BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Móvete+
O alumnado de primaria do cole participou no proxecto Móvete+.
É unha actividade do programa Xogade dirixida a todos os escolares de Galicia que trata de promover a actividade física a través de unha acción de carácter lúdico, transversal, divertida e ao mesmo tempo sumar máis cantidade de exercicio físico para acercarnos ao que recomenda a OMS.



Comentarios (0) - Categoría CARRAL - Publicado o 29-06-2015 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
A Candeloria, festa da luz e do amor en Galiza


"Pola Candeloria, metade do invierno vai fóra;
se chove ou venta, inda entra"

Hoxe o noso clube de lectura "A Pedra Rosetta" conmemorou o Día da Candeloria coa lectura de poemas de amor.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 03-02-2015 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA PAZ 2015

Hoxe festexamos o Día da Paz, e que mellor día para retomar as actualizacións do blog! Ao longo deste mes andivemos moi ocupados coa planificación das actividades para este día pero por fin podemos informar de todas elas.

En primeiro lugar, o equipo de Biblioteca decidiu adicar esta data á figura de Malala Yousafzai. Neste proxecto participaron os nenos e nenas de todos os niveis e o resultado foi unha exposición no corredor que poderedes ver en fotos nos próximos días.

Ademais, nas sesións de música aprendemos unha canción titulada "Campás pola paz", tema que podedes atopar no libro-disco da biblio Pan de millo de Migallas.

Aquí vos deixamos, un vídeo que fixeron os compañeiros do CEIP da Gándara coa canción:



Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 30-01-2015 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal!

Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 19-12-2014 16:30
# Ligazón permanente a este artigo
Guía Nadal 2014

Aquí están, un ano máis as nosas recomendacións para este Nadal. Libros e música para agasallar, compartir, festexar e disfrutar.

Recomendacións Educación Infantil

Recomendacións Educación Primaria


Outras recomendacións ESO
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 18-12-2014 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
Achégase o Nadal


O Nadal xa está a piques de chegar e, coma sempre, conmemoramos esta data cunha actividade especial.
Desde o pasado venres, unha enorme árbore pendura no taboleiro do corredor e nós poñeremos o noso gran de area para decoralo.
Nin estrelas, nin boliñas nin tampouco guirnaldas adornarán esta árbore de Nadal, serán as vosas lecturas recomendadas as que pendurarán dela.
Lembrade pasar pola biblioteca para participar! E por se vos é máis cómodo deixámosvos a plantilla para imprimir xa na casa.







O resultado final poderédelo ver nos próximos días.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 16-12-2014 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
Cuerdas
Moitas son as novidades que se van incorporando á nosa biblioteca ao longo dos días pero hoxe estamos especialmente ledos de presentarvos un novo material que acabamos de recibir. Trátase do conto e DVD que leva por título "Cuerdas".

Esta obra, escrita e dirixida por Pedro Solís, logra con sensibilidade e ternura falar dunha enfermidade pouco coñecida, a parálise cerebral, e de como ésta afecta aos nenos.

Máis de 40 premios a nivel nacional e internacional abalan a calidade desta curtametraxe, entre eles o Goya 2014 á mellor curta de animación.

Non sería unha boa idea incluír este conto na vosa lista de agasallos de Nadal? Seguro que si.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 09-12-2014 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
O país dos mandóns

O pasado venres os nenos e nenas de Infantil e primeiro, para festexar o Día da Constitución, acudiron a un espectáculo teatral de contacontos que levaba por título "O país dos mandóns".

Esta representación está baseada no libro de Paloma Rodríguez e Cristina Justo que leva o mesmo título, libro que podedes atopar na nosa biblioteca.

Foi un todo un éxito e os asistentes pasárono xenial.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 09-12-2014 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
Caperucita Roja

Temos moitas cousas pendentes para ensinarvos e irémosvolas mostrando pouco a pouco, xa que nos últimos días o equipo da biblioteca estivo bastante ocupado.

Hoxe adicámoslle este post ao alumnado e ás profes de Segundo de Ed. Primaria. Todos estiveron traballando días atrás sobre o clásico "Caperucita Roja", cada neno e nena personalizou o conto tradicional escollendo o que ía acontecendo o longo do mesmo.

Queremos felicitarvos desde aquí polo traballo ben feito e polo fantástico resultado.
Comentarios (1) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 05-12-2014 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
Día Internacional das persoas con disCAPACIDADE

"Todas as aves son diferentes no seu voo,
pero iguais no seu dereito a voar"
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 03-12-2014 18:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal