BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

www.xaosei.eu



Sabías que...

Os relatores que impartiron a conferencia de hoxe son:

Patricia Conde. Investigadora no LIP de Lisboa. Física do experimento ATLAS do CERN.

Olaia Castro. Profesora no City University en Londres. Investiga en Teoría Cuántica de Campos.

Abraham Gallas. Investigador no CERN e na USC. Físico do experimento LHCb do CERN.

Carlos Salgado. Investigador no CERN e na USC. Investiga o estado da materia nos primeiros instantes do Universo.

Cibrán Santamarina. Profesor da USC. Traballa no experimento LHC do CERN.

Sabías que …

Os experimentos do acelerador de partículas no CERN levan máis de dous anos de toma de datos. Neste período producíronse resultados científicos de grande interese. A descuberta dunha resonancia que podería ser o bosón de Higgs, que foi noticia de primeira páxina en todos os informtivos do mundo, a pescuda de partículas supersimétricas, os resultados na busca do plasma de quarks e gluons, o estado da materia do universo primitivo, son só algúns dos fitos acadados. Neste proxecto INTERNACIONAL traballan físicos Galegos que colaboran con colegas de todo o mundo nun contexto multilingüe. Moitos deles utilizan o noso idioma para realizar parte do seu traballo, tanto no contexto informal de discusións entre eles, como para a realización de traballos científicos (teses e teses de mestrado) así como na docencia e a divulgación científica?.



Comentarios (0) - Categoría RECURSOS PARA NENOS E NENAS - Publicado o 06-11-2012 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
Carta no cole
Chegamos ao cole e sorpresa! Carta para os nenos de 1º. Lemos atentamente a ver que pasa:



Aí vai outro correo de Carballeira Dabaixo


Recibín os vosos relatos de Pinocho (cunha foto adicada), dos trasnos e das bruxas. Pasei tardes e tardes, moi divertidas léndoos e coloreándoos. Despois convidei as miñas curmáns piñeiras Penica, Pinoca e Pinuca. Iamos pasar a tarde na miña árbore gozando dos contos e dunha torta de amorodos.
Cando estabamos máis atarefadas vimos chegar unha nena. Camiñaba moi abrigada porque ía frío, aínda que ás veces saían algunhas raiolas de sol; por iso decidiu, despois da escola, dar unha volta pola Carballeira.
Ao pé da miña árbore había moitas follas espalladas polo chan; outras estaban a caer.
As árbores ían quedando espidas!
Entón a nena pensou axudalas. Apañou as follas do chan. Sacou da mochila unha barra de pegamento e foinas colocando no tronco das árbores.
Non funcionou; as follas seguían caendo.
Despois cavilou: e se lles poño un pouco de “celo” enriba?
Tampouco. Ao levantar o vento voltaron caer todas.

Xa volvía estar o chan como se fose unha alfombra de cores laranxas e amarelas.


Daquela pensou: atareinas con cinta de manualidades.

- Outra vez todas no chan! Que fastío! Estoume a cansar de tanto trafego! –suspirou esgotada.
De súpeto, unha idea xenial!
- Xa sei! Queredes estar no chan? –preguntoulles ás follas.
Entón xogaremos no chan. Sen problema!
E así empezou a correr entre as follas coma unha tola, a saltar sobre elas coma un coello, a levantalas coas mans e facer bólas ou nubes, a pisalas cos pés, a deixalas polo camiño coma Polgariño, a saltar á pata coxa sobre unha laranxa e despois unha amarela, a botalas por riba da cabeza como se chovese ou a poñelas polo pelo coma unha diadema de outono.

Miñas curmáns e eu quedamos pampas
- E se baixamos xogar con ela? –propuxo Pinoca.
- Oes, como te chamas? Estaste a divertir? Cantos anos tes? Onde vives? –Todas queriamos saber.
- Podemos xogar todas xuntas? –pedímoslle.
- Claro! Eu tápome coas follas, a ver se me atopades. Pechade os ollos ata que diga … Xa!
- A este xogo ímoslle chamar “Agachafolla” –dixo Pinoca, que é moi ocorrente.
Así estivemos ata que Maca e nós escoitamos:
- Maca, Macaaa... A casa, que imos cear! - berraba mamá.
Despedímonos de Maca prometéndonos xogar outra tarde a “Pinchafollas”.
Alí quedamos as catro, vendo as estrelas. Pero estabamos tan contentas que botámonos a rir.

Imaxinas como poderías xogar a “Pinchafollas”?
Intenta xogar cos amigos.

Autora do relato: Mª Alicia Patiño Arraña (Profesora de Ed. Primaria)

Ilustración a cor: Isabel Santiago Iglesias ( Alumna de 4º ESO de PDC)

Comentarios (0) - Categoría RECURSOS PARA NENOS E NENAS - Publicado o 09-01-2012 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
O Crocodilo
Esto si que é divertido....
O Crocodilo
Comentarios (0) - Categoría RECURSOS PARA NENOS E NENAS - Publicado o 30-11-2011 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Seguimos co medo
Sei de moi boa tinta que moitos nenos e nenas tremen cando oen falar de xeografía, neste caso o mellor e oir (e ver) moitas veces. Medo á xeografía
Comentarios (0) - Categoría RECURSOS PARA NENOS E NENAS - Publicado o 27-10-2011 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal