BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ADELA TURÍN.
ADELA TURIN NA UNIVERDIDADE DE
LIBROS CONTRA A DESIGUALDADE DE XÉNEROS

"Adela Turín es una de las personas que en los años setenta acaso más ha contribuido a la reflexión y al análisis de los sesgos sexistas en las imágenes de los cuentos. Historiadora del arte y escritora,fundó junto con Nela Bosnia, la ilustradora de muchas de sus primeras obras, la editorial “Dalla parte delle bambine”, con sede en Milán. Allí, entre 1975 y 1980, aparecieron más de una veintena de cuentos, que Adela escribía a favor de las niñas, como indica el nombre de la editorial, y que tuvieron una gran influencia en muchas maestras y mujeres implicadas en la lucha por la igualdad.
Unos años más tarde, establecida en París y consciente de que todavía era muy importante la
discriminación sexista, fundó junto con Silvie Cromer la asociación « Du côté des filles », que desde 1994 se propuso como principales objetivos la investigación y la denuncia del sexismo en los
materiales educativos, así como la producción y difusión de instrumentos de sensibilización
especialmente dirigidos a las editoriales, ilustradores, usuarios e instituciones.
Traducidos a otros idiomas y publicados en diferentes países (en España por Lumen), la mayoría de los cuentos de Adela Turin, como Arturo y Clementína, Historia de los bonobos con gafas, Una feliz catástrofe, Rosa Caramelo, Cañones y Manzanas, Los gigantes orejudos, La chaqueta remendada,
Las hierbas mágicas, Las cajas de cristal, La herencia del hada, Nuncajamás…, todavía se conservan frescos y de actualidad en la defensa de una educación más igualitaria para las niñas y las mujeres."

(texto y foto extraidas de lawebdel Museo de la Educación de la Universidad de la Laguna, con motivo de la Conferencia que Adela Turín el 23 de abril do 2007)

BIBLIOGRAFÍA

Todas en Editorial LUMEN, inda que descatalogados a maioria.

LA HERENCIA DEL HADA
Adela Turín/Nella Bosnia

VIOLETA QUERIDA
Francesca Catarelli/Adela Turín

EL JARDINERO ASTRÓLOGO
Bárbara de Brunhoff/Adela Turín

PLANETA MARY año 35
Adela Turín

LA MANO DE MILENA
Nella Bosnia/Adela Turín

PAPÁ NOEL, SA
Margharita Saccaro/Adela Turín

LA CHAQUETA REMENDADA
A.Mª Curti/Adela Turín

EL HADA PEREZOSA
Adela Turín

EL OVILLO BLANCO
Aura Cesari/Adela Turín

HISTORIA DE LOS BONOBOS CON GAFAS
Nella Bosnia/ Hampty Dumpty/Adela Turín

CAÑONES Y MANZANAS
Silvie Selig/Adela Turín

LAS CAJAS DE CRISTAL
Nella Bosnia/Adela Turín

LOS GIGANTES OREJUDOS
Nella Bosnia/Adela Turin

HISTORIA DE UNOS BOCADILLOS
Margharita Saccaro/Adela Turín

NUNCAJAMÁS
Letizia Galli/Adela Turín

UNA FELIZ CATÁSTROFE
Nella Bosnia/Adela Turín

LAS HIERBAS MÁGICAS
Nadia Pazzaglia/Adela Turín

ARTURO Y CLEMENTINA
Nella Bosnia/Adela Turín

ROSA CARAMELO
Nella Bosnia/Adela Turín






Comentarios (1) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 25-11-2009 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
LA CENICIENTA QUE NO QUERÍA COMER PERDICES
COMO CHE CAMBIOU O CONTO!

Aqui tedes un conto de fadas reais. A verdadeira historia de Cenicienta y como reaccionou frente ao maltrato sicolóxico do seu príncipe "marabilloso".


Comentarios (3) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 25-11-2009 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
2O DE NOVEMBRO DIA DOS DEREITOS DO NENO
En 1989, a "Asamblea Xeral das Nacions Unidas" aprobou a Convención sobre os Dereitos do Neno.So dos países non a firmaron: Somalia e Estados Unidos. Para reflexionar, nonsi?

O 20 de novembro celébrase o Día Internacional dos dereitos do neno


Declaración dos Dereitos do Neno


Non estará de máis recordalos de xeito resumido:
1
Todos os nenos desfrutarán de todos estes dereitos, sen ningunha excepción por motivo algún.
2
Dereito a unha protección especial para que poda desenvolverse de forma completa e en condicións de libertade e dignidade.

3
Dereito a ter un nome e unha nacionalidade.
4
A medrad e desenvolverse de forma sudable, desfrutandando de alimentación, vivenda, lecer e servicios médicos adecuados.

5
os nenos descapacitados recibirán o tratamento, educación e cuidados especiais que requiran.

6
A ter uns pais que o comprendan e o amen.

7
A unha educación, gratuita e obrigatoria e ao xogo.

8
A figurar entre os primeros en recibir protección e socorro .

9
A non ser abandoado nin expltado. Non se permitira que traballa antes da idade mínima axeitada.

10
A ser protexido contra a discriminación racial, relixiosa ou de calquera outra índole.
CONVENCIÓN SOBRE LOS DERECHOS DEL NIÑO
BIBLIOTECA CEIP ANDRADE
Comentarios (2) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 19-11-2009 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
CONTOS DE HALLOWEN

A NOITE DO MEDO

Achégase a noite de Hallowen e, como cada ano, os meus amigos e máis eu aproveitámola para facer algunha que outra falcatruada.
Vouvos contar o que, xa hai algúns anos, aconteceu.
A miña avoa Manuela vive nunha casa agastada da aldea, rodeada de árbores e calquera especie de animal imaxinable. Alí nos xuntamos para preparar a nosa noite tan esperada durante todo un ano.
Eran as once e media cando petaba na porta o meu amigo Pablo. Minutos máis tarde chegaba Alex. Xa estabamos tods para que a noite de Hallowen fora inesquecible. Alex puxo o traxe de pantasma, Pablo e máis eu, un disfraz de morto vivinte. Nuns paus colgamos unhas cabazas que nada máis mirar pra elas caías de cú co medo.
Empezabamos a nosa andadoira monte arriba. Pablo ía de primeiro, xa que era o qeu menos mdedo tiña. Alex e máis eu iamos a un paso lixeiro. De súpeto, ao lonxe, divisábase unha luz penetrante nos ollos e uns ruidos que parecían vir dalgúns dos animais que alí se agocahban. Quedamos os tres quedos e calados. Non dabamos creto do que nos estaba a acontecer. Decidimos seguir , xa que tiñamos os paus das cabazas. Ao chegar ao río descubrimos o que tanto nos abraiaba e asustados nos tiña.
Era a miña avoa Manuela, lavando no río. Caéralle o gato á auga e non era quen de sacalo.
Angel Miguel Bermúdez Blanco (5ºB)
Comentarios (5) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 29-10-2009 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
CONTOS DE HALLOWEN

O sábado, 31 de outubro, eu estaba sentado a carón da lareira cos meus amigos. Estabamos comentando como fixeramos os exercicios de matemáticas. De súpeto algo fixo Bummm!. Fora a porta, unha ráfaga de vento pechouna. A penas pasaron dous segundos cando un lóstrego iluminou a sla. Todos foron correndo cara ao meu cuarto, pero eu , como corro menos, quedei atrás. Aínda non puxeramos as candeas para espantas aos mortos. Un morto colleume pola perna e levoume ata unha cova ao lado do cemiterio. Os meus amigos baixaron "a fume de carozo" polas escaleiras e comezaron a buscarme.. "Lucas, Lucas!", berraron todos. O morto que me colleu era un secostrados que eu, María, Claudia, Carlos e David, qeu son os meus amigos, desenmascararamos hai seis anos. El suicidárase e agora quería vingarse. Samuel , que así se chamaba o secostrador, atoume a unha cadeira e dicíame cousas horribles. Os outros xa coñeceían esa cova e foron mirar se estaba aí,; efectivamente, aí estaban os dous. Carlos avióunos e a María ocorréuselle ir polas cabazas e candeas. Claudia e David foron polas cousa, chegaron e acendéronas. Os mortos fuxiron e Lucas quedou en liberdade.

Lucía Ferreiro(6ºA)
Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 29-10-2009 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
CONTOS DE HALOWEN


AMOR PROHIBIDO

Samuel era un chaval normal que un día tivo que cambiarse de cole. Na súa clase había vintecatro nenos, e de todos eles só se fixou nunha compañeira, Xiana.
El non sabía porque Xiana sempre estaba afastada dos demáis. Na hora de comer Samuel sentouse ao seu carón.
-Ola!
-Ola, Samuel!
-Que comes?
-Emmm...nada, nada...
Samuel estaba desconcertado. Por que aquela rapaza non lle dicía o que comía?. Nin que comera sangue!
Chegou o día de Hallowen e Samuel foi atrevido einvitou a súa amiga a ir ao baile de "Halloween". Ela dixo que non, porque estaba moi ocupada. Samuel sabía que algo pasaba con Xiana. Entón seguiuna e viu que collía un paxaro e o mordía. Samuel, aterrorizado, díxolle:
-Que fas?
-E que....Son unha vampiresa!
-Que?
-Si, como o oes?
-Xiana, a min dame igual. E que esu..., eu...
-Ti..., ti..., que?
-Eu quérote!
Xiana, sorrindo, mordeulle. Samuel non podía crelo. Ao final converteuse nun vampiro, pero ninguén volveu saber del...

Catuxa (6ºA)
Comentarios (2) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 29-10-2009 09:29
# Ligazón permanente a este artigo
CATÁLOGO DE REGALOS EN GALEGO
POLO NADAL, TAMÉN EN GALEGO!

Agora que chega unha vez máis o Nadal e sempre hai algún agasallo que facer, non nos esquezamos do noso catálogo e, nestes tempos de crise, fagámolo tamén , EN GALEGO.

PÁXINA A PÁXINA
ACCESO AO CATÁLOGO
Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 06-06-2009 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
Que ben coxea o galego!
O GALEGO UNE
LETRAS GALEGAS, PESE A QUEN PESE
No suplemento "LUCES DÍA DAS LETRAS" do xornal "El País" do domingo, con motivo do "Día das Letras Galegas", leo un artigo de Manuel Rivas que recomendo a todos. Tentei enlazalo dende o xornal, pero non fun quen de atopalo.
Comeza cun "conto popular" que deixo aqui...

"Era unha vez un home qu tiña moita envexa do seu veciño. Pouco máis ou menos, a súa facenda era a mesma. Unha horta cun número semallante de froiteiras. Estaban á par en gando. Tiñan a mesma extensión de leiras e de herbais e prados xemelgos que lindaban na ribeira. Ningún deles estaba por riba do outro. Tiñan candansúa casa con chimenea e fume. Contaban con mesmo número de horas e días ao ano na quenda da auga de rego e do uso do muíño.
Mais o home tiña algo que o outro non tiña. Tiña envexa, un sentimento atravesado que condicionaou o seu maxín e sentidos. El tiña colmeas que daban bo mel, mais un día espertou cun sabor amargo na boca. Por que era mellor o mel do veciño? E as mazás?Por que eran máis saborosas as mazás do veciño? E o leite? Por que daban máis leite as vacas do veciño?
Cando comentou a súa teima cun irmán, este tentonuno devolver á realidade. Por exemplo, o seu viño era mellor que o do veciño. Iso ainda o alporizou máis. El non era un parvo. En comparanza co seu, ácido e revolto, o viño do veciño era o do Cantar dos Cantares! O gusto, o ollar, a medida das cousas. O prexuízo ía tomando posesión del. O veciño era un inimigo. Había que imporse a el, dun xeito ou doutro. E foi así que o noso home decidiu pactar co Demo.
Iso de pacatar co Demo non é ningunha fantasía. Todos os días hai xente que nalgures pacta co Demo, que é máis pactista que Deus.
O pacto funcionou á perfección. O Demo, que é un as da propaganda, fíxolle ver que os seus frotios eran máis grandes e saborosas, que o leite das súas frisonas era todo manteiga, e que mesmo a súa soleira era máis soleada que a do veciño. Así que o home acougou, aínda que se mantiña en estado de vixía. Un día chegoulle a noticia de que o veciño fora atropelado por un camión. Era o intre de desentenderse do caso. Até que un día viu chegar un taxi ao adro do lugar. E do automóbil, con moita dificultade, baixou...o veciño!. Botou a andar apoiando en dúas muletas. E o noso home sentiu de novo o arrinque da dinamo do anoxo, e non puido menos que exclamar:"Que ben coxea este cabuxo(1)!"

(1) No artigo de Manuel Rivas aparece outro substantivo que evitaremos, dado que este é un blog "educativo"...E non queremos dar argumentos a quen pode dar a volta ás realidades máis evidentes.

Por certo...os alumnos e alumnas de 2º ciclo de EP do colexio traballaron este ano co galo do Dia do Libro, "El Quijote",(límolo "enteiro", un capitulo cada día). Fixeron logo unha adaptación propia para seus pais, nun castelán que a moitos daría envexa. Para que logo digan que o castelán corre perigo nas nosas aulas.
Non pode ser que todo isto teña algo que ver co conto?
Comentarios (2) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 17-05-2009 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2009

POEMAS MUSICADOS
Nesta semana das letras galegas non ven de máis recordar algúns poemas dos homenaxeados que reviven inda con máis forza cunha voz actual e fermosa.
Rosalia Castro foi a protagonista do primeiro día das Letras Galegas. Velaí dous dos seus poemas máis fermosos.






ADIOS RIOS, ADIOS FONTES
Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 14-05-2009 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
EDUCACIÓN INFANTIL E LETRAS GALEGAS
UNIDADE DIDÁCTICA SOBRE RAMÓN PIÑEIRO

As mestras de Educación Infantil do CEIP FRIAN-TEIS, en colaboración con Equipo de Normalización Lingüística e Frianciño, teñen elaborado esta Unidade Didáctica sobre Ramón Piñeiro, para que, tamén as alumnas e alumnos de infantil poidan coñecer algo sobre o autor ó que adicamos este ano o Día das Letras Galegas.
Pulsade RAMÓN PIÑEIRO, E ...a traballar!
UNIDADE DIDACTICA CEIP FRIAN-TEIS
Blog da Biblioteca do C.E.I.P. Frian - Teis
Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 12-05-2009 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal