BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
Achégase abril, o mes dos libros (como acostuman a denominalo moitas bibliotecas escolares) e as primeiras actividades específicas para este mes arredor do libro e a lectura aparecen arredor do 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil en conmemoración do nacemento de Hans Christian Andersen. Coma en anos anteriores, a IBBY (International Board on books for Young People), a súa sección española a OEPLI xunto coas entidades colaboradoras como GALIX, en Galicia, editan un cartel cunha mensaxe e unha imaxe especialmente deseñada para este día.

Nesta ocasión, a sección de Ibby do Brasil foi a encargada da elaboración deste cartel. O texto, da escritora brasileira Luciana Sandroni, recrea a fascinación que pode exercer unha biblioteca nunha pequena lectora e o estímulo que os contos supoñen para a imaxinación de quen se deixa levar polo poder da lectura. O debuxante e ilustrador brasileiro Ziraldo pon a imaxe a este cartel cunha sinxeleza e evocación só propias dos grandes artistas.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 01-04-2016 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
SEMANA DA PRENSA
Do 7 ao 11 de marzo os centros educativos galegos celebrarán a 28º edición da Semana da Prensa na Escola, unha iniciativa integrada dentro do calendario escolar desde 1989.

Achegamos a continuación, estas preguntas e respostas sobre a Semana da Prensa (La Voz de Galicia, 2 de marzo de 2016):

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelaescuela/2016/03/02/span-langglpreguntas-respostas-sobre-semana-da-prensa-na-escolaspan/00031456490551686888485.htm
Semana da Prensa 2016
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 04-03-2016 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O pasado 24 de febreiro celebrouse o Día de Rosalía de Castro. Desde a biblioteca do noso centro, animámosvos a ler algúns dos seus poemas.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 04-03-2016 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
FELIZ 2016... E LENDO!
Feliz 2016!

Queremos darvos a benvida a este novo ano, e animarvos a botar un ollo a estes libros -xa recomendamos na guía de lectura de Nadal-.

Lembrade: Ler é divertido!

Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 08-01-2016 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
Algúns libros de Neira Vilas
Na nosa biblioteca atoparedes algunhas grandes obras de Neira Vilas. Non perdades ocasión de lelas! Velaquí algúns dos libros do mencionado escritor:
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 04-12-2015 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Xosé Neira Vilas

Vai unha semana do pasamento do escritor Xosé Neira Vilas, e dende o noso centro, queremos rendirlle unha pequena homenaxe á figura do autor de Memorias dun neno labrego.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 04-12-2015 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Premio Luis Freire de Investigación Científica
Con motivo do galardón que acadou o noso centro, Premio Luis Freire de Investigación Científica, grazas ao proxecto ¿Es verdad que la luz de la luna pone verdes las patatas?, presentado por Mar Domínguez Pacheco e o seu grupo de alumnado (curso 2014/15), dispoñémonos a realizar a seguinte entrevista á mestra implicada e actual directora.

Bo día. Ante todo, noraboa polo premio Luis Freire.
Moitas grazas.

Poderíasnos dicir que tal foi a experiencia deste proxecto?
O máis importante a destacar foi a actitude durante a investigación: @s alumn@s estaban motivados, comprometidos, e sorprendidos por levar a cabo unha investigación científica. Tamén tomaron conciencia do traballo en grupo e a responsabilidade, e así percatáronse por exemplo, como un erro no rexistro afecta a todo o equipo. Este tipo de experiencias rompe esquemas, porque sae fóra da pauta do libro de texto.

A actual sociedade da información fai imprescindible a presenza da biblioteca escolar como centro dinámico de recursos. Que papel pode desempeñar a biblioteca, segundo a túa opinión, para fomentar a ciencia entre o alumnado?
Dar a coñecer revistas de divulgación científica , xa que non se promociona moito este tipo de material. Ademais, son unha gran fonte de documentación, e contribúe a espertar inquietudes entre @s nen@s.

Luis Freire comezou os estudos universitarios de Bioloxía aos 57 anos. Semella que a capacidade de aprender e a curiosidade son perennes no tempo. Cres que podemos achegarnos á ciencia en calquera momento das nosas vidas?
Si podemos e debemos iniciar novas aprendizaxes en calquera idade, mais o profesorado da universidade dinos que as vocacións científicas deben sementarse na Educación Primaria, así que non podemos descoidar a importancia desta etapa educativa ao respecto.

Moitas grazas pola túa atención.
De nada. Ata outra!
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 04-12-2015 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chega o samaín!
Ssssshhhhhhh! Coidado, coidado... Algo está a pasar na biblioteca...
Comentarios (1) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 23-10-2015 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
Benvid@s ao curso 2015/16!
Porta da biblioteca
Ola a tod@s!

Un curso máis, a nosa biblioteca está en plena ebulición. Temos tantas ideas, proxectos e curiosidades por partillar convosco...
De momento, dámosvos unha cálida benvida e agardamos que participedes na vida cotiá da biblioteca do noso centro. Adiante amig@s!
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 23-10-2015 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
GUÍA LECTURA PARA O VERÁN
No enlace que tedes debaixo poderedes ver algunhas lecturas que vos recomendamos para o verán. Están dirixidas para nenos e nenas de 3 a 12 anos, disfrutade das vacacións e dos libros!

Feliz verán!



Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 01-07-2015 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal