BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

20 de novembro: Día dos dereitos do neno
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 18-11-2012 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
E ti como o fas?
Eu boto un bo puñado de fabas remolladas a víspera a ferver nunha pota con auga suficiente. Arrímolle unha puntiña de unto (se o teño), cun cachiño de porco (se o hai) e olvídome delas durante un bo anaco.
Mentras escoito un pouco a radio, limpo as nabizas con moito coidado (non me gusta nada atopoar un exceso de proteina animal no caldo), pelo as patacas e as escacho. Antes as cortaba sen máis, pero con tanto programa de cociña aprendín que é mellor partilas, para que "liberen" a fécula e fagan o caldiño máis gordo.
Cando as fabas xa están blandiñas, engado as patacas e dez minutiños despois a verdura: a min gústame cortala miudiño, pero... Neste punto xa todo o mundo está a esperar a cunca de caldo, e tí, queres compartir con nos a túa receita?
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 17-11-2012 15:52
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de bibliotecas escolares
Hoxe venres e mañá sábado reunímonos en Santiago para escoitar e falar sobre as nosas bibliotecas. Se queredes seguir en directo estas xornadas, podedes premer aquí
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 09-11-2012 16:31
# Ligazón permanente a este artigo
Os novos axudantes
Encantadísimos estamos con tanta colaboración como temos este ano. Costounos un pouco organizar a tantos axudantes, pero xa estamos encarrilados. En eguintes datas recordaremos as normas básicas da biblio e como están distribuidos os fondos.
Sabedes cantos compañeiros presentaron a súa solicitude para ser axudantes?????????

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡Cincuenta e tres!!!!!!!!!!!!!!!
Comentarios (1) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 24-10-2012 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
Día das bibliotecas escolares
Un pouco tarde este ano a primeira entrada no blog. Aproveitamos o Día de hoxe, no que celebramos o Día das bibliotecas escolares, para retomar o blog e procuraremos sacar minutiños para mantelo vivo e repoludo como o curso pasado.
Lembrade a importancia dos vosos comentarios, eles alimentan o blog e o espíritu da biblio; axúdannos a medrar e a mellorar e tamén a satisfacer todas as nosas necesidades de saber e de pasalo ben.

Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 24-10-2012 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
A biblio di ata loguiño...
Xa estamos a rematar. Agradecemos á colaboración de todos e todas e recordamos que as bibliotecas escolares son fundamentais para o desenrolo non so do curriculum, tamén para a formación integral dos nosos alumnos e alumnas como persoas.
Sabemos que temos moito que mellorar, pero cada ano tentamos facelo un pouquichiño mellor que o ano anterior. Ata setembro.

Despedida
Comentarios (1) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 20-06-2012 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
Resolto o concurso de monólogos.
Agradecemos a participación neste primeiro concurso de monólogos, pero estamos un pouco decepcionados coa súa acollida. Será que non é boa época para monologar?

Xa sabedes que o fallo do xurado é inapelable.

Categórías:

1º ciclo primaria: deserto
2º ciclo primaria: deserto
3º ciclo primaria: Andrea Souto (5ºA)
1º ciclo ESO: deserto
2º ciclo ESO: deserto
Profesorado e persoal non docente:

Saúdos e a ver si na segunda edición temos máis éxito.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 20-06-2012 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Fin de curso
Xa está, outro curso fora, nenos e nenas que marchan e outros que veñen. Desde a Biblio desexámosvos o mellor para todos e todas, que o verán sexa tempo de compartir e seguir crecendo como persoas. Xa sabedes que para crecer hai que alimentarse, así que facede caso dalgunhas das nosas recomendacións e se comprades, facédeo con xeito, preferiblemente nos comercios locais. Saúde a todos.
guía de verán1
guía de verán2

Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 18-06-2012 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Ler non é clandestino
Non vos perdades esta fermosísima entrada no blog dunha biblioteca amiga. Verbas cheas de significado, traballo cheo de significado tamén. Démoslles grazas por compartir o seu traballo e, que cunda o exemplo!!!
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 18-06-2012 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Para celebrar?
As veces sobran as palabras e falan os feitos. Temos que empezar a actuar.

Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 05-06-2012 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [7] [8] [9] 10 [11] [12] [13] ... [22]
© by Abertal