BIBLIOTECA DO CPI DE CARRAL


1º edición
Trescentos cincuenta kilos de alimentos, dúas caixas completiñas de material escolar e 117,17€ foron cambiados por casi cinco centos de libros. Alimentos todos: uns para o corpo e outros para o espirito.
Grazas a todos por contribuir nesta iniciativa, que esperamos se repita para o ano que ven.

Click to play this Smilebox thank you
Create your own thank you - Powered by Smilebox
Customize a thank you
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 15-05-2012 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O día da ciencia
Ver aos nosos nenos e nenas tan entusiasmados animando aos visitantes a acercarse á nosa "jaima"... Escoitar as explicacións tan claras... Construir un muiño con papeis de cores... Comer ás de polo pensando en como se transforma a enerxía...Mmmm só unha pega, olvidáronse de facer un panel que dixese que a enerxía dos alumnos transfórmase en enerxía para mestres (e viceversa). Vémonos no próximo día da ciencia: seguro.

Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
This free picture collage customized with Smilebox
Comentarios (1) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 12-05-2012 00:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Día das letras
Xa está aquí como todos os anos a festa coa que celebramos a nosa lingua. Este ano está adicada a un home polifacético. No cole de Friáns-Teis fixeron un magnífico traballo que queren compartir con todos nos. Gozade del premendo aquí
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 06-05-2012 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
E ti, que estás a ler?
Outra das actividades que fixemos para celebrar o día do libro foi cotillear un pouco nas lecturas dos nosos compañeiros e profes. Queredes saber que estaban a ler o día do libro?

Cotillea un pouquichiño

Comentarios (2) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 02-05-2012 15:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ESPERÁMOSVOS, NON FALTEDES!!!!!!!!

Este ano os alumnos de 5ºA de primaria participaremos no “XVII Día de la ciencia en la calle”.
Esta xornada está organizada polos Museos científicos coruñeses no parque de Santa Margarida. A actividade terá lugar próximo sábado día 5 entre as 11 e as 19.
Trátase dunha festa onde os colexios participantes amosan ao público asistente as diversas actividades, maquetas, xogos… de ciencias realizadas na aula.
É impresionante todo o que se pode experimentar e aprender neste día.
Nós presentamos un proxecto que consiste no desenvolvemento da enerxía ao longo da vida do ser humano.
Os colexios participantes son de todos os niveis dende infantil e primaria, pasando por ESO, bacherelato e Formación profesional ata a universidade da Coruña.
Non o perdas, ven a visitarnos, seguro que non te arrepintes.

O grupo de 5ºA
Comentarios (2) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 02-05-2012 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
XVII DIA DE LA CIENCIA EN LA CALLE

O sábado 5 de maio desde as 11:00 ás 19:00, os alumnos e alumnas de 5º participarán no XVII Día de la ciencia en la calle, que terá lugar no parque de Santa Margarida. Esperamos que disfrutedes esta oportunidade de coñecer algo máis sobre o noso entorno da man dos vosos compañeiros e dos rapaces e rapazas doutros centros.


Pedide na casa que vos leven, pasaredes un bo rato compartindo tempo de lecer coa vosa familia. Si entrades no parque `pola rúa Palomar atoparásnos preto do Xardín Infantil.
Comentarios (2) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 02-05-2012 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
El día del libro
El día del libro
por Manuel Louro



El 23 de abril fue elegido como Día del Libto y del Derecho de Autor, pues corresponde al fallecimiento de los escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.

La unión de editores propuso esta fecha a la Unesco con el objetivo de fomentar la cultura y la protección de la propiedad intelectual por medio del derecho de autor.

La conferencia General de la Unesco lo aprobó en París el 15 de noviembre de 1995, por lo que a partir de dicha fecha el 23 de abril es el “Día Internacional del Libro y del Derecho de Autor”.
Comentarios (0) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 01-05-2012 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Bookcrossing
Unha forma de compartir lecturas é "liberar" libros en diferentes puntos para que outras persoas disfruten coa súa lectura.
É o que persigue o movimento que se chama "Bookcrossing".
Se estás interesado en saber máis cousas sobre esta iniciativa, preme aquí:Queres saber máis?

Os puntos oficiais máis cercanos á nosa localidade están recollidos no seguinte documento
Comentarios (1) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 23-04-2012 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1ª Campaña libro solidario
Desde hoxe podedes deixar na biblio do cole ou nas do concello os libros que queirades doar para a campaña do libro solidario.

Colabora. Contamos contigo
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 23-04-2012 14:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Que estás a ler?
Hoxe é o día do libro. Por que non nos contas o que estás a ler?
Podes pasar pola biblio e deixar escrito o título da túa lectura ou enviarnos un comentario a esta entrada. Esperamos a túa participación.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 23-04-2012 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

© by Abertal