BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Semana da prensa
A semana do entroido celebramos tamén a semana da prensa na escola.
Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 17-03-2011 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
A candeloria
Mañá, 2 de febreiro, é un día especial. Din que é o día en que casan os paxaros, o preludio da primavera. Pero neste día tamén se celebran outras cousas. Pica no enlace e infórmate.
Logo pasa pola biblioteca e déixanos unha mostra en forma de texto ou de debuxo para facer, entre todos, un mural. Xa verás que bonito queda! A Candeloria
Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 01-02-2011 22:31
# Ligazón permanente a este artigo
UXIO NOVONEIRA
Nestas datas que se aproximan ao 17 de maio é bo momento para profundizar na figura e na obra de Uxio Novoneyra ,á quen vai adicadada este ano a conmemoración. Moitos son os materiais elaborados ata o momento, o que facilita moito o labor dos bibliotecarios escolares, e do profesorado, en xeral.
Nos queremos destacar dous en especial:
En primeiro lugar vos presenamos este ISSU sobre Novoneyra, realizada por Antonio Martínez do IES Alfonso X O Sabio, de Cambre.




En segundo lugar, e dirixido ao alumnado de Secundaria, unha WEBQUEST elaborada conxuntamente polo anterior prOfesor e Loly Lago do IES de Fene, que o puxeron á nosa disposición.

E de paso, botádelle unha ollada a eses estupendos blogs.Aquí tedes os enlaces.
WEBQUEST SOBRE NOVONEYRA
BLOG DA BIBLIOTECA DO IES ALFONSO X O SABIO
BLOG
Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 15-05-2010 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
UXIO NOVONEIRA E A MEMORIA HISTÓRICA
Aqui deixamos esta presentación feita polo equipo de biblioteca do CPI "LUIS DIAZ MORENO" de Baralla (Lugo)sobre un romance de Uxio Novoneyra que leva por titulo "Manoel de Ribadaira" e qeu recolle o fusilamento de Manoel Cela. Unha mostra da faceta social do autor que pon en evidencia a necesidade de non perder a memoria histórica que hoxe parece estar moi mal vista en certos sectores do noso país.

Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 15-05-2010 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
OS MAIOS
Esta anterga tradición, conservada sobre todo na provincia de Ourense, Viveiro e algúns outros lugares espallados pola xeografía galega ven de ser reivindicada nos últimos anos, especialmente nos colexios .

"O Maios, na súa manifestación máis sinxela, é un rapaz, coberto de edra, panqueixo, cangorza, espadaña, follas, ramaxe diverso e frores, velada a cabeza cun pucho de xuncos, que sae o primeiro ou primeiros días, de maio, arrodeado dun coro de nenos ou mozos a percorrer as rúas do pobo e que xa se acredita na Compostela do meioevo.". Así explica Xesús Taboada Chivite, no seu libro "Etnografía galega", publicado en 1972 esta festividade.
No seu recorrido o maio cantaba unha estrofa que os demáis repetían:
Eí ven o Maio
pola calle arriba
eí ven o Maio
que Diolo bendiga.

As veces tírase ao chan i o coro cantaba:

Levántate maio
que tanto durmiches,
pasou o inverno
e non o sentiches

Esta tradición mantense en Viveiro, inda que xa mesturada con certos modos cristianizados, como as cruces de maio.


















Pero o maio máis persistente, especialmente na provincia de Ourense, e hoxe en moitos colexios da nosa comunidade é o de tipo figurativo: coniforme ou piramidal adornado con ramas, follas, fores e ovos. Levan pariolas ou rodas para seren trasportados.
Unha mostra deste último é a que podedes apreciar no vídeo que recolle os maios premiados este ano no noso centro.



Comentarios (1) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 07-05-2010 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
OS NENOS DAN EXEMPLO
No xornal "La Voz de Galcia" do pasado mércores 21 de abril apareceu unha reportaxe que debería facer reflexinar a moitos adultos: "O 77% dos galegos non utilizaron ningunha biblioteca durante o 2009".

Desde a nosa biblioteca do centro, igual que na maioria das BBEE constatamos día a día unha realidade moi distinta nos recreos diarios. Os nenos e nenas visitan a biblioteca para levar numerosos libros a casa e útilizan durante ese tempo os ordenadores para facer consultas relacionadas co traballo de aula("os lectores habituais empregan máis Internet que os non lectores).
Os libros electrónicos formarán parte das nosas vidas- e das nosas bibliotecas- máis pronto que tarde, e isto non suporá como algúns preven, a desaparición do libro. A imprenta supuxo unha xeralización do saber a traves dos libros e, sobre todo , a súa democratización, saindo dos mosteiros e popularizándose. Non importan tanto os formatos. Ofundametnal son os contidos e o que estes poden aportarnos.
Para os interesados nestes temas vos recomendamos os dous enlaces que aparecen a continuación:


la voz de la escuela
Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 25-04-2010 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
OS LIBROS, TECNOLOXÍA PUNTA
Neste mes dos libros invítovos a ver este orixinal vídeo sobre os libros que sempre coñecimos e que seguen a ter o seu espazo nestes tempos de tecnoloxía dixital.


Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 18-04-2010 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
A LENDA DE SAN JORDI
En Cataluña cada 23 de abril, día do libro e festa de San Jordi teñen por costume agasallar ás mulleres cunha rosa. Un costume certamente bonito pero cuxo significado moitos descoñecen. Os nosos amigos do colexio de l´Esculapi, que coñeceremos moi pronto no próximo intercambio que terá lugar no Escorial, en Xuño, a través do blog creado para o programa ARCE, nos ofrecen unha presentación moi interesante.
LENDA DE SAN JORDI
BLOG DE L´ESCULAPI
Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 18-04-2010 20:04
# Ligazón permanente a este artigo
WEBQUEST PARA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
WEBQUEST 3º CICLO EP
Unha webquest moi interesante para profundizar na biografía e na obra dalgunhas mulleres galegas destacadas ao longo da historia .
Realizada por Olga Rodriguez Díaz dene a biblioteca do CEIP Milladoiro de Malpica, con motivo doo "Día Internacional da Muller".
Recomendada para o 3º ciclo.
IR A
WEBQUEST
WEBQUEST SOBRE MULLERES GALEGAS
Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 07-03-2010 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
ENTROIDO 2010


Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 18-02-2010 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal