|
|
|
VISITA ALUMNADO GONDOMAR |
|
O día 27 de xuño, algúns dos nosos alumnos de 4º de ESO enontráronse con alumnos de 4º de ESO de Gondomar que visitaron a nosa vila con motivo da excursión fin de etapa que realizaron na última semana de xuño.
Este encontro estivo precedido dun intercambio epistolar que se fixo desde os departamentos de galego de ambos centros, coa colaboración da biblioteca.
O encontro consistíu nunha breve presentación por parte das profesoras e depois un "xogo de pistas" que lles permitiu ir coñecendo a vila ademais e ir coñecéndose entre eles.
Resultou moi divertida e pensamos que vai ser un punto de partida para realizar outras actividades con este centro. |
|
|
|
VISITA DO ALUMNADO DE PRIMARIA |
|
O dia 22 de xuño, o alumnado de 6º de primaria, realizou, como todos os anos, unha visita ao instituto para coñecer as súas instalacións.
Na visita á biblioteca, fíxoselles unha breve explicación e intentouse animalos a colaborar no vindeiro curso e fíxoselles un pequeno agasallo. |
|
|
|
AGASALLO E SAÍDA COLABORADORES BIBLIOTECA |
|
O día 20 de xuño, entregóuselle aos colaboradores un agasallo polo labor realizado durante o curso: un distintivo "boiteca" que levarán no vindeiro curso durante os recreos e un "vaso" feito con material reciclado como homenaxe aos 700 anos da celebración da "Festa do Boi".
Posteriormente, fíxose unha comida campestre e un obradoiro sobre "aves autóctonas" e outro sobre "a historia da vila de Allariz".
Foi unha xornada de convivencia tamén co alumnado colaborador e co profesorado de primaria que asistiron a estas actividades. |
|
|
|
OS BOICREQUES |
|
Como todos os anos, dentro da semana da "Festa do Boi" (10-18 xuño) organízase unha representación teatral con monicreques no que participan alumnos de primaria e secundaria.
Despois da representacion sempre hai unha "batucada infantil" pola vila e o "Boi infantil".
Estas actividades lúdicas atraen a moitos rapaces. |
|
|
|
OS 700 ANOS DA FESTA DO BOI |
|
Este ano celebrouse os 700 anos da Festa do Boi.
Desde a Biblioteca organizouse un concurso que levou por nome Que sabes da Festa do Boi?.
As preguntas elaboráronse a partir dunhas charlas que se impartiron nas 2 primeiras semanas de xuño no instituto sobre a festa onde se realizou tamén un "roteiro do boi" pola vila.
|
|
|
|
|
|
|