BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Para chuparse os dedos
Durante toda a semana "o meco" dounos as consignas para cada día. Mañá é o día grande no cole. Haberá moito movemento, nenos disfrazados, actuacións, bailes, ata a grabación dun "lipdub"!!! Hoxe os nenos e nenas do primeiro ciclo fixeron a xa clásica degustación de doces de entroido e entre eles e riquísimas "as follas de limón". Se nunca as probáchedes intentade facelas: receita "super": Ah, e moitas grazas a todos pola participación, todo estaba riquísimo!
En breve poderemos ver algunha foto destes días.

Follas de limón:

Ingredientes: 200 gr de fariña, medio vaso de leite, 6 ovos, follas de limoeiro ben limpas, azucre moído, manteiga ou aceite para fritir.

Preparación:
Mestúrase a fariña co leite e vánselle engadindo os ovos batidos, ata ter unha masa fina, na que se van metendo as follas de limoeiro.
Sácanse as follas e escórrense para que lles quede pouca cantidade de masa e frítense en aceite (ou manteiga) ben quente.
Cando estean douradas, retíranse da tixola ben escorridas e bótaselles un pouco de azucre moído.
Antes de comelas non esquezades retirar a folla de limoeiro.
Comentarios (1) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 16-02-2012 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Nunca escotei esa receta ,#blgtk08# pero ten moi boa pinta !!
Comentario por antia raso barbeito 5A (28-02-2012 16:25)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal