BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Que ben coxea o galego!
O GALEGO UNE
LETRAS GALEGAS, PESE A QUEN PESE
No suplemento "LUCES DÍA DAS LETRAS" do xornal "El País" do domingo, con motivo do "Día das Letras Galegas", leo un artigo de Manuel Rivas que recomendo a todos. Tentei enlazalo dende o xornal, pero non fun quen de atopalo.
Comeza cun "conto popular" que deixo aqui...

"Era unha vez un home qu tiña moita envexa do seu veciño. Pouco máis ou menos, a súa facenda era a mesma. Unha horta cun número semallante de froiteiras. Estaban á par en gando. Tiñan a mesma extensión de leiras e de herbais e prados xemelgos que lindaban na ribeira. Ningún deles estaba por riba do outro. Tiñan candansúa casa con chimenea e fume. Contaban con mesmo número de horas e días ao ano na quenda da auga de rego e do uso do muíño.
Mais o home tiña algo que o outro non tiña. Tiña envexa, un sentimento atravesado que condicionaou o seu maxín e sentidos. El tiña colmeas que daban bo mel, mais un día espertou cun sabor amargo na boca. Por que era mellor o mel do veciño? E as mazás?Por que eran máis saborosas as mazás do veciño? E o leite? Por que daban máis leite as vacas do veciño?
Cando comentou a súa teima cun irmán, este tentonuno devolver á realidade. Por exemplo, o seu viño era mellor que o do veciño. Iso ainda o alporizou máis. El non era un parvo. En comparanza co seu, ácido e revolto, o viño do veciño era o do Cantar dos Cantares! O gusto, o ollar, a medida das cousas. O prexuízo ía tomando posesión del. O veciño era un inimigo. Había que imporse a el, dun xeito ou doutro. E foi así que o noso home decidiu pactar co Demo.
Iso de pacatar co Demo non é ningunha fantasía. Todos os días hai xente que nalgures pacta co Demo, que é máis pactista que Deus.
O pacto funcionou á perfección. O Demo, que é un as da propaganda, fíxolle ver que os seus frotios eran máis grandes e saborosas, que o leite das súas frisonas era todo manteiga, e que mesmo a súa soleira era máis soleada que a do veciño. Así que o home acougou, aínda que se mantiña en estado de vixía. Un día chegoulle a noticia de que o veciño fora atropelado por un camión. Era o intre de desentenderse do caso. Até que un día viu chegar un taxi ao adro do lugar. E do automóbil, con moita dificultade, baixou...o veciño!. Botou a andar apoiando en dúas muletas. E o noso home sentiu de novo o arrinque da dinamo do anoxo, e non puido menos que exclamar:"Que ben coxea este cabuxo(1)!"

(1) No artigo de Manuel Rivas aparece outro substantivo que evitaremos, dado que este é un blog "educativo"...E non queremos dar argumentos a quen pode dar a volta ás realidades máis evidentes.

Por certo...os alumnos e alumnas de 2º ciclo de EP do colexio traballaron este ano co galo do Dia do Libro, "El Quijote",(límolo "enteiro", un capitulo cada día). Fixeron logo unha adaptación propia para seus pais, nun castelán que a moitos daría envexa. Para que logo digan que o castelán corre perigo nas nosas aulas.
Non pode ser que todo isto teña algo que ver co conto?
Comentarios (2) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 17-05-2009 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Que siga coxeando por moitos séculos!!xa nos encargaremos de poñerlle aínd#blgtk08#a que sexa ¡muletas! mentras ande!!!
Un saúdo e grazas polo conto.
Comentario por María (17-05-2009 20:50)
2 Foi extraordinaria a cantidade de xente que hab#blgtk08#ía. Será que aínda temos futuro?
Saúdos
Comentario por Ronsel (17-05-2009 22:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal