BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Móvete+
O alumnado de primaria do cole participou no proxecto Móvete+.
É unha actividade do programa Xogade dirixida a todos os escolares de Galicia que trata de promover a actividade física a través de unha acción de carácter lúdico, transversal, divertida e ao mesmo tempo sumar máis cantidade de exercicio físico para acercarnos ao que recomenda a OMS.



Comentarios (0) - Categoría CARRAL - Publicado o 29-06-2015 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Xadrez en San Xoán
Xa hai algún tempo veu polo cole Carlos Lozano a presentarnos o Club Xadrez Carral e de paso ensinounos algúns truquis para empezar a xogar.
Hoxe invítanos a participar nun torneo: boa forma de empezar as vacacións! Non deixedes de participar... e si non queredes participar aínda, dade unha volta para ver aos máis expertos!!!!
Comentarios (0) - Categoría CARRAL - Publicado o 04-06-2012 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Tempo de lecer
O venres, na casa da cultura, "Sinbad"
Comentarios (0) - Categoría CARRAL - Publicado o 30-11-2011 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
Ruta Aeroporto - Santiago
O xoves 21 recibiremos aos profes das outras escolas que participan no proxecto ARCE. Chegan ao aeroporto de Santiago. Imos botarlles unha man para que non se perdan.

Ver mapa más grande
Comentarios (0) - Categoría CARRAL - Publicado o 19-10-2010 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
OS MUIÑOS DE BATÁN DA COSTA DA ÉGOA


A importancia deste conxunto radica tanto na beleza do seu entorno natural, moi ben preservado, como polos caracteres tecnolóxicos e etnográficos dos muíños.

Trátase de 14 muíños nun treito menor de 350 m. Case todos os muíños están interconectados por canles, que discorren por grandes desmontes. Esta tecnoloxía preindustrial foi aproveitada nos inicios do S. XX para colocar unha dínamo e producir enerxía eléctrica.


PARA VER MÁIS FOTOS VAI Á NOSA FOTOBLOGOTECA
Comentarios (2) - Categoría CARRAL - Publicado o 11-04-2008 20:50
# Ligazón permanente a este artigo
OS MUIÑOS DE BATAN
VIDEO
http://www.truveo.com/OS-MUI%C3%91OS-DE-BAT%C3%81N/id/3360039419
Comentarios (0) - Categoría CARRAL - Publicado o 11-04-2008 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
HISTORIA DE CARRAL: IDADE MEDIA E MODERNA

IDADE MEDIA
“Fernando III concede ás xentes de Carral o título de lealdade, en agradecemento ós moitos carraleses que defenderon na véspera do día de San Andrés de 1227 o castelo de Baeza do asedio musulmán, por este motivo é polo que nos documentos do Concello de Carral figura o título de "Moi Leal". Tamén lles concede o privilexio de colocar no escudo unha bordadura de gules con oito aspas de ouro, unha por cada parroquia, en conmemoración daquela fazaña. Os Reis Católicos outorgan a vila a Carta de Puebla Real e pode colocar tamén no seu escudo a coroa real.

IDADE MODERNA


OS MÁRTIRES DE CARRAL

O acontecemento máis importante da historia moderna de Carral foi ter sido escenario do triste remate do Coronel Solís e os militares que lle acompañaron no levantamento contra o presidente Narváez. Dito alzamento comezou en Lugo en 1846, cando Solís e Cuetos, disolveron o Consello Provincial e a Deputación, proclamando unha Xunta de Goberno de Galicia en contra do Goberno de Isabel II. Pretendían reivindicar a liberdade rexional de Galicia. A batalla decisiva tivo lugar o 23 de Abril en Cacheiras, pero ante a superioridade das tropas enviadas por Madrid foron derrotados. Aquela mesma tarde, Solís, que se refuxiara en San Martiño Pinario entregouse... e despois de tres días e un xuízo sumarísimo foi condenado a morte en Carral. Este xuízo non foi celebrado en Santiago ou na Coruña por medo ós simpatizantes do coronel que había nestas cidades.

A Liga Galega da Coruña toma a iniciativa de levantar un monumento en memoria ós Mártires de Carral. A primeira pedra se coloca o 23 de abril de 1899, inaugurándose o 22 de maio de 1904. Nel figura o seguinte lema "Aos mártires da liberdade mortos o 26 de abril de 1846. Liga Gallega na Cruña". Unha placa lembra os nomes dos oficiais executados.”(1)

(1)Recollido da paxina do Concello de Carral:http://www.concellocarral.com/index.php?id=23
ENLACES:
http://nieve.nireblog.com/post/2007/04/26/martires-de-carral
web concello de carral
WEB RELACIONADA
Comentarios (1) - Categoría CARRAL - Publicado o 11-04-2008 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
PREHISTORIA E CULTURA CASTREXA
A historia de Carral está intimamente ligada ao feito de seren un lugar de paso entre A Coruña e Santiago. Herves ou Carral xorden como lugares de aprovisionamento para as carruaxes que comunican ámbalasdúas vilas.
Prehistoria e Cultura Castrexa
As zonas altas foron colonizadas polo home dende a prehistoria como o poñen de manifesto a existencia de dólmenes, mámoas e construccións propias desta época. Se ben na actualidade quedan escasos resots no Xalo e en Paleo, hai constancia de térense atopado utensilios de uso diario como puntas de frecha, muiños, machadas...
Conta con numerosos castros debido ás boas condicións defensivas e á riqueza do seu contorno.
Castro de Tabeaio
Castro de Paleo
Castro de Paiolante
Castro de Gosende
Castro de Balbén
Castro de Ameás
Castro de Herves
Castro de As Travesas ou "Eira dos Mouros"
Castro das Travesas
Ha sido objeto de una intervención que lo ha limpiado de maleza y abierto varias catas.
Para observar algunhas fotos do mesmo pinchade o seguinte enlace
http://www.celtiberia.net/verlugar.asp?id=837
fotos castro
Comentarios (0) - Categoría CARRAL - Publicado o 10-04-2008 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
XEOGRAFÍA
PRESENTACIÓN
En 1836, sendo Gobernador Civil Pio Piza Pizarro, Carral constitúese como Concello, fixándose a súa demarcación.Forma parte da Área Metropolitana da Coruña.
Abarca unha superficie de 48 Km.2
Respecto da orixe do seu nome existen dúas teorias: 1) o nome ven dos “carros” que levaban e traían o gran dos muiños.2) procedería do paso da “carrilana” que facía a rota Santiago-A Coruña.
SITUACIÓN XEOGRÁFICA:
Trátase dun concello pertencente á “Comarca da Coruña”. Limita cos concellos de Abegondo, Cambre , Culleredo , Ordes e Cerceda.
POBOACIÓN
Conta cunha poboación de 5.289 habitantes, tendo unha densidade de 110,19 habitantes por Km.2
Comprende un total de 8 parroquias: Santa Mariña de Beira, Santiago de Sumio, San Estevo de Paleo, San Pedro de Quembre, Santa Baia de Cañás, San Martiño de Tabeaio, San Xián de Sergude e San Vicente de Vigo.

NOME PATRONO KM.2 POBOACIÓN MÁIS RECENTE
BEIRA SANTA MARIÑA 10,27 573
CAÑÁS SANTA BAIA 3,61 319
PALEO SAN ESTEBAN 8,55 2.062
QUEMBRE SAN PEDRO 5,54 346
SERGUDE SAN XULIÁN 2,31 146
SUMIO SANTIAGO 8,77 503
TABEIAO SAN MARTIÑO 4,56 885
VIGO SAN VICENTE 4,38 456
POBOACIÓN TOTAL 5.290
(Datos de 2002)

Evolución da poboación de: Carral - desde 1900 ata 2004 -
1900 1930 1950 1981 2004
5.082 5.661 6.067 6.001 5.453
Fontes: INE e IGE
Xentilicio : Carralés

RELEVO
Dentro do municipio atopámonos con dous vales que acollen ós rios Barcés e Brexa. Ámbolos dous son afluentes da marxe esquerda do Mero. O Brexa penetra en Carral polo seu extremo NO. atravesandoo en dirección noroeste-nordeste, e formando o val situado entre Tabeaio e o núcleo urbano de Carral. O rio Barcés forma unha das paisaxes mais fermosas do concello: O Val de Barcia. O Barcés transcurre diagonalmente no territorio carralés, servindo nalgúns traxectos do seu percorrido de límite co concello de Abegondo. O val que o acolle é de gran riqueza agrícola e as panorámicas que ofrece son de inmellorable fermosura. Nel atopamos numerosos pazos, castros, muiños, cruceiros, capelas e igrexas; ainda que moitas destas construccións xa desapareceron ou están en estado de abandono e deterioro. Os que mellor se conservan son os pazos e as igrexas. Tamén son de salientar as principais alturas que se atopan neste municipio. Son o Xalo con 459 mts., San Bartolomé, nas Travesas, con 458 mts. de altitude, e o monte Castro de Ameás con 210 mts.


ECONOMÍA:
As principais actividades do concello céntranse no sector Primario(agrícultura, gandeiria e explotación forestal).
Agricultura: con todo tipo de cerais, legumes, hortalizas e froitas, sendo de salientar nestas últimas as plantacións de kiwis introducidos recentemente.
Gandeiria: fundalmente a producción de leite , e os queixos artesanais que inda se poden adquirir nas feiras e algúns comercios da zona.
Explotación forestal: a explotación de especies non autóctonas, fundamentalmente o eucalipto estan a facer cambiar en gran medida a paisaxe, desaparecendo a maior parte das carballeiras e castiñeiras que antes daban carácter á paisaxe.
O Comercio céntrase na capitalidade do concello e nas feiras. Na actualidade, a creación do Polígono industrial Os Capelos, en fase de construcción, poderá mellorar as infraestructuras que leven a o desenvolvemento de novas empresas no municipio.

O PAN DE CARRAL
De entre os moitos pans tradicionais de Galicia, o de Carral, sen dúbida é dos máis coñecidos. Ten sona polo seu sabor e calidade pero tamén porque existe case desde sempre.
En efecto, tal e como vimos a saber ó longo da nosa investigación, Carral e o Val do Barcia son terras nas que se cultiva o trigo desde sempre porque é moi axeitada para este froito. Na Idade Moderna, a proximidade da cidade da Coruña, favoreceu o desenvolvemento dunha modesta actividade de fabricación e venda do pan; os datos proporcionados polo Catastro de Ensenada (1753) non deixan lugar a dúbidas, moitas familias do Val do Barcia teñen na elaboración e venda de pan a garantía do seu sustento.
Pouco despois, son os propios coruñeses quen fomentan a entrada na cidade e, incluso a imitación, dos mellores pans que coñecen, o de Carral e o de Bergantiños, que son os preferidos do público en detrimento da produción local.
É precisamente esta conexión coa cidade coruñesa o que favoreceu o mantemento desta industria artesanal que aínda hoxe en día amasa e coce o seu pan seguindo as formas tradicionais.
“ Uns vinte fornos, repartidos por diversos lugares do municipio (Tabeaio, Barcia, Herves e na vila de Carral) elaboran artesanalmente este "pan de molete" lixeiro e esponxoso. Se mestura a fariña de Castela coa do país, máis húmida e morena, e déixase en cantidades variables o cascabillo do grao de trigo, que proporciona ese contraste moteado da miga e mellora a dixestión. Pode durar fresco de tres a cinco días. Ademais do "pan de molete" se elaboran bolas, "boroa" de millo e empanadas.”(*)
(*)ENLACES RELACIONADOS CO TEMA
(*)ENLACES RELACIONADOS CO TEMA
http://www.terradasmarinas.com/?id=5e93e&s=K2
http://www.terradasmarinas.com/?id=6bd96&s=K2
http://www.terradasmarinas.com/?id=712b6&s=K2
http://www.terradasmarinas.com/?
http://www.agalicia.com/carral/index.htm
CONCELLO DE CARRAL
http://www.concellocarral.com/index.php?id=23
MUIÑOS DA EGOA
http://video.aol.com/video-detail/molinos-de-carral/1626878452
http://pandecarral.blogspot.com/

CONCELLO DE CARRAL
http://www.agalicia.com/carral/index.htm
terradasmariñas
Comentarios (5) - Categoría CARRAL - Publicado o 10-04-2008 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal