BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Coherencia = Agustín Fernández Paz
Onte, Agustín Fernández Paz, un dos nosos autores de literatura infantil e xuvenil do que podedes encontrar unha morea de libros na nosa biblio, rexeitou o premio "Cultura Galega das letras" que lle otorgou a Conselleria de Cultura e Turismo.

''Temos o convencemento de que nin as brillantes sensibilidades nin as mellores intelixencias deste país aceptarán ser utilizadas para sancionar políticas que causan división arredor dun dos símbolos maiores da nosa convivencia''. (Do manifesto Prolingua, firmado por Agustín Fernández Paz no seu dia)


O xurado dos Premios da Cultura Galega 2010 determinou nunha reunición celebrada onte na Fundación Cidade da Cultura os sete premiados que recibirán os galardóns en recoñecemento do seu traballo creativo. Fernández Paz foi o galardoado co premio Cultura Galega das Letras ''en recoñecemento a súa traxectoria vencellada á escrita galega''. A súa candidatura foi realizada polo Consello da Cultura Galega e aprobada pola maioría do xurado.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 18-11-2010 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal