BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Celebramos
Aproveitando o día da paz, queremos que todos vexades os cambios na biblio.
Pasiño a pasiño imos conseguindo un lugar máis cómodo e agradable, igualiño que o que temos que facer para mellorar todo o noso entorno: ir pasiño a pasiño. Pouco a pouco conseguiremos que todo vaia a mellor...

Click to play this Smilebox greeting
Create your own greeting - Powered by Smilebox
Ecard created with Smilebox
Comentarios (13) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 31-01-2012 22:51
# Ligazón permanente a este artigo
Ilustrando a diversidade
Aberto o prazo para presentar comunicacións, proxectos de animación
e/ou de ilustración, así como para realizar a INSCRICIÓN GRATUÍTA no
Congreso Internacional "Ilustrando a Diversidade". O congreso terá
lugar entre os días 20 e 23 de febreiro na Universidade de Santiago de
Compostela e nel participarán ilustradores/as de distintos países del
mundo, expertos en arte e edición e profesionais da animación e da
promoción da lectura.
En coincidencia co mesmo inaugurarase a Exposición ilustraMundos,
que permanecerá aberta até o 20 de abril na sala de exposicións do
Pazo de Fonseca.

Para recibir máis información poden poñerse en contacto con nós a
través do e-mail: campusculturae@usc.es , facéndovos seguidores do
noso Facebook
www.facebook.com/campUSCulturae ou no blog da exposición:
http://ilustramundos.wordpress.com/
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 31-01-2012 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe: paz.
A paz é blanca, luz blanca que se descompón en todas as cores.
Cantas cores hai? Moitísimas, todas diferentes, todas fermosas, coma todos nos: diferentes e fermosos nas nosas diferenzas.

Hoxe falamos das diferencias, do respeto, da tolerancia, dos dereitos de todos e especialmente dos dereitos dos nenos e das nenas.

Hoxe é o día da paz, un día de traballo como calqueira outro en todos os coles galegos, día en que o máis importante non é celebrar, se non recordar que a paz é un dereito polo que temos que loitar todos os días; e en todos os coles traballamos a paz: hoxe e todos os días.


Grazas a http://trafegandoronseis.blogspot.com/ pola compilación de actividades realizadas nos centros galegos sobre o Día da Paz.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 30-01-2012 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
Un pouco de formación
Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares achegáronnos unha convocatoria da Fundación Germán Sánches Ruipérez moi interesante tanto para docentes como para pais e nais interesados na lectura e no fomento da lectura dos máis peques. A ver si nos animamos...


"El Centro Internacional del Libro Infantil y Juvenil y El Centro Internacional de Tecnologías Avanzadas de la Fundación Germán Sánchez Ruipérez organizan el taller en línea ¡Animadles a leer! El porqué y el cómo hacerlo con vuestros hijos de 7 a 11 años.
Se trata de una propuesta didáctica dirigida a padres, madres y a todas aquellas personas interesadas en el tema, que tiene por objetivo aportar recursos y estrategias útiles para favorecer el hábito de la lectura con los niños de estas edades y disfrutar de la lectura en casa.


Se realizará entre el 27 de febrero y el 14 de marzo a través del Campus Virtual CITA."

+INFO en: http://campus.fundaciongsr.es/camci/index.php?pid=cursos&accion=detalle&curso=695
--
Comentarios (0) - Categoría FERRAMENTAS - Publicado o 30-01-2012 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
A paz non é un xogo
A paz non é un xogo, pero as veces convén xogar un pouco para chegar á paz. Proba este xogo, seguro que si o compartes con alguén, disfrutades del e falades un pouco, estaremos dando un pasiño cara conseguir un mundo mellor.A aventura da paz
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 26-01-2012 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
O mundo en miniatura.
O texto que orixinou esta animación web foi publicado o 29 de maio de 1990 baixo o titulo "Reporte sobre o estado da Aldea", e foi escrito por Donella Meadows, quen o distribuiu en febreiro do ano 2000. Hoxe en día o Instituto da Sustentabilidade, a través da Fundación de Donella, leva adiante as suas ideas e proxectos.
O proxecto "The Miniature Earth" foi publicado por primeira vez en 2001 e xa o viron máis de dous millóns de persoas.

Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 26-01-2012 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
Tempos de paz...
Moitas veces preguntámonos que é a paz, pero non nos paramos a reflexionar ás nosas respostas. O significado de "Paz" cambia según as circunstancias de cada quen..., e o momento de cada quen...
Conflictos, guerras, medioambiente, solidariedade,... palabras, e son as palabras as que nos teñen que axudar a conseguila. Ánimo!





Comentarios (2) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 26-01-2012 18:39
# Ligazón permanente a este artigo
Alvaro Cunqueiro
Grazas a biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal de Ferrol por permitirnos gozar de tan bonita presentación.

Cunqueiro
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 20-01-2012 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
Unha chamada de atención
Un ano máis estamos nas portas da "celebración" do Día da Paz. Penso que todos estamos de acordo en que a Paz, hai que celebrala diariamente, a todas horas, en cada momento... Nembargantes ás veces é necesario que reflexionemos sobre as nosas actitudes máis cotidiáns e o exemplo que damos con elas, despois de todo, o camiño da paz non é tan dificil, só hai que pensar cada paso...

Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 20-01-2012 17:32
# Ligazón permanente a este artigo
"En galego, sabores solidarios"
O equipo de dinamización da lingua galega do noso cole ven de presentar unha campaña doblemente importante.

Logo de comprobar que na etiquetaxe dos produtos de consumo hai unha escasa ou nula presenza do galego, propoñe unha actividade moi interesante: cada alumno do centro fará a versión galega da etiqueta dun produto alimenticio non perecedoiro e logo de pegala sobre a orixinal, depositará a sua contribución nun recolector situado no vestíbulo do centro.

Todos os alimentos recollidos serán enviados á Cociña Económica da Coruña.

Animádevos e participade. Ë por moitas boas causas...
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 18-01-2012 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal