BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Vestindo libros.
Cando era pequena, o día do meu cumple estrenaba vestido. Hoxe, día do libro, estivemos a facer vestidos para os nosos libros; bueno, mellor dito para os libros que fixeron os nenos do 3º ciclo. Como novatos nesta arte tivemos algún problema, pero quedaron xeitosísimos e pasámolo moi ben. Grazas Maica por aprendernos a vestir libros.

Aquí temos algúns momentos do proceso. Agora a preparar a exposición e a axudar aos outros compañeiros
Comentarios (1) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 23-04-2013 23:04
# Ligazón permanente a este artigo
Recomendacións primaverais
Estamos empezando a preparar xa a guía de fin de curso. Sabedes por que tan cedo? Nesta guía seredes máis protagonistas que nunca. So tedes que cubrir a ficha que vos facilitaremos coas vosas recomendacións e poderedes ser escollidos para protagonizar, con outos compañeiros e compañeiras, a primeira guía "audiovisual" do noso cole.

Pero eso non quere decir que esquezamos as recomendacións do mes de abril. Aquí podedes consultalas, a maior parte dos títulos que aparecen están na biblio.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 21-04-2013 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
Os libros que máis queremos.
Hai xa algún tempo, estiven a ler un artigo que falaba da pegada literaria de cada persoa. Ë evidente que somos tamén o que lemos. A idea paréceme fantástica ademáis de fermosísima.
Trátase do traballo da artista: Cheryl Sorg. A idea é sinxela, a partires da impresión en tinta do noso dedo pulgar e a lista de 50 libros que teñamos lido, ela transforma eses datos nunha obra de arte. Quen sabe, pode que nos animemos a facer algo similar....

Xa sabedes que esta é a entrada onde podes deixar, en forma de comentario, a transcripción dun dos teus libros favoritos xunto co seu título e o autor da obra. Estamos ansiosas por ler as vosas aportacións.
Comentarios (9) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 21-04-2013 19:58
# Ligazón permanente a este artigo
Xogamos?
Na cortiza da biblioteca reservamos un espacio para esta atividade que seguro que vos gustará moito. Collede un dos papeis de cor que xa temos preparados. Escribide un pequeno fragmento dun libro que vos gustara especialmente e o título do mesmo. Recortade pola linea de puntos... e.... a xogar!!!
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 21-04-2013 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
Día do libro
Achégase o día do libro e esta semana a biblioteca bule de actividades. Invitámosvos a todos a participar e como premio un agasallo que agradecemos a Paula Carballeira e a Asesoría de bibliotecas escolares. Lede con atención: fermosura en verso.Marcapáxinas
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 21-04-2013 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
23 de abril
Agora que xa está chegando o día do libro que mellor idea que darlle un repaso ao libro dos nosos libros para celebrar este día. Xuntando unha obra maestra, novas tecnoloxías e moitas ganas de traballar dende a Biblioteca Nacional agasállannos con esta marabilla:

Ah, e non deixedes de participar en todas as actividades programadas.
Comentarios (1) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 16-04-2013 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
Finlandia, máis que un país ...
... e máis que un traballo. Os alumnos de 6ºB traballaron de xeito colaborativo para rematar este traballo. Unha mostra máis do que se pode facer optimizando recursos. Noraboa.

Comentarios (1) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 16-04-2013 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
José Luis Sampedro: Pasión pola lectura.
Finou o martes despois dunha longa, e moi productiva, vida. Sempre tivo as ideas moi claras, ou polo menos así parecía...
Loitou polas bibliotecas e polo amor á lectura.
Aquí vai a nosa pequena homenaxe. Abril, o mes dos libros, traerá tamén un recordo para José Luis Sampedro.

Hoxe, os alumnos de 6º, traballaron este artigo.
Que fermosa homenaxe ao libro!
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 10-04-2013 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Día da muller traballadora.
Como non podia ser doutro xeito, unha das nosas mulleres traballadoras deste curso é Fina Casalderrey. O alumnado de 2º de primaria, leva xa unhas semanas traballando coas súas obras e agora achégannos este fermosísimo texto feito de xeito colaborativo. Gozade del.



"O mellor, sen dúbida"


Non o pensou máis, levaba demasiado tempo cavilando e de súpeto viuno claro, escribiu "O traballo de ser mamá é o máis importante". Sorriu, apagou o portátil e colocou o dicionario no andel.

Estaba cansa, pechou os ollos e lembrou... a súa casa na aldea de Xeve (Pontevedra), aos seus pais e avós. Aqueles días nos que non había moitos luxos pero sí as fermosas historias de lobos e raposos do avó e unha radio que escoitaban todos á noite. As veces que lle pedía a seus pais unha irmá, que ao final veu. As merendas nas leiras as longas tardes do verán. As conversas no lavadoiro nas que todas rían co que contaban as maiores. O medo que sentía cando tiña que carrexar caldeiros de auga á noitiña. O paso do tempo, como ía medrando e como tomaba decisións: estudar maxisterio, saír da casa por primeira vez, a primeira escola, formar unha parella, ter dous fillos preciosos...

Ao abrir o día, espertou. Enriba da mesita estaba o seu aliado dende hai anos. Colleuno e púxose a organizar a xornada, mentres lle facía uns mecos á gatiña:

Almorzo cos meus, o máis importante.
Preparar o artigo do sábado para o xornal.
Xantar con Mariano García, para intercambiar novas receitas gastronómicas e falar das nosas cousas.
Tomar café con Uxía Blanco e comentar como vai a adaptación de "Querido Tomás". Logo, achegarnos ao ensaio.
Xunto coa familia cambiar impresións, durante a cea, das ideas sobre as que estará baseado o discurso de ingreso na Real Academia Galega.

Tantos traballos... ama da casa, escritora, etnógrafa, boa cociñeira, mamá, actriz, académica, profesora, poetisa. Xa estaba elixido, sen dúbida.

2º A - Titora: Alicia Patiño
Comentarios (0) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 11-03-2013 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
Ler é cousa de todos
Presentámosvos un artigo que todos deberíamos ler e ter en conta a hora de fomentar a lectura entre os máis pequenos.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 05-03-2013 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [39]
© by Abertal