Moitas veces preguntámonos que é a paz, pero non nos paramos a reflexionar ás nosas respostas. O significado de "Paz" cambia según as circunstancias de cada quen..., e o momento de cada quen...
Conflictos, guerras, medioambiente, solidariedade,... palabras, e son as palabras as que nos teñen que axudar a conseguila. Ánimo!
Un ano máis estamos nas portas da "celebración" do Día da Paz. Penso que todos estamos de acordo en que a Paz, hai que celebrala diariamente, a todas horas, en cada momento... Nembargantes ás veces é necesario que reflexionemos sobre as nosas actitudes máis cotidiáns e o exemplo que damos con elas, despois de todo, o camiño da paz non é tan dificil, só hai que pensar cada paso...
Este ano o día das letras galegas está adicado a Lois Pereiro.
Poeta importantísimo nado en Monforte en 1958 morreu prematuramente na Coruña no ano 1996.
A súa obra fai del un autor de culto e representa a renovación e o achegamento aos lectores máis novos.
Como ven sendo costume, o seminariogalan.org elaborou uns materias magníficos que vos recomendamos. Lois Pereiro
Outra vez neste curso, as vacacións esconden un día sinalado. Recordamos a todos que o 23 é o día do libro (e o día dos dereitos de autor). Para non esquecelo picade en "Carlos Negro" e poderedes ver que fermoso regalo fixo o poeta ás bibliotecas escolares.Carlos Negro