BiBlioTeCa IES Allariz


 RECOMENDADOS
 
 ANTERIORES
DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA O IES ALLARIZ, TRABALLAMOS PARA CONQUERIR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE CO OBXECTIVO DE FORMAR UN ALUMNADO FELIZ E COMPETENTE


IES ALLARIZ
biblioiesallariz
 BUSCADOR
 
 ETIQUETA:
 FOTOBLOGOTECA

LECTURAS PROPOSTAS PARA O CURSO 2012-13
Os departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá propoñen unha serie de lecturas que podedes consultar na páxina web do centro
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 28-09-2012 09:01
TEATRO:
Algún dos alumnos do noso centro que cursan a materia de Literatura Universal en 2º de bacharelato e 1º de bacharelato, puideron comezar o curso asistindo a unha representación teatral que resultou moi divertida e interesante.
Trátase da adaptación ao galego por parte da compañía Sarabela teatro do texto de Fernando Fernán Gómez, "Viaxe a ningunha parte"

O alumnado disfrutou moito e convidámosvos a todos a ir vela.
OPINAMOS... (3) - Categoría: Actividades - Publica: 26-09-2012 16:40
DE NOVO VOLTAMOS PARA INICIAR O CURSO 2012-13
Despois do verán, voltamos con forza para iniciar un curso que se presenta cheo de proxectos e ilusións aínda que as circunstancias non sexan moi favorables.
Animamos a toda a nosa comunidade educativa a participar nas actividades que se van propor desde a biblioteca e desde os diferentes departamentos didácticos:

Algunha destas actividades son:

CLUB DE LECTURA para 1º e 2º ciclo.

TERTULIAS LITERARIAS para 4º ESO e 1º BACH

TALLER DE RADIO

ELABORACIÓN DA REVISTA "O Pregoeiro"

EQUIPOS DE COLABORADORES DA BIBLIOTECA

En cada unha das aulas hai información.

Se estades interesados debedes apuntarvos antes do día 24 de SETEMBRO.
Faremos reunións para cada unha das actividades durante a semana do 24-28 de Setembro.COMEZAMOS EN OUTUBRO

ÁNIMO E BO CURSO

OPINAMOS... (1) - Categoría: Actividades - Publica: 12-09-2012 07:57
EXCURSIÓN CLUB DE LECTURA PROFES
O club de lectura de profes quixo rematar este curso dun xeito especial. Organizaron unha excursión lúdico-didáctica na que algúns dos membros puideron compartir tamén ilusións cos seus fillos.
O itinerario da excursión foi o seguinte: Castro de Baroña, Santiago de Compostela (visita das cubertas e tamén roteiro pola Universidade). A viaxe fíxose no AVE o cal resultou toda unha experiencia. Ademáis e "casualmente" o noso club de lectura estaba "aí" no momento no que o "Códice Calixtino" era devolto á catedral.
A mágoa foi que a "nosa bibliotecaria" que presenciou o acontecemento e tiña a cámara na man non recollese este momento histórico pero sempre nos quedará a imaxe e a lembranza dese 4 de xullo de 2012 no que de novo esta "xoia" se recuperou.
Esta experiencia repetirémolo no vindeiro curso. É un xeito moi divertido de trabar lazos de unión entre os compañeiros do centro.

Bo Verán
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 12-09-2012 07:53
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0