 18-01-2013 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
Podemos medir a paz?
Hai non moito tempo entereime de que hai quen mide a paz... Investigando un pouquiño atopei que quen tivo a idea foi: un empresario australiano!
A iniciativa ten recibido o apoio de personaxes tan ilustres como o Dalai Lama e ten en conta os niveis de violencia e criminalidade, o gasto militar e as guerras nas que os diferentes países presentes no estudio están a participar entre outros parámetros.

As conclusións?

A paz depende dos niveis de ingresos, da educación e a integración do pobo. A menor nivel de corrupción e máis transparencia na xestión do goberno, maior índice de paz.

Non todos os países do mundo están incluidos no estudio, dos 158 que aparecen, o ano pasado España ocupou o vixésimo quinto lugar. Según este estudio o país máis pacífico e Islandia. Que pena que vaia tanto frio alí!


Se queredes saber máis, premede aquí
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 15-01-2013 20:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal