BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

COMEZA O NADAL......

Xa estamos no mes do Nadal e dende a biblioteca e o equipo de dinamización imos propoñer actividades para que todo o centro poida colaborar nestas datas.
Aquí vos deixamos os carteis das actividades propostas. Recordade cumprir os prazos!!!!!
BO NADAL!!!!
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 01-12-2013 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
O SAMAÍN.
Os alumnnos/as de terceiro A estiveron traballando estes días o Samaín. Mirade que libro máis bonito fixeron. Se queredes velo estará exposto na biblioteca durante esta semana e despois devolveremolo aos seus autores para que o teñan na súa clase.
Aquí tedes unha mostra.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This photo slideshow personalized with Smilebox
Comentarios (1) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 11-11-2013 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO
Moi relacionado co tema de bibliotecas escolares deste curso xa nos chegan as bases do primeiro concurso "ciencia que conta" convocado polo grupo DIVULGATIA da universidade de Vigo. Animádevos a participar.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 18-10-2013 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
CARTEL BIBLIOTECAS ESCOLARES 2013-2014.

Ollade que cartel máis bonito nos achegan este curso dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares.... A autora é Patricia Castelao.
Fai referencia á importancia da lectura de textos de carácter científico, divulgativos ou temas literarios relacionados coa ciencia
.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 17-10-2013 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
BENVIDOS Ó NOVO CURSO........
Aínda que un pouco tarde este curso dámosvos a benvida á nosa biblioteca.
Por fin chegaron os tan esperados carnés e a partires do venres 18 podemos levar os libros, pelis, CDs..... para utilizar na casa.
Recordade que o máximo de libros que podemos ter na casa son tres e o tempo máximo de empréstito 15 días (3 días no caso de películas).

O horario de apertura da biblioteca segue sendo no recreo de Primaria (de 11:00 a 11:30) e no recreo de Secundaria (de 12:00 a 12:20).

Para que todos poidamos disfrutar dos materiais da biblioteca no mellor estado posible pregamos sexades extremadamente coidadosos coa súa conservación e co respeto ás datas de devolución.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

O equipo da biblioteca.





Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 17-10-2013 23:21
# Ligazón permanente a este artigo
Recomendacións do Terceiro Ciclo
E rematamos xa, traballando como sempre. Desexamos que o curso 13-14, todas as guías de lectura teñan o mesmo éxito que estas últimas. Boas vacacións!


Comentarios (1) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 21-06-2013 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
As recomendacións do 2º ciclo
Esta é a segunda entrega das recomendacións dos vosos compañeiros e compañeiras do segundo ciclo. Que vos aproveiten!


Comentarios (6) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 20-06-2013 20:41
# Ligazón permanente a este artigo
Os ratos máis lectores
Durante este curso tivemos moitas visitas á biblio, pero sabedes quen levou máis materiais emprestados?
Cando atopedes a Tania Gómez de 3º de primaria e a Ana Marisol de 1º da ESO, decídelles que pasen pola biblio: o agasallo aos máis lectores estalles esperando....
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 18-06-2013 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
As recomendacións do noso alumnado
Un curso máis que está a rematar. Para as ´vacacións son os vosos compañeiros e compañeiras quen vos recomenda que ler, que ver ou onde ir. Esta é a primeira entrega, para os nenos e nenas do primeiro ciclo.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 18-06-2013 15:12
# Ligazón permanente a este artigo
I Concurso de teatro
Por fin o xurado fixo público o dictame:

I CONCURSO DE TEATRO
Reunido o xurado ditamina:

1.Declarar deserta a participación nas categorías 1ª e 4ª.
2.Valoradas as obras presentadas, o fallo do xurado é o seguinte:
a.Conceder o 2º premio na categoría de 10-12 anos á obra titulada: “Risos de verán, traizón de inverno” presentada baixo o lema “xemelgos opostos” de Marcos Otero Barros de 1º A de ESO.
b.Premiar a participación de:
i.Curso de 6ºA.

O xurado quere facer constar que o resto das obras presentadas non se axustan ás bases da convocatoria e/ou ao esquema que debe ter unha obra teatral.
3.
A entrega de premios farase o 21 de xuño.
En Carral a 11 de xuño de 2013
Comentarios (1) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 11-06-2013 18:31
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [39]
© by Abertal