BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PINGÜI, A NOSA MASCOTA

WEBQUEST PARA PROFUNDIZAR NA VIDA DO PINGÜIN EMPERADOR.
O PINGÜIN EMPERADOR
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 13-11-2008 15:12
# Ligazón permanente a este artigo
LIBROS QUE DEIXAN PEGADA

Todos temos algún libro -algúns temos moitos - que deixaron un recordo especial en nos e sobre o que volvemos de cando en vez.
Se deixaron unha pegada importante en nos, pode que tamén o fagan en outros. Por iso queremos compartir cos demáis ese título que tanto nos gustou e que nos guiará ao placer da lectura. Seguro que esas pegadas nos conducirán , antes ou despois, á biblioteca, onde as aventuras e experiencias de outros esperan ser compartidos polos futuros lectores.
¿Cal foi ese libro tan especial que deixou unha pegada profunda en ti e que lles recomendarias aos teus compañeiros?
Escribe o título dese libro nunha pegada da nosa mascota para que todos podan vela.
Comentarios (1) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 10-06-2008 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
PINGÜI

PINGÜI é dende este curso a nosa mascota.
Non porque sí , senón pola decisión de todos os asiduos visitantes da nosa biblioteca.
Todo empezou no primeiro trimestre...
A biblioteca quedaba baleira pola noite e os fins de semana. Necesitabamos alguén que coidara e vixiara os tesouros que a biblioteca garda.Pero....¿quen?

Moitas bibliotecas tiñan unha mascota que se encargaba de guiar a cantos novos visitantes accedían a nosa biblioteca, de acompañalos, de ensinarlles os seus segredos, as súas novidades...

¡Había que facer algo urxentemente!
Asi que decidimos poñer anuncios por todo o colexio para que , entre todos, atopasemos ao animal ideal.

CAMPAÑA "BUSCAMOS MASCOTA"
Comentarios (41) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 09-05-2008 19:03
# Ligazón permanente a este artigo

Co fin de atopar unha mascota que coide da nosa biblioteca polas noites e guíe aos nosos alumnos e alumnas nos misterios e aventuras que gardan os libros poñemos carteis por todo o colexio para atopala.
BUSCAMOS MASCOTA


REQUISITOS: -Que lle gosten os nenos.
-Ser amante dos libros (valorarase coñecementos sobre libros e
bibliotecas)
-Coñecementos de informática.
-Bo carácter e paciente.
-Disponibilidade de luns a venres.

OFRÉCESE: -Alimentación e vivenda gratuíta.
-Vacacións de verán, Nadal e Semana Santa.
-Ordenador portátil.
-Xogos, videos, DVD e internet con conexión adsl


Durante un mes os rapaces non paraban de preguntar e nos aproveitabamos para ver que tipo de mascota lles gustaria que fose.
Os expositores do andar da biblioteca estaban eses días repletos de libros de animais.

Por fin, un día anunciamos a boa nova, acabamos de recibir unha carta de resposta ao noso problema, asi que o anunciamos a traves do taboleiro da biblioteca.

XA TEMOS MASCOTA!
Estas son algunhas fotografías do seu album familiar.
O resto das fotos colocámolas no corredor da entrada: diferentes fotos de Pingüi , a súa familia e a súa infancia, con textos explicativos(IR A FOTGLOBOTECA PARA VER ALBUM FAMILIAR)


Comunicamos a todos o contido da carta:
A nosa mascota será un "pingüin emperador". No corredor tedes o seu album familiar.
Unha expedición recente adoptouno ao morrer seus pais, os cales foron devorados por un dos seus depredadores naturais.
A sociedade ecoloxista, sabendo que buscabamos unha mascota púxose en contacto con nos. Queren estar seguros de que o coidaremos ben e que saberemos como tratalo. Por iso enviáronnos un cuestionario para que lles devolvamos cumprimentado.
Seguro que os vosos profesores-as axudaranbos na tarefa.
Podedes buscar información na biblioteca ou na internet.

Isto serviunos como punto de partida dun traballo sobre o "pingüin emperador" ´por medio dunha miniwebquest "caseira" que podedes ver pinchando na categoria "WEBQUEST RECOMENDADAS"


TEMOS QUE POÑERLLE UN NOME


Xa só quedaba buscarlle un nome axeitado.
Tras o anuncio no taboleiro da biblioteca apareceron nomes de todo tipo, ¿a centos!. Asi que, despois de moito pensalo decidimos escoller 8 - aqueles que se repetían - e propor unha votación para escoller un deles. Deste xeito a nosa mascota acabou chamándose "PINGÜI". Algún pensará que non é demasiado orixinal, pero vos aseguramos que costou chegar aí. Por outra banda, ninguén preguntará aquelo de...E como é que se chama así?.

OS AMIGOS DE PINGÜI


Por fin, superadas todas as probas e conseguido un nome, xa tiñamos mascota...E non viña soa!
Apareceu cunha morea de amigos que podedes ver se visitades a nosa FOTOBLOGOTECA.
Comentarios (1) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 09-05-2008 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
GUÍA DE USO DA NOSA BIBLIOTECA
1.A Nosa Biblioteca.

Ubicación e espazos.
Servizos-horario.


2. ¿ Qué é a biblioteca?


3. Normas de uso da biblioteca.

Préstamo de libros e audio-visuais.
Préstamos de aula.
Uso dos ordenadores da biblioteca.

4. Organización dos fondos.


A NOSA BIBLIOTECA.

A biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel está situada no segundo andar do colexio e ocupa un espazo de 90 metros cadrados . Ten capacidade para 50 persoas e está dividida en cinco espazos:
1.Zona de administación e préstamo.
2.Zona de lectura infantil.
3.Zona de lectura e traballo de Primaria.
4.Zona de traballo e lectura de Secundaria.
5.Zona exterior ou corredor no que se atopan os expositores de novidades, o taboleiro e mesas dedicadas a ludoteca.

A biblioteca consta actualmente arredor de 8000 rexistros entre libros, Cds, DVDs, revistas, xornais...., ademais de tres ordenadores para uso dos alumnos e outro de xestión no que a nosa biblioteca está conectada ó Proxecto Meiga, o que nos permite facer búsquedas de documentos, informarnos das novidades ou realizar o servicio de préstamos.

SERVIZOS-HORARIO.

A biblioteca permanece aberta durante todo o horario lectivo, axustándose ó horario previsto no Plan de Mellora de bibliotecas Escolares aprobado no curso 2007-2008. Sempre haberá unha persoa de garda na biblioteca.

Poden utilizar a biblioteca todos os alumnos/as e profesores/as do centro. Terán que ter o carnet de biblioteca que lles permitirá acceder ó préstamo individual(alumnos), e de aula(profesorado).





¿QUE É A BIBLIOTECA?

A biblioteca é un lugar para saber e coñecer, para ler e para aprender pola tua conta.

É un lugar de lecer, que che permitirá viaxar no espazo, no tempo, visitar épocas remotas, lugares maravillosos e descoñecidos,coñecer formas de vida diferentes das nosas, animais extraordinarios....

É o lugar onde podemos sentir a poesía ou disfrutar de historias e lendas.

É a fiestra de acceso os recursos necesarios para o estudio e a elaboración de traballos escolares.

Á biblioteca vense VOLUNTARIAMENTE; non é un sitio de castigo. Gardaremos SILENCIO, e procuraremos non alzar a voz cando traballamos en grupo para non molestar ós demais.


NORMAS DE USO DA BIBLIOTECA.

PRÉSTAMOS.
O servicio de préstamo realizarase durante os recreos.

PRÉSTAMO DE LIBROS CDs E DVDs.

Pódense levar ata tres libros e 1 DVD, CD...; Nunca excederemos o número de 3 documentos.

Os libros teñen un periodo de préstamo de quince días, podéndose renovar ó remate destes.


Os Cds eDVDs teñen un periodo de préstamo de tres días.

DEVOLUCIÓN: Os libros depositaranse no caixón de devolucións e os Cds e DVDs recolleranse en man.

DEMORAS: As demoras na sdevolucións comunicaránselle ó alumno/a vía titoría nun primeiro momento. Si non se produce a devolución a biblioteca notificaralles ós pais esta demora.

DETERIORO OU PERDA: Neste caso procederase á reposición por parte do alumno/a do exemplar extraviado, ou no seu defecto o seu coste actual no mercado.


XORNAIS, REVISTAS...:

Os xornais e revistas non se prestan.

As revistas utilizaranse na biblioteca, e se é preciso para facer algún tipo de traballo ou para ler na casa, comunicarase ó profesor de garda que apuntará o préstamo nun rexistro manual.



ENCICLOPEDIAS E OBRAS DE CONSULTA:

Non se prestan; son de consulta na biblioteca. Se algún profesor necesitara algunha, rexistraranse como préstamo de aula.




PRÉSTAMOS DE AULA:

Cada profesor titor poderá ter na sua aula os libros que considere oportuno para realizar a sua labor, e facerao a través do préstamo de aula.


ORDENADORES:

O uso dos ordenadores quedará limitado exclusivamente a CONSULTA, BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN OU REALIZACIÓN DE TRABALLOS OU TAREAS ESCOLARES, e todas aquelas tareas que o equipo de biblioteca considere oportuno.

Os ordenadores poderán utilizarse sempre que o profesor de garda da biblioteca o autorice.

Os alumnos/as deberán rexistrarse nunha lista e deixarán ó responsable da biblioteca o carnet no momento no que estean utilizando os ordenadores. Deberán rematar a sesión cinco minutos antes de que toque o timbre de entrada. Devolveraselle o carnet unha vez comprobado que todo está en perfecto estado.

A utilización dos ordenadores será individual ou de dous alumnos/as por ordenador como máximo.

Non se pode descargar ningún tipo de ficheiros ou programas e non se poden abrir carpetas para gardar arquivos nin modificar a configuración establecida(pantalla, panel de control...)

No caso de que existan ordenadores libres o profesor de garda adxudicará a sua utilización.

No caso de incumplimento dalgunha das normas de uso o alumno/a non poderá voltar a utilizar os ordenadores da biblioteca.


ORGANIZACIÓN DOS FONDOS.

A maior porcentaxe do noso fondo está constituído por libros, pero tamén temos videos, Cds, DVDs, Cdrooms e enciclopedias, revistas e xornais.

Para organizalos seguimos a CDU(Clasificación Decimal Universal) que é a que rixe a maioría das bibliotecas, eso si, adaptada ás nosas características.

0.Xeneralidades: Diccionarios, enciclopedias e textos informáticos.
1.Psicoloxía, psicoloxía, ética.
2.Relixión.
3.Ciencias Sociais.
4.Baleiro.
5.Matemáticas e Ciencias naturais.
6.Ciencias Aplicadas, Medicina e Tecnoloxía.
7.Arte, Música e Deporte.
8.Literatura e Lingüística.
9.Xeografía, biografía e Historia.

Cada libro ten unha etiqueta que nos informa de:

Nª de materia

Tres primeiras letras do
APELIDO do autor(en maiúsculas)

Tres primeiras letras do título
(en minúsculas)


.

Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 05-05-2008 16:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal