BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Día da Ciencia e a Tecnoloxía no cole
Sabías que...

Mañá na aula de informática do cole participaremos... nunha videoconferencia!!!!!

Dende Suiza, Lisboa e Santiago intervirá un grupo de investigadores na conferencia que leva como título "Facendo Física de Partículas polo Mundo". O noso centro forma parte do grupo de 100 centros educativos galegos que se suman a actividade organizada pola Coordinadora de E.D.N.L.G e polo Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.

Unha máis das actividades programadas con motivo do Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego.


Comentarios (0) - Categoría TEMAS MONOGRÁFICOS - Publicado o 05-11-2012 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
E agora toca lembrar...
Descansamos de toda a actividade da última semana. Queredes botar unha ollada para lembrar todo o que fixemos? Grazas a todos, alumnos e mestres, por participar.Samaín 2012
Comentarios (1) - Categoría TEMAS MONOGRÁFICOS - Publicado o 01-11-2012 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
www.xaosei.eu
Hoxe inaugurouse no vestíbulo unha nova "cortiza-web": www.xaosei.eu, que seguro que nos fará pasar moi bos e ilustrados ratos ao longo do curso.
Non esquezades botarlle unha ollada de cando en vez xa que haberá novidades constantemente, e se non vos cadra estes días, sempre poderedes facer unha visita virtual aquí.
Comentarios (0) - Categoría TEMAS MONOGRÁFICOS - Publicado o 30-10-2012 22:28
# Ligazón permanente a este artigo
Premio Cervantes
Nicanor Parra, "o antipoeta" nado en Chile, ven de gañar o premio Cervantes de Literatura. Seguro que con este enlace, aprenderemos moitas cousas deste escritor.
Victor Parra
Comentarios (0) - Categoría TEMAS MONOGRÁFICOS - Publicado o 01-12-2011 23:28
# Ligazón permanente a este artigo
A Constitución
Dende a Biblio do cole Milladoiro comparten con nos toda esta información acerca da Constitución. Ímoslle sacar moito partido.
Día da Constitución
Comentarios (0) - Categoría TEMAS MONOGRÁFICOS - Publicado o 28-11-2011 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
Lois Pereiro
Fotografías do álbum familiar de Lois Pereiro, poemas musicados, textos explicativos e mesmo gravacións da voz do poeta son algúns dos materiais multimedia dos que podemos gozar durante estes días no vestibulo do noso centro.
Todos estes recursos están incluídos na exposición interactiva sobre Lois Pereiro que chega hoxe ao centro.

A exposición sobre Lois Pereiro enmárcase nunha iniciativa máis ampla que promoven a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos e que pretende achegarlle ao alumnado a traxectoria vital e profesional de recoñecidos escritores da literatura galega.

A mostra que protagoniza o escritor de Monforte, deseñada por Ouvirmos, consiste nunha instalación multimedia composta por unha pantalla multitáctil de gran tamaño e un muro vertical que mostra unha liña temporal cos principais episodios da biografía de Lois Pereiro e textos explicativos das súas diferentes etapas vitais. Este muro conta con dúas pequenas pantallas que exhiben en continuo preto de cen fotografías pertencentes ao álbum familiar do poeta. En canto á pantalla multitáctil, esta presenta un programa interactivo, dinámico e sensible á manipulación con dedos e xestos, que consta de catro apartados: Fotobiografía, A voz do poeta, Xogando coas palabras e A música.
(Extraído de http://www.edu.xunta.es/web/node/3416)
Comentarios (0) - Categoría TEMAS MONOGRÁFICOS - Publicado o 28-11-2011 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
O medo vaise indo...
Rematamos o tempo do Samaín con este video que fixeron dende a biblioteca do cole CEIP Curros Enriquez de Celanova. Bo traballo, compañeiros!

Comentarios (0) - Categoría TEMAS MONOGRÁFICOS - Publicado o 02-11-2011 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
Que número fas ti?
Nos últimos anos a poboación mundial creceu espectacularmente e pronto alcanzaremos a cifra de sete mil millóns. Moita xente, non?
A noticia deberia facernos reflexionar un pouco sobre o mal repartidos que están os recursos.
Entre tanta xente raro sería que a ninguén se lle ocurrise crear unha aplicación para saber cal era a poboación no momento en que cada un de nos naceu. Sabes cantas persoas vivían na Terra cando ti naciches?
Comentarios (0) - Categoría TEMAS MONOGRÁFICOS - Publicado o 28-10-2011 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
Escola pública
Comentarios (1) - Categoría TEMAS MONOGRÁFICOS - Publicado o 30-09-2011 00:34
# Ligazón permanente a este artigo
O galego
Para os que aínda non o teñen claro...
Comentarios (0) - Categoría TEMAS MONOGRÁFICOS - Publicado o 29-04-2011 15:24
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal