CPI CARRAL


blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

A BIBLIOTECA
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

LIBROS QUE DEIXAN PEGADA


Todos temos algún libro -algúns temos moitos - que deixaron un recordo especial en nos e sobre o que volvemos de cando en vez.
Se deixaron unha pegada importante en nos, pode que tamén o fagan en outros. Por iso queremos compartir cos demáis ese título que tanto nos gustou e que nos guiará ao placer da lectura. Seguro que esas pegadas nos conducirán , antes ou despois, á biblioteca, onde as aventuras e experiencias de outros esperan ser compartidos polos futuros lectores.
¿Cal foi ese libro tan especial que deixou unha pegada profunda en ti e que lles recomendarias aos teus compañeiros?
Escribe o título dese libro nunha pegada da nosa mascota para que todos podan vela.
Comentarios (0) - Categoría:O NOSO ENTORNO ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA - Publicado o 10-06-2008 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
PORTADA
Benvido!
Acabas de entrar no blog da biblioteca do CPI “Vicente Otero Valcarcel” de Carral.
Como podes ver a nosa mascota “Pingüi” saúdache agradecendo a túa visita ás nosas páxinas nas que podes coñecer un pouco da nosa vida, da nosa historia…
INDICE DE CONTIDOS


Para que non te perdas no blog aqui te indicamos cales son os contidos incluídos en cada unha das categorías e seccións que aparecen na columna da esquerda.
No corpo principal verás os 10 últimos artigos publicados por orde de antigüidade.
Entrando en cada unha das categorías comprobarás que tes moitos mais

CATEGORÍAS
A BENVIDA: como indica o seu nome serve de
benvida e presentación.
A NOSA MASCOTA:Para coñecer a historia da
nosa mascota e como apareceu na nosa biblioteca
ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA:Recolle as principais actividades levadas a cabo durante o curso 2007/2008 dende a Biblioteca.
CLUBE DE LECTURA "DELERIA":Nel atoparedes o enlace ao blog do clube de lectura da nosa biblioteca.
GUÍA DE USO DA NOSA BIBLIOTECA:Nela atoparas todo aquelo que fará máis facil o acceso e disfrute da biblioteca do centro.
LETRAS GALEGAS: LIIBROS RECOMENDADOS:Atoparás listados de libros por temas ou exposicións levadas a cabo no centro.
NOVIDADES:Libros adquiridos ou descubertos que consideramos de interese.
O NOSO CATÁLOGO:Nesta sección poderás consultar o contido da nosa biblioteca.
O NOSO ENTORNO::Para que coñezas alguns lugares destacados do concello.
OS TRABALLOS DOS ALUMNOS:Especialmente recomendada. Narracións, recollida de lendas...levadas a cabo polos alumnos-as.
PRENSA EN GALEGO:Acceso directo aos xornais dixitais escritos en galego.
UN POUCO DE HISTORIA DE CARRAL:Unha aproximación aos feitos máis destacados da historia do noso concello.
WEBQUEST :miniwebquest e cazas do tesouro realizadas por profesorado do centro e outras de interese.

Agradeceríamosche moito que deixarás a túa opinión para poder mellorar. E se ti tamén tes un blog deixanos o teu enderezo para poder visitalo.
Grazas e a disfrutar!
acceso á web do colexio
Comentarios (2) - Categoría:O NOSO ENTORNO A BENVIDA - Publicado o 10-06-2008 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Á CAZA DO TESOURO

Estas son dúas "Cazas" elaboradas por Serafín Vicente, profesor do centro.

"Cazas"
Comentarios (0) - Categoría:O NOSO ENTORNO WEBQUEST RECOMENDADAS - Publicado o 23-05-2008 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
EL PRINCIPITO

Edición Electrónica: El Trauko
Versión 1.1 - Word 97
Texto digital # 6
Este texto digital es de DOMINIO PÚBLICO en Chile por cumplirse más de 50 años de la muerte de su
autor. Sin embargo no todas las leyes de Copyright son iguales en los diferentes países del mundo.
Infórmese de la situación de su país antes de la distribución pública de este texto.
Todas las formas de redistribución digital o de impresión quedan autorizadas en aquellos países en el
cual este texto es de dominio público siempre que en las mismas se incluya el siguiente aviso:
“La Biblioteca de El Trauko”
http://www.fort unecity.es/poetas/relatos/166/
http://go.to/trauko
trauko33@mixmail.com
Chile - noviembre 2000
texto de "EL PRINCIPITO"
Comentarios (0) - Categoría:O NOSO ENTORNO LIBROS VIRTUAIS - Publicado o 22-05-2008 19:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
FRAGAS DO EUME

Caza do tesouro sobre As Fragas do Eume.

Aproveitando a visita que o alumnado de 6º de Educación Primaria do centro vai realizar o mércores 28 de maio ao Parque das Fragas do Eume, a titora de 6ºB, Charo, preparou unha "caza do tesouro" como preparación previa á visita.




Comentarios (0) - Categoría:O NOSO ENTORNO WEBQUEST RECOMENDADAS - Publicado o 22-05-2008 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
BLOGS DE AULA DE 3º E 4º ESO
Enlaces aos blogs de "Lengua Castellana y Literatura" do 2º ciclo ode ESO do CPI "Vicente Otero Valcarcel"
www.depalique.wordprees.com
julia-blogdeaula.blogspot.com
80librosenglobo.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría:O NOSO ENTORNO BLOGS DE AULA - Publicado o 15-05-2008 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ALVAREZ BLAZQUEZ -XOGO
QUE SABES?

Queres comprobar canto sabes sobre X. M. Álvarez Blázquez? Pois reta a un compañeiro e mergúllate neste estupendo xogo realizado por Antón Vicente co Proxecto Xogamos?


Para 3º Ciclo de Primaria e para a ESO:


Xogo recollido no blog "O RECANTO DE MIK" da Biblioteca MESTRES GOLDAR VIGO
http://engalego.blogspot.com/
Comentarios (2) - Categoría:O NOSO ENTORNO LETRAS GALEGAS - Publicado o 14-05-2008 15:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2008
¿A quen esté dedicado este ano o "Día das letras galegas?
Busca información sobre a súa vida e obra e contesta ás seguintes preguntas:
1.¿En que ano e en que vila naceu Xosé María?
2.¿A que se dedicaba o seu pai?
3.¿Como se chamaba a súa muller?
4.¿Cantos fillos tiveron?
5.¿Como lle chamaban familiarmente á filla a quen lle dedica "Roseira do teu Mencer"?
6.¿En que ano e en que cidade morreu Xosé María debido a unha afección cardíaca?
7.Escribe o titulo de tres libros que escribiu en galego.

Real Academia Galega
http://seminariogalan.org/inicio/portada
http://www.diadasletrasgalegas.com/homenaxeados.php
Comentarios (3) - Categoría:O NOSO ENTORNO LETRAS GALEGAS - Publicado o 10-05-2008 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O PINGÜIN EMPERADOR

INTRODUCCIÓN TAREFA PROCESO E RECURSOS

INTRODUCCIÓN

Esta pode ser a nosa mascota.
Unha expedición recente adoptouno ao morrer seus pais, os cales foron devorados por un dos seus depredadores naturais.
A sociedade ecoloxista, sabendo que buscabamos unha mascota púxose en contacto con nos. Queren estar seguros de que o coidaremos ben e que saberemos como tratalo. Por iso enviáronnos un cuestionario para que lles devolvamos cumprimentado.
Seguro que os vosos profesores-as axudaranbos na tarefa.
Podedes buscar información na biblioteca ou na internet.


TAREFA


Durante este proxecto traballarás en grupos de 3 ou 4 alumnos-as para completar as seguintes tarefas:
1. Investigar datos repecto dos pingüins usando diferentes recursos.
2. Poñer toda a información que recollas nun "MAPA CONCEPTUAL".
3. Crear un cartel que amose os perigos aos que están sometidos os pingüins pola influencia humana.
4. Facer un debuxo dun "pingüin emperador" .
5. Comparar as características que identifican e diferencian ao "pingüin emperador" dos outros pingüins.
6. Elaborar un informe sobre o "pingüin emperador".

PROCESOS E RECURSOS


1.-Traballaras en grupo.
2. Tomarás notas mentras fas as túas investigacións e poñeras esas anotacións no teu "diario de investigación".
3. Usaras recursos de internet ou libros da biblioteca para contestar a unha serie de preguntas(ver bibliografia e enlaces a paxinas web que aparecen ao final).

.ONDE VIVEN?
.QUE CLASE DE ANIMAIS SON?
.COMO CUIDAN OS PAIS O SEU OVO?
.DE QUE SE ALIMENTAN?
.QUE CLASE DE ANIMAIS SON?(mamíferos, réptiles, anfibios, aves…)
.QUE SIGNIFICA DEPREDADOR E CALES O SON DO PINGÜIN EMPERADOR?
.POR QUE ESTÁN EN PERIGO?
.ESCRIBE ADEMÁIS 3 OU 4 DATOS QUE CHE PAREZAN INTERESANTES ACERCA DESTES ANIMAIS.

4. Cando teñas contestado estas preguntas, vas poñer nun "MAPA CONCEPTUAL" toda a información que recollas sobre os pingüins.
5. Usando unha cartolina e xunto cos teus compañeiros de grupo, crearaás un cartel onde explicarás os perigos aos que están sometidos os pingüins.
6. Usando fotos ou debuxos que vexas na internet ou na biblioteca, fai o teu propio debuxo do pingüin emperador.
7. Logo de ter estudado os diferentes tipos de pingüins, compara o pingüin emperador co resto de especies de pingüins usando unha TABOA DE DOBRE ENTRADA.
8.Con toda a información recollida e o teu MAPA CONCEPTUAL escribirá un informe sobre o "pingüin emperador".

Páxinas web
RECURSOS


http://www.avesdechile.cl/100.htm

http://www.expedicionantartica.cl/antartica/vnatural/emperador.htm

http://www.primordiales.com.ar/estrenos/la_marcha_de_los_pinguinos.htm

Libros da biblioteca

“TRES CON TANGO”
Justin Richardson e Peter Parnell/ilustración: Henry Cole
Ed. Serres

“LULI, EL ICEBERG”
Altez Imperial Princesa Hisako de Takamado/ilustración: Warabé Aska
Ed. Zendrera Zariquiey

“365 PINGÜINOS”
Jean-Luc Fromental-Joëlle Jolivet
Ed. KÓKINOS

¿CUÁL ES EL MÁS ALTO DE....?
Varios autores
Ed.LIBSA

“HAPPY FEET, EL PINGÜINO”
Ed. Parramón

“SOLO”
Paul Heraghty
Ed. Zendrera Zariquiey

“MI PINGÜINO OSVALDO”
Elizabeth Cody Kimmel/H.B.Lewis
Ed. KÓKINOS


DVD

“HAPPY FEET”
“EL VIAJE DEL EMPERADOR”
“EL PINGÜINO EMPERADOR”
Colección ¡Todos vivimos aquí...!. LA TIERRA ES NUESTRO HOGAR

http://www.avesdechile.cl/100.htm
http://www.expedicionantartica.cl/antartica/vnatural/emperador.htm
http://www.primordiales.com.ar/estrenos/la_marcha_de_los_pinguinos.htm
Comentarios (0) - Categoría:O NOSO ENTORNO WEBQUEST RECOMENDADAS - Publicado o 10-05-2008 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ENCICLOPEDIAS
WIKIPEDIA EN GALEGO
WIKIPEDIA EN GALEGO
ENCICLOPEDIA SM
Comentarios (0) - Categoría:O NOSO ENTORNO DICCIONARIOS E ENCICLOPEDIAS - Publicado o 09-05-2008 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal