|
|
|
CARTA DE LAURA GALLEGO |
|
O equipo de biblioteca quere felicitar públicamente a un dos nosos alumnos: Iván Romero de 2º ESO.
Ademáis de demostrar ser o mellor lector do curso 2009-2010, quixo animarnos a todo o equipo a seguir traballando na biblioteca para crear lectores coma el, amosándonos unha carta que recibiu da gran autora LAURA GALLEGO,da que como tantos rapaces da súa idade é un fan, escrita da súa man e dirixida directamente a el, onde o felicita polo seu amor pola lectura e o anima a seguir lendo. Tamén amosa a súa preocupación por non poder asistir a todos aqueles lugares onde a reclaman...
Para nós é todo unha honra que unha autora de tanto éxito se dirixa a un alumno directamente, respondendo a unha carta que ben puido quedar no anonimato pero non foi así.
Grazas a Laura Gallego por esas palabras e
FELICIDADES A IVÁN POLO SEU XESTO.
A Bibliotecaria agradéche moito a CONSTANTE COLABORACIÓN COA BIBLIOTECA |
|
|
|
A ÚLTIMA NOVELA DE KEN FOLLET |
|
O pasado 28 de setembro saíu á venta a >"La caída de los gigantes", de Ken Follet, autor de obras tan famosas como "Los Pilares de la tierra", "Un mundo sin fin", entre outras.
Se queres informarte un pouco máis sobre a obra, target=_blank class=tEnlac>vídeo: |
|
|
|
RENOVACIÓN DO PLAMBE |
|
Ola a tod@s
O equipo de biblioteca infórmavos que nos foi concedida unha nova axuda de 1500euros para a Biblioteca neste curso 2010-2011 como centro pertencente ao PLAMBE.
Queremos agradecer o traballo de tod@ o persoal do centro xa que sen el non sería posible ir logrando estas e outras cousiñas.
Animamosvos a seguir participando nas actividades que se propoñen desde a Biblioteca e os diferentes departamentos.
|
|
|
|
BENVIDA AO CURSO 2010-2011 |
|
Benvidos a tod@s ao novo curso escolar.
Este ano desde a Biblioteca temos proxectadas un montón de actividades nas que esperamos que participedes activamente.
Aínda que ao longo do curso irán xurdindo un montón de cousas, podemos destacar as seguintes actividades:
"CLUB DE LECTURA"
"TERTULIAS LITERARIAS"
"TALLER DE ANIMACIÓN Á LECTURA A TRAVÉS DOS MASS MEDIA: RADIO E PRENSA"
"EXCURSIÓNS DIDÁCTICAS"e moitas máis.
O equipo de biblioteca ANÍMAVOS a todos a participar.
Tamén queremos recoller as vosa suxestións a través da caixa que está á entrada da biblioteca.
BO ANO PARA TODOS
BENVIDA AOS NOVOS ALUMNOS DE 1º ESO que inician unha nova etapa na súa vida escolar... |
|
|
|